Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 6 de marzo de 2012


Pasado o dia de San Rosendo,e vendo como vexo, que os larpeiros seguen de festa, eu vou a xantar o meu carneiro. 
Bo proveito.

MUXÍA DE NOITE, MUXÍA DE DIA


Sempre que saio a faenar, 
alí te encontro subida,
 deitada ao carón do  mar,
 tomando ó sol boca arriba.

O teu corpiño de muller,
 que o anxo do ceo acariña,
e ao neno que está a nacer,
novo corvo que en ti aniña.

Cando paso por teus mares,
saúdo sempre cortesmente,
e, unha voz cos teus falares,
 me responde xentilmente:  

¡ Boa mareira, mariñeiro !
… se precisas tripulación,
aquí tes un cociñeiro,
de moi pouca retribución…

…Moitas grazas, amiguiño,
que eu xantarei con carneiro,
que mo amañou con cariño
a muller deste larpeiro.

…Sendo como ti dis, así,
máis nada hai que engadir,
que, o prato que temos aquí,
son corviños que hai pa fritir.

Antonio Puertas







No hay comentarios:

Publicar un comentario