Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 3 de septiembre de 2010

DE BROMA E DE VERAS (R.G.R.)

Queridos amigos:Rematou o tempo de lecer, o tempo de facer o que che pete, teoricamente; na realidade sempre un pensa que vai facer moitas cousas e logo fas moitas menos a non ser que te impoñas unha disciplina de ferro. Parece que ninguén seguiu os consellos do P. Raimundo que aconsellaba que no tempo estival nos carteásemos para andar mais entretidos e non tivésemos a tentación de fixarnos nas mozas da nosa idade que debiamos mirar como se fosen irmáns de sangue .

 Para facilitar a correspondencia na temporada quente e de bochorno, na que os días parecían infindos,facilitárannos aquelas cadernos coas direccións de todos. Lémbrome aínda hoxe da dos Fariñas que era “Cartería de la Pioja” (Coruña).Non era preciso poñer selo. Como o pai era carteiro non tiña que pagar o franqueo para recibila. A de Isolino era Sofán – Sete. Carballo. E así moitas mais. Vinteseis – Lestedo. Boqueijón.; Pardemarín A Estrada. Et reliqua...

En Xulio e Agosto non andei moi ben de saúde e aproveitando esta circunstancia mantívenme alleo incluso a mirar o Blog. Alertoume Eduardo mandándome un correo por si me pasaba algo. A verdade é que non pensei que o apagón do verán fose tan grande. Gracias a Puertas a Luis Otero, Amboage e o propio Eduardo e Vilariño non se apagou a vela. Do contrario teriamos que ir a casa do veciño para acender o lume do novo.

Hoxe teremos algo de humor e ao final unhas consideracións de veras parodiando aquela pequena revista,en formato, que editaban os xesuítas, nos nosos tempos mozos, coa que nos temos rido con aqueles chistes brancos e inocentes.

1º – De xuíces e delincuentes: Resume o xuíz: De modo que asegura ter roubado o molete de pan para comer porque tiña fame? Si señoría. E por que levou ademais o diñeiro que había no caixón? Porque non so de pan vive o home, señor Xuíz.

2º.- Están dous cregos falando e dille un ao outro:Ti coidas que con todos estes cambios que está habendo na Igrexa,algún día veremos aos curas casados? Nosoutros non pero os nosos fillos seguro que si.

3º:- O profesor dille ao alumno nun exame oral:Mira non me soubeches responder ben a ningunha pregunta; pero como te portaches ben na clase vouche facer a última e se ma respondes ben dareiche un aprobado raspado: Cantos pelos hai no rabo dun burro? Catro mil setecentos vinteseis. E como o sabes? Perdoe mestre: Esa xa é outra pregunta

As bromas xa están rexistradas. Agora imos coas veras:

1ª.- Hai pouco faleceu Raimon Panikkar. Na rede hai moita información del. Foi un heterodoxo. Era crego casado e con fillos. Dunha gran espiritualidade. Tiña moitos seguidores. Compaxinaba a fe cristián coa fes orientais: hinduísta e budista. O que quero resaltar é que aos funerais asistiu o bispo de Vic e seis cregos con cargo pastoral. Non lle sucedeu o mesmo que a Vicente Ferrer que pese a gran obra altruísta e humanitaria que realizou,tamén ex crego xesuíta, non asistiu ningunha representación oficial da Igrexa as súas honras fúnebres. En Agosto morreu un ex xesuíta, profesor de antropoloxía na Universidade da Coruña e oficiou a Misa de funeral García de Dios un xesuíta ilustrado. Canto respectan algúns cregos e por iso se lles ten cariño e profundo respecto¡.

2º- O noso Conselleiro de Educación non vai por bo camiño ameazando aos profesores que incumpran o recente estreado Decreto do galego cos suspensión de emprego e soldo. A lingua que está en risco non é o castelán. Hai que utilizar a discriminación positiva. As instancias mais sólidas de Galicia teñen presentado recurso contencioso-administrativo e cunha profunda argumentación xurídica que rematarán estimando. Quedará O Decreto contra o idioma galego en papel mollado. Tempo ao tempo.

3º.- Os que queirades saber como funcionaba o ex santo oficio na década final dos sesenta lede nesta dirección:“Enigma,El blog de Celso Alcaina”Alí aparece o chamado prego de posicións ou de preguntas que formulaban a Ivan Illich. Un dos grandes reformadores do Concilio Vaticano II con aceso directo ao Papa Pablo VI. Xa estaba publicado en atrio pero non aparecía o interrogatorio. E curioso como unha vez que fixo público o interrogatorio ao que o querían someter a Curia vaticana, esta abandonou o proceso.

Por hoxe nin mais bromas nin mais veras. Un saúdo para todos. Que o novo curso,para algúns académico, e para todos vital sexa o mellor posible. Parabéns a Luis Otero polas reflexións que quixo compartir con nós sobre as celebracións da Semana Santa. E si antes non aparezo nesta xanela a ver se nos podemos ver en Muxía. Xa o homónimo Martín anda preparando todo ao grande para que sexa un día inesquecible. Cos mellores desexos para todos. Rafa

No hay comentarios:

Publicar un comentario