Meus
ben queridos amigos .Onte, conforme so previsto,realizamos a xuntanza
de inverno. Foi moi concorrida. Agustín Dios Vigo,entrañable
compañeiro,sen el estas xuntanzas non existirían xa que é o
animador nato que se molesta en chamar e convencer,as veces que faga
falta a todos os da lista, non quedou de todo contento. A última
hora fallaron algúns que estaba previsto que viñesen. Uns por
causas abondo xustificadas como os cregos que non poden deixar os
defuntos sen enterrar,ou por razóns de saúde, pero outros estivo
insistindo ata pouco antes da comida pero infrutuosamente.
Asistimos
dúas decenas xustas. Vinte nin mais nin menos. Demos conta,con
satisfacción ao
parecer,dun cocido propio da época. O mais importante foi o
encontro,a conversación, o interese mutuo duns por outros e a
alegría de encontrarnos xuntos mais de medio século despois de
ternos coñecido por primeira vez.
Pasemos
a reportaxe:
Os
primeiros en chegar.
Non
precisan presentación. Todos cun pouco menos de pelo e mais branco
pero con moitas ganas de vivir e dar guerra da boa. Ao fondo vese o
esqueleto da antiga Fábrica Cros,edificio modernista que alguén
lles chamou as catedrais do traballo. Forma parte xunto coa de
Pontevedra,moi parecida,do patrimonio industrial galego que se
intenta recuperar e aproveitar para outros usos. Os que teñades
interese en coñecer o seu futuro podedes ver ese video no que se
recrea o que acabará sendo cando sea porque agora os cartos de
Europa para estras cousas van vir moito a menos:
O
Grupo foi medrando e xa as portas da casa onde xantariamos. Ao fondo
a Igrexa do Burgo que no século XII era unha gran Igrexa como
correspondía ao Burgo onde vivían os burgueses.
Seguen
algunhas das fotos que me mandou como sempre o compañeiro, mestre en
tratamento da imaxe e do son, Vázquez Pose, que ten ben acreditado
co agasallo que nos fai todos os anos na convivencia do verán.
E tamén merece ocupar un lugar preferente o comapñeiro Felpete que me trasladou,en préstamo, unha valiosa documentación que irei descambeando pouco a pouco neste blog para fortalecer a memoria e evitar o odioso Alzaimer que tantos estragos fai,en xente moitas veces mais nova ca nós.
A que non non so des capaces de precisar o enxoval que tivemos que levar necesariamente para ingresar no Seminario.(Non seguir lendo.Facer memoria e logo contar os esquecementos que tivéchedes)
1 Sotana, 1 traxe.2 pares de zapatos.3 mudas completas de roupa interior.6 panos da man. 2 pares de sabas.2 pares de fundas.3 cobertores.1 colcha.1 colchón.2 almofadas.1 alfombra pequena.4 toallas.3 panos de mesa (servilletas).1crucifixo de colgar.1espello.un cepillo da roupa.1 cepillo de calzado con caixas de crema. 1 cepillo de cabeza con peite.1 cepillo de dentes con vasiño e pasta.Pastillas de xabrón.Unhas tesoiras. 2 bolsas para a roupa.1 baul ou maleta para a roupa.Ademais a esclavina,faxín e bonete que xunto coa sotana constituen o uniforme dos seminaristas.
Continuará...Pois deica a próxima.Os mellores deexos para todos.Rafael
Nota brava: Clikar nas fotos para velas en mellor tamaño.Ut supra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario