Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 3 de marzo de 2012

FESTIVIDADE DE SAN ROSENDO



Onte,dia 1 de Marzo,xuntámonos como facemos case sempre os Martes e Xoves ao medio día e sorprendeunos Agustín inquirindo cal festividade correspondía. Dixo que sempre lembraba a data por ser o día en que se puxera a primeira pedra de Belvís. Ese día era festa rachada. San Rosendo abade a bispo dende os 18 anos din os biógrafos. Non se haberá que fiar moito porque as vidas dos santos de antes están moi fabuladas e as dos santos modernos tampouco teñen moito rigor. Os haxiógrafos pasaban a censura para que fosen edificantes os seus escritos.Eran outros truculentos tempos.

Ese día comíase cun vasiño de viño. Había longos recreos. Partidos de futbool e mais un tempo de estudo inferior ao de outros festivos. Se facías algunha parvada derivada de beber o viño dos que non o querían os superiores eran moi benévolos ese día e non te castigaban. Tanto a comida como a cea daban:”Benedicamus Dómino”.
 
Pois nós onte tamén o celebramos. E para darvos envexa da san aí vai a proba documental gráfica para animar a que nos lle teñades medo á xubilación. O tempo libre é o ben mas prezado do que polo menos o primeiro ano sorpréndeste moito Sería unha pedantería (como diría Tacón) mostrar esa foto se non tivese algo de noticia. Esa característica dálla o ser o cincuentenario da última vez que os presentes e moito mais o celebramos xuntos en Belvís. Ano de 1962..Adeus. Rafael

3 comentarios:

  1. Saúdos doutro blog exseminarístico
    http://semlugo66.blogspot.com/2012/03/quinta-do-57-belvis.html

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E moi grato recibir ese saúdo.Se for osible facer un rexistro de tantos ex seminaristas,monxes,frades e relixiosos das casi innumerables congregacións pasariamos de centos de miles.Devolvemos o saúdo con afecto e para todo ese colectivo.Rafael

      Eliminar
  2. Un saúdo pa o blog dos exseminaristas de Lugo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar