Para romper o silencio,
ou mutismo que denuncia Eduardo, que soamente ten verdadeiro sentido,
musicalmente, cando forma parte da combinación dos sons co tempo,
vou botar a lingua a pacer dunha forma non metódica que para iso
estamos en tempo estival hoxe por hoxe.
1º.- A miña,coido que
de nós todos,congratulación (verba do agrado dos que defenden a
política lingüística dos dous terzos) e parabéns a Andrés
Viilariño ,polo premio Príncipe de Asturias da concordia,que acabo
de escoitar pola radio que lle acaban de conceder a “Manos
Unidas”,da que é asesor relixioso, ou Consiliario na Coruña,
Andrés, por levar 50 anos loitando contra a pobreza e a prol da
educación.
2º.-Tamén
felicitacións a Puertas por ter sempre papel e pluma á man para,
ben un conto ou unha poesía, compoñernos algo para deleite dos que
o queiran ler. A súa pluma nunca se esgalla, as musas non o
abandonan e xunto con Seco é un dos grandes trobadores e segrel
desta quinta. Que longos anos de vida os agarden¡
3º.-Este encerado
dixital,no que xa as teas de araña empezan a aparecerlle polos
currunchos,
que como unha criatura
coidamos intensivamente algúns, no primeiro ano de vida, o que lle
está a suceder e o mesmo que lles pasa a centos de blogs que nacen
con moita furia e rematan esquecidos no “desván de los Monjes”
co paso do tempo. Algo parecido as parellas de mozos que cada
vez,algunhas, duran menos e acaban dicindo que foi moi bonito mentres
exiatiu.
4º.-Espero que o
próximo sábado non atopemos este novo sinal de tráfico cando
cheguemos a Muxía.
Está tomado dun
blog:“Seminarista en Lugo desde 1966”.Teñen
algo parecido a nós para comunicarse por estes medios modernos.
Copio aquí para suscitarvos a curiosidade de o visitardes unha
descrición da vida dos seminarios nesa época que, ano arriba, ano
abaixo,era moi similar:
Xornal
de Galicia: na edición de papel do domingo, 18,07/2010 suplemento
Contexto,
páxinas 5 a 7, recóllense estes fragmentos:
O
fútbol era unha das escasas distraccións dos seminaristas. Así o
asegura Anxo Guerra, quen xestiona o blog Seminarista en Lugo desde
1966. “A vida no internado era dura o que forxaba moitas amizades e
tamén ás veces algúns sufrían as continuas burlas dos compañeiros
en casos que hoxe serían considerados como acoso. Mais eran outros
tempos., declara.
A
pesar de toda a escuridade que envolve os seminarios, os que pasaron
por eles sempre se buscan. “Case todas as xeracións de
seminaristas de Lugo celebran anualmente unha comida onde lembran as
anécdotas dos tempos pasados. Para moitos foi un trauma a vida de
interno e non queren aínda saber nada daquel sitio onde case todo
estaba prohibido, mesmo ler o Marca. Aínda que o fútbol era a
válvula de escape. Xogando e como afeccionados aos grandes equipos
españois”, recorda.
5º.-
Espero que non tomen a mal que lles fusilase ese comentario. Xa vedes
que “mutatis mutandis” neses anos Lugo e Santiago eran almas
xemelgas. Ese blog encontreino de causalidade buscando información
da novela de Alfonso Eiré “Amigos Sempre” que aproveitei para
ler no hospital xunto coa de Alberto Canal: “Conexión Tubinga”da
que xa nos ten feito unha pequena recensión Eduardo. Vale a pena
lelas. Recrean moi ben unha a vida en Belvís e a de Tubinga os anos
de teoloxía.
6º.-
Falando de Eduardo é unha pena que non nos poida acompañar nese día
de convivencia que sempre reservamos nas axendas con bastante éxito
polo de agora. E unha constante verse unha vez ao ano. Fano os de
case todas as promocións e de todas as congregacións e colexios de
relixiosos/as. Está ben. N iso debemos ser conservadores.
7º.-
Número bíblico. Con el remato. O título acordoume aquela restra de
piropos que os de Sabucedo, famosos pola súa rapa das bestas, terra
de Sanmartín Obelleiro lle adicaban ás mozas:Fartura do meu fogar,
flor de toxo, anaco de bola quente. Supoño que Tacón será capaz de
recitar a lista de memoria. Un saúdo para os dous e a ver se nos
vemos en Muxía pasado mañá. Adeus a todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario