Está
ben que o sañudo,fero e fanático camariñán que destaca pola
ruindade de impedir que arrolara a barca presente
os razoamentos e argumentos de pouca monta , na súa defensa, ante as
instancias que considere conveniente. Vivimos nun estado de dereito e
a carta magna impide que xamais se poida producir indefensión.
Este
denunciante que non está motivado polo ánimo de ser un soprón nin
un delator senón un
cidadán que quere cumprir co deber que nos impuña a primeira
constitución, proclamada nas Cortes de Cádiz,(Celébrase o
2º centenario este ano) de ser xusto e benéfico e impedir o anormal
funcionamento de calquera institución civil ou relixiosa como é a
pedra de avalar da Virxe da Barca.
O
pillabán e pícaro que o impediu, por moi nobres e leais que sexan
os motivos heroicos que o animan a actuar dese modo, non debe quedar
impune polo dano causado ás emocións e sentimentos dos
romeiros,coma nós, que acoden a barca coa ilusión de avalar a
pedra. En realidade foi un atentado contra etnografía espiritual que
aniñaba nos nosos antepasados uns milenios antes da era cristián
conforme explicou o Doutor Castro.
O
implicado e presunto imputado debería escoller a vía pola que quere
levar o procedemento para esclarecer este asunto e debía buscar
consello para ver como podería saír mais beneficiado. Vai empeorar
e desmellorar a súa situación levando como fiscal a José Mª Tacón
que en filosofía fixo prácticas nas escolas sofistas. Era un
experto en argumentos demagóxicos. Dominaba as regras
dos siloxismos de modo maxistral introducindo premisas particulares
facéndoas pasar por universais. Chegaba a conclusións aberrantes
que admitía o seu contrincante sen decatarse do embuste e da trampa.
A dialéctica de Tacón nos anos mozos enleaba ao mais pintado
urbanita que tiñan fama de ser mais listos ca os do campo ou do mar.
Se
escolles a xurisdición militar implicando a Ramón Senín tampouco
ías saír mellor parado. Ademais como serviu na arma de artillería
ía mandarche os tiros por elevación e tampouco terías moita
salvación.
O
mellor é que te acollas a xurisdición eclesiástica para que che
bote unha man Ríal a quen como ti visitan as musas e por enchufe e
cuña delas se quede todo nunha leve penitencia. Tamén
Vilariño que che ten moito aprecio podía formar parte do Tribunal e sempre sairías mellor
parado que con Tacón de fiscal.
Amigo
Puertas deséxoche sorte para saír do encerellamento no que ti soíño
te metiches. Como, mentres non teñamos outra xunta xeral da quinta,
non se tomara ningunha medida sancionadora contra ti, tes aínda
tempo de escoller o procedemento e o peor que che podería pasar e
andar na boca do mundo como o moinante e pillabán que puxo un pouco
de humor que tanta falla nos fai como terapia de moitos dos nosos
males. Un saúdo para todos. Como xa rematou a oitava da festa de
convivencia deste ano na próxima colaboración ,a esta canle
comunicativa, xa diremos algo mais en serio.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario