Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 7 de marzo de 2010

FLORES APPARUERUNT (Rafael)

Estimados amigos:Aquí estamos contribuíndo ao alimento desta criatura literaria e comunicativa para que se manteña fortalecida e non faleza por falta de coidados. Onte despois de xantar achegámonos a Santiago para ver a exposición que hai no Museo do Pobo:”AO PE DO LAR, memorias de cociña”. Coidamos que remataba onte pero alí informáronos que a prorrogaron todo este mes. Está moi ben. É a historia da cociña galega dende o 200 a. C. ate hoxe. Vese con agrado. Refírese á cociña tanto ao continente como ao contido. Dan ademais un cartapacio para gardar unhas receitas antigas e modernas que teñen ao longo da mostra como: papas pegas, Costrada, bertóns recheos, capón con ostras, tortilla ao ron e arroz con lumbrigante.

Indo pola autopista xa se ven as primeiras arbores en flor. O destemperado, pluvioso e
desapracible inverno xa camiña cara ao remate. Deixalo ir. Como di Eduardo xa nos tocou o carallo abondo aos de acó e aos demais aló..Ao ver como agoman as primeiras flores acordeime de aquela frase que pronunciara Fray Gerundio de Campazas e que se recolle na novela do padre Isla: “Historia del famoso predicador,Fray Gerundio de Campazas,alias Zotes” e coa que tanto nos temos rido Fernando Ledo, Seco, García Pais.,Muras, Obelleiro e supoño que algúns mais. Sabiamos algúns parágrafos de memoria:

“Cese la energía de los labios, y contemplen mis ojos, como áncoras festivas, un texto muy literal que me ofrecen los Cantares. Dice así. Vox turturis audita est, flores apparuerunt in terra nostra; tempus putationis advenit. Cantó la tórtola bella en nuestra macilenta tierra, vinieron a celebrarla las flores, y estas mismas flores desterraron las rameras: tempus putationis advenit.” Iso é elocuencia e o demais trapalladas.
Aquel si que era san divertimento. Na biblioteca de San Martiño había verdadeiros tesouros.”La historia de la vida del Buscón” de D. Francisco Gómez de Quevedo y Villegas tamén nos ten feito rir en abundancia. “O dómine cabra” era un persoeiro de novela.

Indo a outra cousa é moi interesante o que escribiu Celso Alcaina Canosa sobre Manuel Espiña. Podédelo ler se poñedes:Manuel Espiña Gamallo.In memoriam en google. Este Celso Alcaina foi crego e tivo un cargo moi importante na Curia Romana. E muxián. Condiscípulo de Espiña. Ten unha serie de artigos en ATRIO onde se vos mergullades atoparedes informacións moi interesantes. Foi a man invisible que movía os papeis en Roma para axilizar as secularizacións dos incardinados na archidiócese de Santiago. Ten un curículum académico e de cargos ocupados na vida eclesiástica e civil nada común. Outro día comentarei algunha batalla nas que anda metido.

Noutra orde paréceme tamén moi valiosa a información de Carlos Vázquez que aparecía onte na contraportada da Opinión. Coñecédelo moitos. Exerce o periodismo. Foi o responsable de comunicación do sindicato de Comisións Obreiras. Fai a contraportada da opinión desde o ano 2000 ininterrompidamente todos os sábados. Firma como Andrés Cepadas. É unha persoa das mellor informadas de Galicia polos contactos que ten no resto de estado e incluso no estranxeiro. O sábado xantaremos xuntos cun grupo de amigos. Xulgaredes o mais salientable da información que é a orixe do xacobeo e mais a proposta que fai: “La visita del Papa a Compostela, contra tu sempiterno escepticismo, ha concitado, querida Laila, una general complacencia. Y es natural, porque ella satisface intereses de la inmensa mayoría. De unos, porque se apuntan a la celebración del Año Santo, y de otros, porque lo hacen al Xacobeo, que son cosas distintas, aunque confluyentes y muy compatibles.

Efectivamente, el Año Santo responde a la motivación religiosa católica de asegurarse la salvación eterna, aunque el invento no está ni estuvo libre de otras connotaciones políticas. Piensa que el Camino se establece a lo largo de la frontera de la lucha contra el sarraceno y el mito en que se asienta es el de Clavijo, con su "Santiago y cierra España". El Año Santo es antiguo, lo establece Calixto II en 1126.

El Xacobeo, en cambio, es reciente y te voy a contar cómo se gestó realmente. Nace en 1993, pero fue concebido en un día caluroso de julio de 1990. El entonces Conselleiro Portavoz del Gobierno, Víctor Vázquez Portomeñe, se reúne para comer con el Secretario Xeral Técnico de su Consellería, Rubén Lois Calviño, con Manuel Silva Romero, Director Xeral de Relacións Institucionais, y con Xavier Sánchez de Dios, a la sazón jefe del Gabinete de Comunicación. Almuerzan una tortilla de patatas en un bar llamado El Portugués, cercano al Parlamento, y siguen las noticias de la tele, que ese día se explaya en los preparativos de los dos eventos estrella de aquellas fechas: la Expo de Sevilla y las Olimpiadas de Barcelona, previstas para el 92. Comenta entonces Portomeñe la fortuna de Andalucía y de Cataluña por contar con eventos de tan ventajosas consecuencias económicas y de tanta proyección universal, y se lamenta de que Galicia no tenga una oportunidad similar. En el curso de la conversación es Rubén Lois quien sugiere la posibilidad de hacer algo similar alrededor del Año Santo próximo y se habla de que una cosa así tendría la ventaja, además, de poder repetirse cíclicamente. De inmediato Portomeñe, con la intuición y agilidad que lo caracterizan, propone tratarlo seriamente y se pasa a la acción. Así se concibió el Xacobeo que vería la luz en el 93.

Como ves, querida, el Xacobeo no es lo mismo que el Año Santo, por mucho que se asiente en la iniciativa penitencial de Calixto II. Pero precisamente por esto ambas celebraciones resultan tan compatibles. ¿Ves por qué la visita del Papa complace a todos? Porque viene a satisfacer los intereses de todos y porque le levanta la paletilla a un Xacobeo que, este año, perdía fuelle.

El peligro está en no ver lejos, en la miopía: en que la Iglesia y los católicos se conformen con el impulso que da el Papa a sus objetivos proselitistas, es decir, a la propaganda y propagación de su fe, y en que a los laicos les llegue con el incremento del turismo, la aportación al PIB y los rendimientos partidarios. Sólo con esto la cosa será flor de un día y perderemos otra oportunidad.

En cambio si, por ejemplo, el Año Santo y Xacobeo reuniesen en ecuménico encuentro a los líderes, teólogos y pensadores de las principales religiones del mundo, al menos los tres monoteísmos, junto con laicos y laicistas, para reflexionar y debatir sobre el papel de las creencias y de las ideologías, sobre los fundamentalismos, sobre las libertades, la convivencia y la paz, la cosa tendría otro calado, sin que se perjudicasen en nada, antes al contrario, los otros objetivos, más pedestres.

Me dirás que a estas alturas tal cosa no es ya posible. Pero convendrás conmigo que, al menos, podría hacerse esta convocatoria desde Santiago para el año que viene.

Una cosa así, querida, valdría mucho más la pena y tendría más largo recorrido, por lo menos en esta vida, que es la que hay.

Un beso.Andrés”

Por último é obrigado moralmente facer alusión á celebración de mañá dia internacional da muller. Cumprirá cen anos,un século, a Real Orde de 8 de Marzo que autorizou a entrada das mulleres á Universidade: había pouco tempo que fora nomeada Conselleira de Instrución Pública Dona Emilia Pardo Bazán que viña pelexando pola educación das mulleres. O que había segundo ela non se podía chamar educación senón doma por ter como finalidade a obediencia,a pasividade e a submisión.

Nesa época para ir a universidade as mulleres necesitaban autorización do Consello de Ministros ou disfrazarse de home ,como nos contou Ramón Senín ,que fixera Concepción Arenal
para estudar dereito na Complutense sen poder matricularse nin obter a titulación. Foi coa Constitución do 78 cando a posteriori ,como consecuencia do principio de igualdade e prohibición da discriminación de sexo, a muller accedeu a todos os cargos e ocupacións menos na Igrexa e,pese a que fala moito dos dereitos humanos ,ao dia de hoxe non ten firmada a declaración Universal de Dereitos humanos do 10 de Decembro de 1948.Claro que esa firma correspóndelle ao Xefe do Estado Vaticano e non a calquera bispo,crego ou cristián.
Que teñades unha boa semana e que sexades moi felices nestes tempos en que pouco a pouco iremos enterrando o inverno. Rafael.

No hay comentarios:

Publicar un comentario