É A SAÚDE UN DEREITO PARA TODOS?
O próximo 12 de febreiro Mans Unidas celebra a xornada nacional, este ano baixo o lema:
A saúde, dereito de todos. Actúa!
Dentro de tres anos (2015) remata o prazo para cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), obxectivos que non se van acadar ao 100%, , nin ao 50%, nin ao 25%, pero iso non é escusa para desistir.
No ano 2000 celebrouse o Cume do Milenio baixo o paraugas da ONU e 191 países subscribiron os ODM, para reducir a pobreza e parte das lacras asociadas ao subdesenvolvemento.
A campaña deste ano (a LIII) céntrase no obxectivo seis:
Combater o VIH/sida, o paludismo (malaria) e outras enfermidades.
Ademais das doenzas mencionadas hai outras das que os países ricos non nos acordamos. Nin Gobernos nin industrias se ocupan delas. Combatelas e curar a quen as padece non adoita ser rendible económicamente. O éxito é incerto porque depende de factores relacionados coa desnutrición , a miseria, o amoreamento de persoas e a insalubridade.
O 97% das mortes por enfermidades infecciosas danse nos países en desenvolvemento. Pese a elo, a investigación farmacolóxica céntrase , sobre todo, nos problemas dos países desenvolvidos. O dereito á saúde está condicionado, como tantos outros, pola desigualdade económica.
O dereito á saúde non é cuestión exclusivamente médica, abarca todo o que deteriora, ameaza ou mellora a calidade de vida das persaos, é decir, condicións saudables, alimentos e auga necesarios, sistema sanitario básico, acceso ás vacinas…
Mans Unidas. Campaña contra a fame loita polos dereitos dos máis pobres a vivir con dignidade e a realizarse como persoas.
Coa colaboración xenerosa dos españois, e a través dunha extensa rede de misioneiros, MM UU financia proxectos de promoción agrícola, educativa, sanitaria de promoción social e de promoción da muller en máis de 59 países de África, Asia e América Latina.
Os beneficiarios dos recursos conseguidos son nenos e anciáns, mozos e adultos, familias e organizacións da socciedade civil.
Ao pensar nesta xente, a crise que tanto nos ocupa adquire outra dimensión. Estes dous mundos, o Primeiro e o Terceiro, non son dúas realidades afastadas e alleas.
Os países preferentes para Mans Unidas no 2012 son:
- Zimbabwe (antiga Rodesia). País que foi próspero e entrou en pobreza extrema.
- Guatemala. Para reducir a pobreza e a violencia.
- Madhya Pradesh (India). Promoción da muller e da comunidade.
Os obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, para conseguir ata o 2015, son:
1. Erradicar a pobreza extrema e a fame.
2. Conseguir a Educación Pimaria Universal.
3. Promover a Igualdade entre os Xéneros e a Autonomía na Muller.
4. Reducir a Mortalidade Infantil.
5. Mellorar a Saúde Materna.
6. Combater o VIH/sida, o paludismo (malaria) e outras enfermidades.
7. Garantir o Sostemento do Ambiente.
8. Fomentar a Asociación Mundial para o Desenvolvemento.
Para non desanimarse, é mellor mirar para o que queda feito que para o que falta.
Saúdos.
Eduardo
No hay comentarios:
Publicar un comentario