A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
miércoles, 3 de marzo de 2010
Outeiro de San Xusto (AGV)
Graciñas, Eduardo, por ese servizo de achegar Encrucillada a toda a "quinta". Antonio, sinxelo e sentido o teu adeus a Manolo Espiña. Tiven a oportunidade de visitalo en catro ocasións durante a súa doenza, dúas veces na Coruña e outras dúas en Pontevedra. Fíxeno rir cando lle comentei a ironía de que en Pontevedra fose parar á rúa Rouco, que é onde vive a irmá. Esta comentoume que a súa foi unha morte prácida. O sábado (el morreu o domingo) recibiu a comuñón e o día seguinte foi esmorecendo cun sorriso amable no semblante e como entregado e disposto para o tránsito. Para elas, as dúas irmás, un falecemento en certo modo consolador. O tipo de enfermidade agoiraba moito sufrimento consciente para el pois, anque o corpo non respondía, a lucidez mental era completa. Despexo, de paso, a dúbida de Eduardo sobre o nome que acollía os artigos de Espiña en La Voz. Era o "Outeiro de San Xusto". (Andres GV)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario