Antes de que remate o verán, farao entre hoxe e mañá, intentarei amarrar uns cabos que aínda teño soltos para resolver un caso, “cuasi criminal”,e “sui xéneris” que andei indagando nestes días.
Antecedentes
de feito que se consideran probados e acreditados:
1º.-A
Pedra da Barca o día da convivencia NON AVALOU
2º.- Antonio Puertas, principal sospeitoso,o Sábado día 18 de
Setembro ás 10 da mañá estaba na Coruña. Desprazouse ,a marxe dos
seus compañeiros, no turismo particular a Camariñas por terra e
desde alí por mar na súa “jamela”,a motor e con GPS, ata o
peirao de Muxía.
3º.-Na
viaxe en barco que realizamos todos comentou ,gabándose ante os seus
compañeiros, que as pedras dos arredores do santuario as coñecía
como a palma da man.
4ª.-Cando
o profesor Castro,doutor en Hª da Arte, nos ilustrou de modo
académico e sobranceiro sobre as orixes de Muxía e do seu santuario
mariano aludindo a que pagaban as rendas, con encaixes, á nobreza,
feito que estaba documentado xa na alta idade media, Antonio Puertas
disentiu de forma alporizada, negando a validez e autenticidade
documental citada. Segundo el os encaixes son orixinarios de
Camariñas é o que o negue e pola xenreira que teñen os muxiáns
aos camariñáns.
5º.-
Ao rematar a Misa e durante o canto da Salve saíu sixilosamente
dirixíndose con andares lixeiros e rápidos cara á pedra de avalar.
6º.-
Despois de varios intentos, realizados de forma organizada, baixo a
dirección de expertos que noutras infindas ocasións lograran
avalala como Manuel López. de Carnota, Juan Caamaño destinado
temporalmente en Vimianzo,Agustín Dios destinado tamén na zona ,o
propio profesor, o meu homónimo Martín coa asesoría doutros moi
versados ,entendidos e opinadores e non foi humanamente posible
movela lousa.
7º.-
Antonio Puertas non é un calquera en Camariñas. Conforme as miñas
investigacións coñécese por Beldoña. Ten fans da súa obra poética
por todo o término municipal. Calquera xerarquía relacionado co
Concello ou co Pósito de pescadores lle colle o teléfono sen
audiencia previa. Foi nomeado gentleman de Camariñas ao que
vai unido o dereito a que o chamen Sir...et reliqua...
ITER
CRÍMINIS: o autor deste óbice necesitaba gañar tempo e vir por
Camariñas, desde a Coruña, para desde a súa jamela, por mar,
facerse co pandullo que agochan mediante unha boia ou bourel, nos
arredores marítimos do santuario, para poder calza,r a modo de cuña
,a pedra de avalar. Impedindo deste modo que o poida facer como
agardabamos todos.
Non
consta que tivese colaboradores necesarios, cómplices ou
encubridores que o auxiliaren nestes mesteres.
O
móbil do crime hai que buscalo no mal que se levan e na
envexa,cobiza e xenreira que se profesan mutuamente muxiáns e
camariñás sen que, de momento e que se coñeza historicamente, o
sangue teña chegado ao río.
POLA
BOCA MORRE O PEIXE
A
proba do nove, ven a confirmar esta sucinta investigación ,vese
corroborada pola propia confesión do imputado. É a proba reina que
,hoxe non, pero noutros tempos intentaban arrancar por todos os
medios aos presuntos delincuentes. O mesmo reo recoñece no último
verso da súa bonita poesía:...
... e volverá a avalar
cando
Camariñas queira.
O
asunto eu penso que queda visto para sentencia.Como a xustiza vai moi
lenta poderémolo xulgar mediante o procedemento do xurado popular en
calesqueira das próximas convivencias dentro dun tempo prudencial de
3 a 5 anos.De todos modos necesitarase unha maioría cualificada de
dous terzos dos asistentes para poder mandalo a outro cárcere que
non sexa o de papel.Comcedeselle ao inculpado un prazo de sete dias
naturais para que poida alegar no seu favor todo o que, en dereito ou
sen el, lle conveña.De non facelo terase por autor convicto e
confeso.O que cala outorga. Un saúdo para todos compañeiros
presentes ou ausentes na festa do sábado pasado.Dado nas derradeiras
horas do verán deste ano santo de 2010 á veira do camiño inglés
que pasa por diante da casa en que vivo.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario