Imos ganduxar un pouco para non perder o costume.
Mudaremos a agulla e o fío por palabras e letras. Argallarei
,(significa facer pouco ou nada e mal) algo sobre o próximo 19 de
Marzo día de San Xosé,en que hai douscentos anos que se promulgou a
primeira Constitución que tivo o Reino de España. O pensamento de
Montesquieu que xa morrera había mais de cincuenta anos (separación
dos tres poderes) e as ideas forza da Revolución Francesa de 1789:
(Linerté. igualité e fraternité) por fin plasmáronse,con atraso
como sempre, nunha carta magna, lei suprema que ordenase a vida
social, xurídica e política.
As circunstancias sociais, co exercito francés de
paso para Portugal que logo decide quedarse, e a necesidade da
colaboración do clero para botar aos gabachos que nos invadiron
poñendo a fronte de España a José Bonaparte o irmán de Napoleón
.Parece ser que este interese por expulsar aos franceses é o que
permite que se aprobe,con certo consenso entre conservadores e
liberais,a primeira Constitución.
Sobresaen como curiosidades ademais do famoso
artigo seis que di: “El amor de la Patria es una de las principales
obligaciones de todos los españoles y, asimismo, el ser justos y
benéficos.”que comece con estas palabras: “En el nombre de Dios
Todopoderoso, Padre, Hijo y Espíritu Santo, autor y supremo
legislador de la sociedad.”.Npn podería ser doutro modo xa que
tamén no Art. 12.” La religión de la Nación española es y será
perpetuamente la católica, apostólica, romana, única verdadera. La
Nación la protege por leyes sabias y justas y prohibe el ejercicio
de cualquiera otra. “
Pois pese a eses detalles que poucas veces os
resaltan a vida que tivo Pepa foi efémera. Combatida rapidamente
como obra dos ilustrados,librepensadores e liberais polos
conservadores do antigo réxime durou escasamente dous anos. Durante
o século XIX hai unha vida social e política onde as loitas entre
liberais e conservadores son continuas. Ademais pasaban das palabras
aos feitos e a convivencia era pouco ou nada pacífica. Hoxe pola
contra seque habendo conservadores e liberais, cunha dialéctica
acentuada entre dereita-esquerda,pero a convivencia non se ve
alterada. Os enfrontamentos son mais ácidos nos medios de
comunicación ca no seo das familias,das empresas ou das comunidades
veciñais. Ese respecto ao que pensa diferente e o dereito a que
ninguén sexa perseguido polas súas ideas é un dos bens mais
prezados que temos. A paz social da que gozamos vale o que non hai,
Parécemo a min.
Como anécdotas ou curiosidades desa época convén
notar que o berro de “Viva la pepa” para celebrar o nacemento da
Constitución,como tivo unha vixencia tan curta ata que regresou
Fernando VII o desexado quen a aboliu de inmediato, despois da súa
desaparición converteuse nun insulto dos conservadores aos liberais
.Para desprezalos empezaron a chamarlles uns “vivalapepa”. Como
sempre os defensores da Inquisición que se aboliu nas Cortes de
Cádiz, mediante a PEPA por maioría absoluta, non podían tolerar
que a soberanía residise no pobo e nos seus representantes por
elección democrática.
Loxicamente restaurada a monarquía tamén se
restaurou a Inquisición que desapareceu no 1834 durante o reinado de
Isabel II.A historia do s. XIX,posiblemente toda, é moi bonito
coñecela. Un dos especialistas,hai moitos,é o amigo Xosé Ramón
Barreiro Fernández que ten un formidable libro:El campesinado
gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (Editado pola
Universidade de Santiago.1980)
Outra curiosidade desa época e que tamén nese ano
de 2012 foi o primeiro sorteo da Lotería Nacional. Había que xuntar
cartos para pagar aos deputados que viñan de ultramar. Eran tempos
en que Cuba e Filipinas e case toda América do Sur eran españolas
pese a que os movementos independentistas estaban xa empezando a
cocer na ola.
Desa época é tamén o nome da tortilla francesa.
Coa invasión do exercito de Napoleón non se podían cultivar as
patacas e a tortilla facíase so con ovos .De aí o nome de tortilla
española para a que tiña patacas ovos e cebola e francesa a que so
tiña ovo e así continúa sendo hoxe en día.
Pois nada mais .Como di Fernando Ledo está a
rematar o día e haberá que ir a durmir. Fernando un saúdo e mais
darche o título do libro escribido por Garzón: UN MUUNDO SIN MIEDO.
Esta editado polo Circulo de lectores a edición que teño eu e non
sei se estará nalgunha outra editorial. En calquera librería che
informan. Para todos boa primavera ,que choiva e cada un que pida a
gracia que desexe acadar. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario