Vemos o pelo gris de Amador,
o máis canoso de Suárez Cotelo,
a cara de Pereira e o apunte da de Dios Vigo.
Xa , pola banda dereita a Rogelio Cotelo,
a Manuel Felpete, Juan Sanlés
e Juan Caamaño Calvo.
Amador, a esquerda, medio de costas.
Por diante del, de dereita á esquerda, Alvite,
García Vilariño, Fernández Barros,
Cotelo Felpete e Felpete Sánchez.
A mesa non lucía os manxares,
porque os alí presentes xa os cambiaran de sitio
En primeiro termo Alvite e García Ramos.
Detrás Ricardo Cutrín está convencendo
a López Gómez de que é hora de irse...
Eran case as seis da tarde.
Onda a fiestra, Silveira remata o seu atuendo.
Aquí empezaba e segue empezando a lista:
Agraso Carballido (á dereita), Alvite Ponte...
Seguen compartindo o pupitre.
Silveira Figueroa e Dans Couto.
A Silveira, por certo, dá xenio velo,
mozo, con pelo na cabeza e rebosante de vitalidade.
Rafael G. Ramos e López González
están considerando a precariedade da vida.
Xa non hai cousa que ver na bandexa
onde antes camparan o lacón,
a costela, a cachucha... Sic transit gloria mundi...
|
A tertulia animouse a medida que desaparecía o lacón, e o viño e o resto. Estabamos nós e iso requería dedicación sensible. Vemos en atento coloquio a Dans Couto con Verdía Arcay. Xa en segundo plano, pola esquerda, López Gómez, García Ramos, López González, Amador Martínez Santos e Pereira Castiñeiras. Na cara de Verdía asoma a de Antonio Sánchez Otero e maís Esmorís, Isolino.
|
Non se pode ignorar o factor lacón.
Foi un bo pretexto para reunirnos.
Non faltou de nada.
Co lacón apareceu o botelo e mais a androlla,
típicas do oriente galego.
Non faltaron nin filloas nin orellas,
nin chupitos de caña e licor café.
|
Suárez Cotelo atende a Amador Martínez Santos (fóra de plano) e Pereira e Dios Vigo a Cotelo Felpete e Felpete Sánchez,
tamén fóra de plano. Dá mágoa, agora, non ter feito a foto do grupo...
|
Se o factor lacón foi a causa da vosa reunión, para min, foi a causa da miña exclusión.
ResponderEliminarEstou coas bágoas pingando, e, xa non vexo retratos, nin caras, nin chupitos, nin orellas…nin bicos de porcos, nin linguas e coitelos…quedei xa sen fala e sin ollos… tan so as bágoas anegan o meu cuarto…¡¡¡ LARPEIROS !!!
Ides sar o que é bo...
Antonio Puertas
Puertas, amigo Antonio. Disque a nai de Boabdil lle dixo a este cando o viu chorar pola perda do Reino de Granada: "Chora coma unha muller o que non soubeches defender coma un home". Non teñas perda do lacón e demais. Houbo quen compartiu a mesa e soubo axustarse á súa dieta de peixe, anque ollaba en relanzo para o lacón e os chourizos. Ten perda, iso sí, da ocasión de estar cos amigos.
ResponderEliminarUnha cousa é perder Granada, e otra, moi distinta, é perder unha cacholada...O porco manda en min...
ResponderEliminar