
Juan Caamaño Calvo, pola súa parte, segue no intento de abalala, pouco convencido da confusa explicación de Puertas.

O día 19 vaise fixar na memoria dos participantes na convivencia anual coma o día da Barca. Un día axeitado para embarcar, como así fixemos, grazas as xestión de Rafael Martín, que exerceu de anfitrión, e a exquisita dispoñibilidade da familia Castro, que nos ofreceu un dos seus barcos -como xa fixera na ocasión anterior (¿1999?) . Neste blog, na entrada anterior a esta Rafael Garcia Ramos inseriu a entrevista que lle fixeron a Martín en La Voz, edición de Carballo.. Na imaxe vemos a Gómez Verdía no momento de "embarcar" e diante del xa o fixeron Bermúdez Outes, Fernández Barros, Dans Couto, Tacón Míguez e Quei(po) Bu(rón). Escribo así os apelidos deste para que vos decatedes de que Satur(nino) Quei(po) é o que se ve a medias. O "embarcar" tivo o seu aquel e máis dun pensouno moito antes de facelo, non por medo ao mar, non porque soprase o vento, non por medo a marearse, senón porque o acceso obrigounos a un despregue físico que fixeron renxer algúns ósos do corpo. Esta que vemos foi a entrada fácil. A menos fácil consistiu en pasar dun barco ao outro. Preguntádelle a Alfonso Outes Ruso...
O paseo en barco polas augas da ría permitiunos comprender experimentalmente o que significa a expresión "Vento do nordés, forza 4" e, situados diante do faro e do santuario, lanzar ao mar un ramo de flores, rezar xuntos polos mariñeiros e compañeiros falecidos e cantar, con certas dificultades de notas agudas e de nitidez de texto, a sempre emotiva Salve mariñeira. A familia propietaria do barco tivo o significativo detalle de instalar para esa travesía a imaxe de pedra da Virxe da Barca que se bendicira no encontro anterior en Muxía (¿1999?) e que eles gardan devotamente na casa.
Xa no restaurante, os manxares mariños (longueiróns ou navallas, ameixas e lubina ou robaliza á brasa), ben regados, como se di, con viños apropiados, animaron a conversa e, xa na sobremesa, disfrutamos un prometedor adianto do DVD preparado por Vázquez Pose e o seu colaborador Alberto, no que se recolle a memoria gráfica da convivencia do 2009 na Guarda.
Non faltaron os cantos nin os contos. Acordamos en principio que a xuntanza do 2011 teña como lugares de referenza o mosteiro de Armenteira para a parte cultural e relixiosa, antes do xantar, e un restaurante de Deiro, no mesmo Salnés, pero concello de Vilanova, para a parte gastronómica e recreativa .
E así, ata o ano próximo, compañeiros e amigos, se Deus quer ou, por seguir sendo amigo do latín, Deo volente". (AGV)
No hay comentarios:
Publicar un comentario