Estes
días últimos pasados son días lúgubres e de pena. O xuíz Garzón
condenado. A gran
noticia do Xoves que apareceu na prensa de todo o mundo. Ao poñer en
Google Baltasar Garzón aparecen mais de medio millón de entradas.
Xa está todo dito e escribido.
Cando
se estuda dereito penal, nas leccións de investigación
criminal,partíase daquel principio de tempos inmemoriais que
recollía o dereito romano que se enunciaba “Cui prodest ?”ou
“Cui bono '” que quere dicir a quen aproveita e a quen beneficia.
Para dar co autor dun acto criminal e co culpable partíase da lista
de sospeitosos beneficiados. En base a ese criterio iniciábase a
investigación.
Esta
sentencia a quen aproveita?. Aqui
está:
Para
min o malo e o que di Manolo Rivas. Aqueles xuíces,fiscais,avogados
e policías que investiguen o delito organizado e a corrupción
económica pensarán moito se valerá a pena. Mellor o escribe Manolo
Rivas que é un mago da pluma:
Hoxe
pola tarde xuntámonos unhas cincocentas persoas ante o palacio de
Xustiza para
por de manifesto a nosa solidariedade con D. Baltasar,Estudou no
Seminario de Jaen sete anos.Tamén para mostra e a repulsa e
indignación pola condena. No ánimo de moitos estaba algo parecido
ao que se informa aquí:
Pois
noutra orde de cousas teño que manifestarlle a Fernando Ledo que me
gustou o que escribiu. E unha análise da realidade que resume ben o
que acontece aquí,en Europa e no mundo. A decadencia amósase por
todas partes e pasa como nos tempos de Abrahan en que non aparecían
nin cincuenta,nin corenta,...nin dez homes xustos que evitasen a
destrución de Sodoma. Hoxe aparenta que tamén ese suposto se da na
realidade. Non se salva a monarquía,non se salvan os banqueiros,os
políticos e incluso a Igrexa na ponte de mando:
Ao
ler esta recente información acordeime de D.Antonio .R.Villasante
que nos dicía como os ordinarios se podían desfacer dun crego
incómodo: “Promovesatur ut removeatur”. Ascendelo a coengo, se
era párroco,para que non molestase na parroquia. Pois así pasou coa
eminencia que lle encargaron varrer a corrupción do Vaticano e sendo
incómodo mandárono de nuncio a Estados Unidos. Tamén é
interesante a información de Eduardo sobre o programa de” manos
unidas” ao que está moi vinculado Vilariño e penso que tamén
Senín en Pontevedra. Estas institucións de solidariedade son as que
fan este mundo algo humano e compasivo e deberan merecer o apoio de
toda persoa de bos vontade.
Para
que non vexamos todo tan de cor negra o cantautor Lois Pastor fai un
rap ou hip hop que para os que xa peiteamos canas rima cousas que nos
son e foron moi familiares. A min fíxome pasar un bo momento:
E
por último os que non confirmastes ao coordinador Agustín Dios
Vigo ou a un servidor a vosa asistencia a comida de inverno, o póximo
17 do mes que andamos ,facédeo antes do Mércores que é o día
límite para avisar no Mesón que nios servirá o xantar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario