Despois do apagón pola Hora do Planeta, aí vai outro latexo, outro alento para a criatura que respira conectada ao aire de Camariñas, ao nordés do mar de Orzán e ao levísimo vento mareiro do sur.
Apuntamentos de física
Creo que foi Arquímedes quen dixo" Dáme un punto de cocido e moverei o mundo". Un avantaxado discípulo descubriu na universidade de Pensilflavia outra aplicación tecnolóxica da teoria do mestre: "Dáme un cacho de cacheira e moverei a Quinta".É unha nova lei do noso manual particular de física quíntica, especialidade da cuántica.
Ante tal poder de convocatoria, haberá que programar este referente gastronómico para a xuntanza anual.
Grazas ao bo oficio dos reporteiros Rafa e Andrés, comprobei que mozos seguides! Non perdades a receita!
Opinión global
Hoxe parece que prima a opinión global. Que opinas disto? Non hai moito en Galicia respondíase: "O que diga don Manuel". Despois en España: "O que opine Belén Esteban". Máis recentemente: "O que diga Mouriño".
Di Manuel Vicent que a cultura moderna consiste en estar sentado, en mirar, en teclear e calar. Para a cultura da Q57, teclear xa fai moito ruído.
Acontecementos extraordinarios
Aí ao ladiño, están sucedendo feitos sorprendentes, como a revolución árabe, bombardeos, o terremoto
de Xapón, o debate da enerxía nuclear... Que opinamos? O que diga Mou.
Saúdos e mil primaveras máis para Galicia!
Eduardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario