Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 24 de abril de 2012


ESCALEIRAS


-” En primeiro lugar, que suban os auténticos “…Deste xeito, sentenciaba un amigo meu, xa finado, cando estaba a controlar a avalancha de xente, amoreada no Curbeiro, momentos antes de dar comezo a procesión marítima do Carme.


Naquel entón, todo era auténtico como a vida mesma. A natureza e as persoas, presentábase tal cal eran, reais e sen finximentos..


O ano comezaba, sabedores todos, que, por diante, agardaban catro estacións ben definidas: invernos longos e crus, onde o mar e os elementos, tiñan prohibido aos nosos mariñeiros saír mais aló da Viulleira, conformándose estes, coa pesca de cana polas pedras da Carnicería, e pouco mais.


Primaveras e outonos, pontes de paso, entre ámbolos dous e ben definidos meses, extremos do calendario.


As sementes ían sen químicas e o escaravello da pataca, inda non tiña feito a súa aparición. Alleos estaban os labregos de Buría a esas crebaduras de miolo, que, nun vindeiro futuro, eses bichiños lles ían a traer. 


Así era a vida por aquel entón: homes e natureza convivindo en perfecta harmonía, sen aditivos nin falsidades. Cada quen mostrábase tal cal era.


O verán, curto pero intenso, o estabas a aproveitar ó máximo, ó gozar a diario del, coas excursións dentro do noso ámbito territorial.


Un dos nosos espazos preferidos, era a praia de Lingunde; non so pola súa paisaxe fermosísima ao carón de piñeiros, e de frondosa vexetación, senón, tamén, pola proximidade ao noso pobo. Todo elo, engadía, novas ansias de vivir, con unha auténtica vida natural e fermosísima, apropiada pa uns  rapaces sans e aventureiros.


Practicamente, baixabamos a rolos polas súas ladeiras, enfociñados e a sobresaltos, no medio de lagartos arnais e cóbregas, que se agochaban entre xestas e silveiras, ó noso arredor. A abundante vexetación, rabuñaba nosas pernas expidas, e, as torceduras de cotobelos, dificultaban ó noso decidido andar.


Tan so un par de lindeiros areosos, de brancura inmaculada, marcaban á costa abaixo, por un carreiro esfociñado de chegada.


Certo día, un grupo de mociñas, compañeiras nosas de aventuras, animáronnos a construír uns pasos pretos, con area e pedras, pa suavizar, dese xeito, ó declive natural da baixada.
Axeitamos, pois, un carreiriño, que se logrou con unha suave baixada, de cara a nosa praia mais agarimosa.


As primeiras escaleiras de Lingunde, foron obra de uns rapaces laboriosos e respectuosos coa natureza  e co lugar mais fermoso da vila.


As de hoxe, sucumben lentamente apesaradas de abatemento; e, coa chorica, abren paso no cimento, como reencarnando unha nova Ave Fénix que xurde, dende o mais fondo da area, querendo abrir a alma das AUTÉNTICAS  esqueiras, agochadas a carón da nosa praia de Lingunde.




Antonio Puertas


No hay comentarios:

Publicar un comentario