AIRIÑOS
Airiños, que gardo dentro
e que marcan meus falares,
aires que marcan o acento
cando falo os teus falares.
Levan a forza do vento
cando sopran nos meus lares,
cando suspiro por eles
e cando afogo en cantares
Cando lembro a miña xente
e cando canto pesares,
airiños, airiños aires,
que estoupan cos meus falares.
Antonio Puertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario