MUGARDOS
Casiñas de Mugardos mariñeiras,
que, polas sombras, ides de cara ó mar
pa danzar coas augas churrusqueiras,
e, ós rebolos, andades a pescar
ás luces que escachan coas mareiras,
e acariñan ás traiñeiras do lugar
… e, os cores, que parvean polas beiras,
recuando no peirao ó te riscar.
E reverberan as augas no verán
acendendo as noites claras polo mar,
mentres tocan as campás de San Xulián,
e, a brincos, repenican co seu balar.
Mozos e mociñas que veñen e van
polas rúas, coas cousas do ligar
…e, o polbo, e o viño nas mesas caen
polas tascas, dianteiros ao xantar.
Mugardos, esclarecida neniña,
veño a ti cos recordos do teu lugar,
por ver se atopo aquela rapaciña,
que, ó meu sentido, fixera tolear.
Tiña unha mirada churrusqueiriña,
que á acendía pola ría pa eu cruzar.
Pode que hoxe sexa unha carabeliña,
ou á danza dun soño na beira do mar.
Antonio Puertas.
Esta poesía, vai por Rafael, que sempre me ten presente nos seus comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario