Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 18 de abril de 2014

Obituario

Comunícame o noso compañeiro Agustín Dios que recibiu unha chamada de Senín dándolle a triste noticia do falecemento de Victoriano Freire López. Xa todos eramos coñecedores de que levaba tempo loitando cunha enfermidade grave. Con bo ánimo e coa axuda da medicina foina superando admirablemente. O ano que tivemos a xuntanza no Mosteiro de Armenteira, Setembro de 2011, estaba moi afectado polas sesións de quimioterapia pero cunha confianza enorme en que sairía adiante.

Pois, ademais da sempre triste noticia que supón perder a un compañeiro de aqueles medio milleiro de “muchachos” que poboamos Belvís, a cabalo dos finais do 50 e comezo dos 60,esta nota é para informarvos de que está de corpo presente no tanatorio que está moi preto da casa cuartel da garda civil de Padrón, na estrada que vai de Padrón a Iría. O enterro será ás 5 e media de mañá Sábado na Igrexa parroquial de Herbón. Está moi preto do Convento onde tamén un ano tivemos a xuntanza do verán.

De aquí da Coruña iremos un grupo de compañeiros. Se alguén está interesado que se poña en contacto con Agustín ou con este escribinte antes das 10 da mañá. Sairemos sobre as 11 do Burgo .Mais nada. Un saúdo para todos os que vos asomedes a esta fiestra e verémonos mañá os que acudamos a acompañar a familia e darlle un Adeus ao compañeiro Victoriano. O dito. Rafael.

2 comentarios:

  1. DESCANSA EN PAZ, COMPAÑEIRO. Acabo de chegar agora mesmo da Feira do Encaixe de Camariñas, i, agora mesmo, ás seis da tarde, leo esta triste noticia...Demasiado tarde pa ir ata Padrón.
    ¡ Que Deus che teña na súa gloria, amigo !
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Antonio por esa gran unión que tiveches sempre con aquel grupo de nenos e adolescentes que compartimos esas etapas da vida.Eu hai pouco que cheguei á casa,Agora estou canso pero mañá farei unha pequena crónica de urrxencia da ducia de compañeiros que asistimos a darlle a despedida e acompañar a familia de Victoriano.Que siga vivindo na sosa memoria e mais onde lle corresponde.Rafael

      Eliminar