Queridos
amigos:Pouco a pouco remata o inverno e xa agroma a primavera .Xa da
gusto saír á rúa. Polas mañás xa os paxariños nos alegran á
vida. Hai mais horas de luz e hoxe sabemos a gran importancia que
este elemento ten, tanto na saúde física como na outra. Moitos proes
e poucos contras como nos indican aquí:
www.suite101.net/.../la-luz-solar-como-aliado-de-la-salud-a3309.
Hai
que agradecerlle a Andrés a bonita reportaxe gráfica coa que nos
obsequiou sobre a comida do entroido.Todos os asistentes celebramos
estas ocasións de encontro que nos fan rememorar os bonitos tempos
da infancia, adolescencia e xuventude. O malo destes acontecementos e
que despois dos saúdos de rigor, como a mesa e sobremesa é longa,
en realidade convives cos tres ou catro que están ao teu lado e mais
en fronte. Nesta ocasión tiven a Isolino,Sánchez Otero,López Gómez
e mais a López González como interlocutores de mesa.
Isolino contou unha morea de anécdotas. Un dos primeiros anos de
Belvís, durmíase naqueles tramos corridos, levantouse para ir ao
wáter e cando regresou tiña a cama ocupada. Debín contar mal,
dixo. Regresou á cabeceira do tramo, contou de novo, pero a cama que
lle correspondía seguía ocupada. Entón foi apalpando nas camas que
estaban antes e despois da del e encontrou unha valeira. Era a dun
tal Lestón. Tívoo que espertar e convidalo a que fose para a súa
cama.
Tamén
nos comentou que aínda vive o párroco de Malpica. Pasa dos cen anos
pero conserva o sentido. Contaba del Abella Chouciño, era dun curso
anterior ao noso,que, cando os bautizos se facían en latín, lía
:”vis baptizare?”Os padriños tiñan que responder. “volo”.
Entón, D. Benigno, creo que se chama, cerraba o libro e
explicáballes que desde ese momento cargaban coa obrigación de
entregar ao afillado/a o bolo pola Pascua.
Comentou
tamén López González que o cura de Carnota,cando lle encargaban
unha misa, advertíaos de que as tiña de dous tipos:de vinte pesos
e de cen. E serán todas iguais señor cura. Non as de cen pesos
chegan antes ao Ceo. Ante o asombro dos fregueses explicáballes que
se entendía perfectamente. Chegaban primeiro porque el mentres tiña
de cincocentas pesetas non dicía as de cen.
Saíron
a relucir tamén as aclamacións que lle faciamos a D. Manuel Anllo,
como bispo, saíndo con el en procesión, polo claustro, para
rematar facendo a foto Bello Arjomil na escalinata da Igrexa de
Belvís. e tamén as famosas clases de D.Antonio Villasante que, de
pasar por elas Pérez Galdós ou D. Ramón Valle Inclán,
inspiraríanlle algún outro episodio nacional ou algunha sonata ou
relato esperpéntico.
Conto
isto porque, na conversa, saíu que sería interesante e bonito
deixar constancia do anecdotario colectivo. Así que animádevos. Por
falta de materia non será. Isto é como as cereixas. Tiras dunha e
detrás veñen outras.
Espero
que a Puertas xa non lle de reparo deixar as súas prosas e os seus
versos neste encerado. Non empeces a falar só e a contestarte a ti
mesmo. De todas formas débeste escusar ante Agustín Dios que
escolleu o restaurante ao pe da ría,asegurándose que entre as dúas
e as seis había marea chea, por si viñas na jamela,e ao final non
apareciches. Por min estás desculpado pero a próxima poranche
falta.
A
película que comentou Andrés: El discurso del Rey é unha obra
mestra. Non é estraño que tivera tantos premios. Mantén un
suspense fora do común desde o primeiro minuto ao remate. Non
deixedes de vela. Ten moitas ensinanzas nas distintas facetas da
vida.
Agora que o gremio dos xubilados segue medrando se dicimos que non
hai tempo,unha semana pode ser, pero moito mais xa non cola. Deica
outra Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario