O
noso compañeiro Enrique que tan ben leva o departamento de imaxe
desde que se fixo cargo del, xunto con Barral que se encargaba
anteriormente, agora o dirixen en comandita, facilitoume unha foto
dos asistentes a convivencia deste ano para a incorporar a este
caixón de información colectiva no que, igual que nos bolsos das
mulleres, se poden encontrar as cousas mais insospeitadas como as
lilainas ou miudezas en que nos entretivemos Puertas mais eu.
Aí
estamos un pouco mais maduros e moitos con ganas de troular como se
demostrou na sesión dos chupitos ao remate do xantar mariñeiro.
Hai
que subliñar o mérito que ten Doval Pose que se desprazou adrede
desde Málaga para asistir a xuntanza deste ano. Demóstrase que os
amoriños primeiros son moio malos de olvidar e que a terra canto
mais lonxe mais morriña e saudade provoca.
Pois
aí queda o retrato para a posteridade. Que dentro dun ano poidamos
retratarnos diante das escaleiras da Igrexa do Mosteiro de Armenteira
que non desmerecerán nada, como fondo,do retablo do santuario da
Barca de Miguel de Romay o mesmo que executou o de San Martiño
Pinario diante o que temos pasado tantos fríos dominicais acudindo a
Misa filósofos e teólogos todos xuntos.Un saúdo para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario