Algunha vez un lévase
unha pequena alegría. Isto cambia o estado de ánimo e pásase de
ver todo negro a velo gris. Isto foi o que me pasou a min despois de
asistir dixitalmente á conferencia dun comandante da Garda
Civil,home novo e coas ideas claras, sobre como perseguir á
corrupción a mais aos corruptos. Teredes escoitado coma min que o do
cárcere é un atraso. Por riba hai que mantelos e se teñen cartos
viven a corpo de rei. Comprobeino eu e mais un grupo de amigos.
Xantando nunha polbeira de Mugardos,hai anos, que sabiamos que eran
os que lle servían a comida ao golpista Tejero e dixéronnos,o dono
da polbeira, que era verdade. Que todos os días mandaban aquelas
viandas que lles pedían a que pagaban como bancos. Enumeráronnos o
que lle servían e o prezo nunca era problema. Se os percebes ían a
5.000 pts o KG era igual e o mesmo o rodaballo ou calquera carne ou
vianda que lle apetecer ao recluso que sempre trataban conforme aos
honores militares que lle correspondían. Hoxe no réxime
penitenciario teñen un límite para gastar no economato pero os
paquetes sempre,cun límite, puideron recibilos. Este comandante
explica como hai que facer para que os corruptos teman as condenas.
Incautar os bens e patrimonio que non acrediten e proben que
corresponden a actividades lícitas. Hoxe xa está admitido que as
persoas xurídicas,sociedades “etiam potest delinquere” a
contrario do que ate pouco era axioma xeral que “societas
delinquere non potest”.Isto escríboo para que teñades interese en
escoitar ao comandante que se explica como un libro aberto. O que
queira por suposto. Vivimos nunha sociedade libre. Hoxe xa pouco se
escoita aquilo de non confundir a liberdade co libertinaxe.
Vede e escoitade a
referida conferencia .Dura un tempo prudencial no que se pode manter
a atención. Que cadaquén quite as conclusións pertinentes:
Pois nada mais. Durante a
semana se fago xeito,hai que facelo senón nunca se ten,tratarei de
facer memoria de cando hai mais de medio século andabamos por
Belvís. Saúdos a todos os que andedes por estas paredes ou muros.
Rafael
Rafael, eu con gran interés vería ese video, mais no meu aparello, non vexo mais que un cuadrado negro como un pote.
ResponderEliminarSaúdos, compañeiro
Antonio
Se o queres ver Antonio proba a poñer em google YOUTUBE e logo arriba de todo, no espacio para escribir, ao lado da lupa, pos: Nueva estrategia contra delincuencia organizada y corrupción.Apereceran unha serie de iconos de videos e o primeiro que aparece con esa lenda e o que colei eu no Blog.Se aínda así non che deixa e que a túa computadora vai vella e precisa un plan renove.E o que lle chaman obsolescencia programada de fábrica.Outra piratería dos cartos da xente.Por iso as garantías duran dous anos e despois se falla merca outro que che sae tan barato ou mais que mandala ao servicio técnico.Un saúdo.Rafael
ResponderEliminarA min personalmente, pareceme fenomenal todas esas medidas, Rafael; mais, o que eu voto en falta de todo iso, é que non se poida aplicar con carácter retroactivo...e que prescriba o delito ós catro anos.Dese xeito, unha gran " tropa " xa forrada, frotase as mans, e dí: con migo todo iso xa non vai. A troita xa está no cesto. Borrón e conta nova.
ResponderEliminarEu non coñezo ben os entramados lexislativos, e, o mellor, estou non error. No no sei, pero sería lamentable, que non rematasen o conto cun bo golpe en pleno cogote...como se fai con coenllos.
Unha aperta
Antonio Puertas