Teño que me desculpar
co compañeiro Manuel López González,un dos fieis asistentes sempre
as comidas da xuntanza anual, por omitir o seu nome cando redactei as
notas do día de onte. Causouno a confianza na memoria a hora de
escribir os nomes. Primeiro conteinos mentalmente e cheguei a
conclusión de que eramos trece. Pero logo lin o texto antes de
colalo e non me decatei de contar se estaban os nomes dos trece
asistentes. Sempre se debe revisar o que se fai e cos cinco sentidos
pero ninguén e perfecto aínda que teña ese nome de pía.
Estaba estes días na
súa querida da terra de Carnota e desde alí achegouse a Padrón
para acompañar tamén a familia e amigos de Victoriano.
Como creo que tamén sabe
algo de inglés teño que dicirlle para practicar: excuse me and
sorry. Outra vez o dito. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario