Vou,conforme
anunciei na entrada anterior,entrar ao trapo do que nos suxire o
admirable Eduardo con quen nos anos de teoloxía mantivemos,pese a
que el fora do grupo “B” unha gran comunicación naqueles anos en
que pensabamos darlle a volta ao mundo,para ben, como se fose un
calcetín. Aquela revolta do 68 en que fervía todo o pensamento do
mundo relixioso,cultural, social e político marcounos para sempre a
todos. Cando nos poñemos nostálxicos niso coincidimos todos,”sine
discrepancia” como dicía Ramón Senín,cando se deixaba ver por
estes lares.
A
Eduardo o recordo sempre cun sentido especial de ironía intelixente
como a que demostra co seu breve apuntamento de física. Esa retranca
que tan ben nos caracteriza aos galegos,parece que era un mecanismo
de subsistencia e resistencia,recóllese moi ben nunha revistiña que
volve a editarse despois dun longo paréntese e que se chama
RETRANCA. 100x100 galega. Para mostra un botón sobre a cidade da
cultura:
Entrando
en materia vou a profundar,como lle dicía Pedriño a Rañolas, nos
Dous de Sempre de Castelao.”admírote polo ben que
profundas”,sobre a opinión global e os acontecementos
extraordinarios. En canto a opinión global eu penso que é unha
realidade incuestionable non tan so nese aspecto mais
superficial,aínda que real,ao que alude Eduardo, senón no modo e
forma esencial de organizarse a sociedade sobre todo nas relacións
económicas. Hoxe
o sistema económico do neocapitalismo liberal hai que recoñecer,mal
que nos pese, que é o que se impuxo tanto nas antigas repúblicas da
extinta URSS como na propia China e lentamente en Cuba e non se
albisca ningún,de momento, sistema alternativo que difira do
xeneralizado a nivel mundial. Isto é así simplificando moito claro.
A a única diferencia, duns países a outros, está en que nalgúns
faise mais fincapé na igualdade,reparto da riqueza e certa
similitude de oportunidades e noutros, estes aspectos, acentúanse
menos.
A
min o que mais me inquieta non é esta chamada opinión global senón
a opinión dual coa que temos que convivir e que colectivamente nos
empobrece e limita para mal. Refírome a ese pensamento práctico que
se traduce en: Ou estás co goberno ou en contra. Ou estás a favor
da vida ou da morte. Ou estás cos que torturan ou coas vítimas. Ou
estás deste lado da raia ou
do outro. Ou estás co ben ou co mal. Co vicio ou coa virtude Ou
estás co capital ou co traballador e un longo etc... que podería
continuar. Este pensamento maniqueo é dun simplismo aterrador que
soporta ademais unha xeneralización falaz e na que caemos con
excesiva frecuencia. Os da Coruña son señoritos e os de Vigo
traballadores. Os liberados sindicais uns vagos. Os políticos uns
corruptos etc...A calquera que teña feito o bacharel non lle
debiamos permitir estes razoamentos tan puerís e carentes de toda
lóxica. Onde aínda que partamos dun feito real nunca un caso illado
o podemos elevar a categoría.
Sobre
os acontecementos extraordinarios: a) Países árabes. Parece que
están vivindo unha primavera parecida á de Praga no 68.Esperemos
que o resultado final non teña nada que ver coa invasión
Checoslovaca polos países do Pacto de Varsovia. Que as ansias de
liberdade,de xustiza e de democracia se vexan realizadas. O fenómeno
da globalización,a través da revolución
no mundo das comunicacións,ten moito que ver no despertar do mundo
africano e árabe. Tamén lles axuda moito aqueles mozos que viñeron
a estudar a Europa e América e que teñen ganas de que os seus
países acaden as cotas de benestar que viron igual ca os emigrantes
nos países de acollida.
b)
O desastre acontecido no Xapón: Aínda descoñecemos as
consecuencias na súa totalidade,máxime,ás da Central Nuclear de
Fucushima. A propósito diso escribín para A Voz o seguinte que se
publicou o 24 deste mes:
“FOSA
ATLÁNTICA
Levamos xa una morea de días preocupados e angustiados polo acontecido en Xapón. O alcance dos estragos causados polo maremoto e terremotos non para de medrar. O mais grave é o desastre nuclear con consecuencias imprevisibles que ninguén,a día de hoxe, é capaz de concretar e determinar.
O impacto na opinión pública respecto á seguridade da enerxía nuclear é grande. Xa ninguén dubida que haberá un antes e un despois sobre as centrais atómicas.
Agora que estamos todos mais concienciados non estaría mal que alguén se acordase de que na chamada fosa atlántica, a uns setecentos quilómetros de Fisterra hai 142.000 toneladas de residuos nucleares depositadas por países europeos.
O efecto da corrosión será lento pero seguro. Estes bidóns son auténticas bombas de reloxería que se non se controlan chegará un día en que pasarán a cadea alimentaria e provocarán un desastre que estamos a tempo de evitar.
A veces non hai ben que por mal non veña. Que alguén llo faga chegar a Organización Internacional da Enerxía Atómica para que o evitable non se converta en inevitable. Aproveitemos a ocasión agora que preocupa a todos a cuestión nuclear. “

Por
hoxe mais nada. Un saúdo para todos. Perdón pola leria.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario