O pasado Venres, dia 4,
do mes que andamos, previa convocatoria realizada polo honorable
membro desta irmandade ,Agustín Dios Vigo, celebramos a tradicional
comida de entroido no lugar de Burgo de Faro,Restaurante Valdeorras,
ao pe da Ría do Burgo, os membros desta quinta afincados na Coruña
e os seus arredores. A asistencia foi masiva, superando á de anos
anteriores, contando con destacados membros como se pode apreciar na
relación de asistentes:
Manuel
Agraso Carballido, Manuel Alvite Ponte,antonio camino botana, Rogelio
Cotelo Felpete,José Antonio Cuenda Sánchez,; Ricardo Cutrín
Fernández,Manuel Dans Couto, Agustín Dios Vigo, isolino Esmoris
Cambón,Manuel felpete sanchez,alfonso fernnadez barros,rafael garcia
ramos,andres garcia vilariño,jose lopez gomez,manuel lopez
gonzales,amador martinez santos,luciano pena andrade, jose pereira
castiñeiras,antonio sanchez otero, juan sanles martinez, manuel
silveira figueroa, jose luis suarez cotelo, enrique vazquez pose,
albino verdía arcay
Coido
que non esquecín a ninguén. No caso que non fose así, despois de
que contacte co da lista Agustín Dios, a quen lle hai que recoñecer
unhas dotes acreditadas de organizador competente,convincente e mais
eficaz,farémolo constar, modificando esta crónica,para constancia
desta memoria colectiva: “Quod scriptum scriptum est”que quere
dicir: Onde hai papeis calan barbas.
Titulei
crónica de urxencia porque do departamento do audio visual, que
rexenta o compañeiro Enrique Vázquez Pose , quedou de pasarme as
imaxes que tomou para facer a reportaxe gráfica que colaremos tamén
para pública constancia neste taboleiro. Ademais supoño que Andrés
Vilariño fará, como sempre, a correspondente crónica coa mestría
e maña que o caracteriza.
Por hoxe mais nada. Destacar a presencia de compañeiros que había
anos que pouco sabiamos deles e que sempre gusta encontralos nunha
circunstancia tan agradable como é compartir mesa e mantel aínda
que sexa soamente por unhas agradables horas de compaña. Deica a
próxima. Saúde e sorte para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario