Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 20 de abril de 2014

PEQUENAS INFORMACIÓNS

No día de onte,Sábado de Gloria,acompañamos os restos mortais do compañeiro Victoriano ao campo santo da parroquia de Herbón. Por causa das datas litúrxicas nin tocaron as campás nin se celebrou o funeral por impedilo as rúbricas. Xuntámonos 13 compañeiros. Da Coruña asistimos Agustín Dios, a quen lle hai que recoñecer,xunto con Ramón Senín, méritos propios para estar no Decanato desta quinta, e mais Pereira Castiñeiras, Alfonso Barros,Manuel Dans , Enrique Pose, Suárez Cotelo,Gómez Verdía e mais este escribidor. Tamén estiveron Luciano Pena, Paz Pérez,Juan Sanlés e mais Ramón Senín quen foi o mensaxeiro da noticia que fixo que nos puideramos xuntar nese penoso momento para acompañar á familia e amigos de Victoriano.

No tempo que pasamos xuntos falamos de moitas cousas pero tamén de que a xuntanza deste verán se celebrará no lugar que ía ser o ano pasado sempre e cando o compañeiro Obelleiro se preste a colaborar como ía facer o ano pasado. Informounos tamén Cipriano que o compañeiro Barral ten problemas de saúde e que está loitando por superalos. Desde aquí mandámoslle un afectuoso saúdo e cos mellores desexos. Agradecéndolle o traballo de reporteiro gráfico das nosas xuntanzas que gardamos como recordo. E que esperamos e desexamos que o siga facendo. O propio Cipriano superou un serio problema de saúde e anda cun desfibrilador incorporado para que o corazón non deixe de funcionar no caso de que se lle ocorra parar.

Comentamos que andamos todos mais ou menos en idades de risco e que debemos seguir aquela máxima de “Serva ordinem et ordo servabit te” aínda que non sexa “Ad pedem literae. Tenme comentado o finado de Severino, a súa especialidade era cardioloxía, que os médicos quitan por sistema o viño porque se indica un vasiño soamente, co uso social tan estendido que hai,os pacientes acaban bebendo como tiñan por costume antes de estar enfermos. Con esa excepción puntual eu son partidario de facerlles caso aos médicos que son os que nos botan unha man cando temos problemas coa saúde.

Tamén me comentou Senín que de estar interesados en facer unha viaxe de varios días, do tipo de aquela que fixeron a Roma, que vos poñades en contacto con el,con Enrique Pose ou con Suárez Cotelo.

Pois nada. Desexarvos a todos unha feliz Pascua Florida. Este ano ademais,polo alta que cadrou é floreada e florecida. E para Luciano que está facendo grandes progresos no uso da lingua de Willian Sakaspeare teño que dicirlle:Happy Easter and do not forget to study something every day.O dito.Rafael




1 comentario:

  1. Lin os teus correos, Rafael, o luns de Pascua á noite, cando regresei de viaxe, e xa só quedaba lamentar a morte de Voctoriano e o enfermidade de Barral. Non me enterei porque estiven en París na Semana Santa. Tería asistido ao enterramento deste compañeiro que tan unido estaba á Quinta, a pesar de marchar en Belvís. D.E.P.
    Graciñas, Rafa, por manternos informados e unidos. Pensemos no presente para tentar modelar o futuro.
    Eduardo.

    ResponderEliminar