En primeiro lugar
desexarvos unha feliz Pascua florida a todos. Este ano, ao levarmos
pasadas xa unhas semanas da primavera, é florida de verdade. Por
filosofar un pouco non sei de onde ven o costume de felicitarnos polo
Nadal e non agora na Pascua verdadeira. Algunha razón haberá. Se
hai ocasión terémosllo que preguntar a Marcial Gondar que viña
algún curso detrás de nós. E catedrático de Antropoloxía Social
na Universidade de Santiago. Ademais de ser unha autoridade na
materia é un admirador de D. Luciano Méndez Palleiro que o
introduciu, igual ca nós, nos fundamentos filosóficos a través de
Amor Ruíbal de quen se declara discípulo tamén Torres Queiruga.
Aos que pasamos por San
Martiño resultaravos agradable ler o que se di no periódico Galicia
Hoxe. Com. destes días pasados:Marcial Gondar, antropólogo (Este xornal foi o soño de D. Manuel Fraga
por ter un periódico diario redactado exclusivamente en galego e
que, como outros ,arrastrouno esta peste que ameaza con acabar cos
nosos sinais de identidade.)
As puntadas desta vez
versarán sobre estas dúas cousas:
A).- PESIMIMO SOCIAL:Cando me encontro con algún compañeiro do
Seminario de Filosofía , (así se lle chaman nos Institutos aos
departamentos didácticos),e nos poñemos a leriar un pouco, a última
vez, rematamos falando de quen debería ser o autor de moda. O señor
Arthur Schopenhauer o autor do pesimismo. Segundo D. Manuel
Bugallo,profesor do Hª da Filosofía,xa choveu,contábanos,mais ou
menos,que o mundo para el era o peor dos mundos posibles e non se
podía mellorar. Non existía progreso na natureza humana nin na
sociedade. Bugallo atribuíao a que era ateo e por iso, non tiña
esperanza, e vivía nunha profunda depresión. A notoriedade acadada
como filósofo, para D. Manuel Bugallo,era debida a que herdara da
súa mai a calidade literaria pola que foi moi lido e dentro do
movemento nihilista conseguiu certa relevancia.
A verdade é que, á
marxe do que pensaba ese señor que inmortalizou o pesimismo,na
sociedade actual existe unha desilusión,
desmoralización,desesperanza, desánimo xeneralizado ou algo
parecido..Non pode ser cousa boa. Se por encima os gobernantes tamén
póñeno feo xa me diredes que mundo lles deixamos aos que veñen
detrás de nós que tamén se contaxian do pesimismo imperante, Eu
constátoo,fágoo constar en acta como os notarios, pero intento non
deixarme contaxiar e fago,como nos dicía D. Raimundo cos malos
pensamentos que se hai que desprender deles como cando che saltaban
as muxicas na lareira que as sacudías rapidamente para que non
prendesen na roupa.Todos os días o primeiro que leo e o periódico dixital:Noticias Positivas | Una puerta hacia un mundo que mejora.
Pero aínda así teño que recoñecer que o efecto do optimismo hai días que dura moi pouco tempo.
B).- SEMINARIO. Dou
moito do que falar, como propaganda foi acertado, o vídeo que
presentaron para fomentar as vocacións. Nas chácharas non
transcendentes que facemos os xubilados para de paso dar o paseo e
tomar as cañas teno comentado Agustín Dios se co paro que hai non
pasará como nos anos 50 que se enchían os seminarios.
Maioritariamente concordamos que non. Son outros tempos. A
secularización imperante co conseguinte abandono das prácticas
relixiosas de forma masiva é un fenómeno dificilmente reversible.
A propósito do
Seminario e utilizando o mesmo recurso ao que acudía,conforme se
conta na
“Historia do Famoso
Predicador. Alias Zotes” ,que falaba do que lle petaba eu fun
gardando aqueles artigos ou reportaxes que falaban do Seminario de
San Martiño. Agora decátome que moitos deles están dixitalizados e
almacenados en Internet e para liberar espacio despréndome deles.
Este que é xa de hai 8 anos supoño que o leredes con gusto. Fai
referencia as orixes do traslado do Seminario do Colexio de San
Clemente para o mosteiro de San Martiño e mais o papel que tivo o
Arcebispo Rafael Vélez en atacar aos liberais e defensores da
Constitución de 1812 no atormentado século XIX. Aí queda para o
que lle interese:La fábrica de Dios | Edición impresa | EL PAÍS
Pois por hoxe nada mais.
Seguirei o exemplo que nos da Puertas e mais o compañeiro Eduardo e
se hai vagar outro día escribirei algo mais. Materia non falta.
Anímense os demais se quixeren.Rafael
Pois, descoñecía eu ese pesimismo i esa desesperanza de Don Manuel Bugallo, e, certamente, lamento esa depresión da que falas.
ResponderEliminarDon Manuel Bugallo, foi o meu referente na miña etapa de Belvís. Recordo que sempre nos estaba a ler unas xoias literais, moitas delas, gardadas no meu recordo…” Entonces, Eudón, se levantó de improvido y, con severo y terrible acente le dijo: yo no soy traidor, rebelde ni desleal, no ha tenido Rodrigo servidor más fiel, ni hombre más agradecido que yo.-- Entonces, ¿ cómo reinando Rodrigo en Toledo, tratáis de coronaros en Pamplona ? …Munio, el rey Rodrigo ha muerto. . ¡ .Gran Dios ! contestó el vicario, queriendo retroceder ante la terrible mirada de Eudón… Es un huracán del África que barre ejércitos como polvo. Guadaña de la muerte, que hoy, va segando imperios, como ayer segaba cabezas…Yo los vi, yo los vi… Remolino de mar que se traga naciones como naves… Yo los ví,… Su semblante aterra, pero su atavío encanta. Brilla el oro en su pecho ,y de lana y seda son sus vestiduras… yo los ví…“
Y sigue, pero ésta maravilla ( que por cierto, no sé si me he comido algo …) la guardo desde entonces en mi recuerdo, gracias a él.
Me gustaría tener ese libro. Si algún compañero sabe de él, le pido de favor, me diga la editorial y su autor. Con gracias anticipadas …Como te las doy a ti, Rafael, por tu preciosa aportación.
Un saúdo pa tódolos compañeiros
Antonio Puertas
( Estou correxindo o meu comentario, pois, o recordo, me fai dar malas xogadas.