Homenaxe
   Cando ía escribir esta breve achega, vin a noticia triste que nos dá Antonio. Levoume a territorios case esquecidos, habitados por don Manuel Espiña. A súa biografía non pode máis ca sernos simpática, por anovador da Igrexa e por defensor da lingua, tan esquecida na liturxia. Teño tamén recordos positivos dun artigo semanal que matiña na Voz de Galicia (Carballeira de San Xusto?) e das noticias xeradas por Asociación Católica de Mestres, nos anos setenta. 
   Grazas, Antonio, a pesar da nova. Estamos seguros de que para don Manuel vale o pensamento de Alejo Carpentier: "Todo futuro é fabuloso".
Bibliografía urxente
   Recibín o último número, 166, de Encrucillada. Xaneiro-febreiro 2010.
   Interesante, como sempre, pero nesta ocasión convídovos a ler:
- E. Schillebeeckc. Unha teoloxía actualizada desde a busca do "Deus humanísimo". 
       De Andrés Torres Queiruga.
- Asedio á lingua galega. 
       De Xesús Portas Ferro.
Teoloxía
Andrés fai unha semblanza de Schillebeeckc a través da:
- Primeira etapa, ata 1966-1967, a rompedora do inmobilismo, que facía imposible calquera renovación.
- Segunda etapa, na que abre novos camiños renovadores, posibilitados polo Concilio, na que crea unha teoloxía nova.  
   Cita autores que nos soan moito dos estudos de teoloxía, e tamén a Amor Ruibal, familiar tamén en filosofia en Santiago.
   Son ideas que poden aclarar conceptos que están presentes neste blog. 
   O 4 de marzo Andrés TQ dará unha conferencia en Pontevedra tentando achegarnos a ese misterio que confunde e preocupa na nosa sociedade. Título: "Haití: unha vez máis, o problema do mal". Debe ser o tema co que o seu tocaio Andrés GV  nos agasallou nestas páxinas. 
   Na Encrucillada 166 aparece tamén un artigo de Pedro Castelao co título: A existencia de Deus e o problema do mal, anticipo dun estudo de próxima aparición.
Lingüística
   Xesús Portas parte do artigo que Agustín Fernández publicara no número 161 de Encrucillada, que eu vos recomendara tamén, e estuda a evolución repidísima do tema lingüístico nestes últimos meses. 
Xesús aborda o asunto desde estes apartados:
- Nubes negras de trebón.
- Barullo e desgoberno.
- Da incredulidade á mobilización.
- O quid da cuestión.
- O que nos queda.
O tema lingüístico tamén ten vida neste blog. Interesantísimo. 
   Pódese entrar en Encrucillada nesta dirección:
   http://www.encrucillada.es/
                  Eduardo Seco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario