Nesta tarde de Domingo
de Ramos imos darlle a tecla e deixar algo para non perder o saudable
habito da escritura .Cando en Belvís pasabamos a Semana Santa en
Santiago tal día como hoxe tocaba ir á Catedral. Era unha cerimonia
que duraba unha eternidade. Cantaban a Paixón. Poucos días despois
había o oficio de tebras. Cando se apagaban as luces podías facer
canto ruído quixeres no momento que tocaban as carracas. Para nós
aquilo era moi espectacular. Despois aquilo desapareceu. Eu botárao
de menos.
As puntadas de hoxe
versarán sobre estas catro cuestións de actualidade A) Torres
Queiruga.B) Fragas do Eume. C)
Reforma Laboral. D) Amnistía Fiscal.
A).- Andrés Torres
Queiruga. Puxérono de actualidade aqueles que se equivocaron de
século no que vivir, pese a chamarse cregos seculares,e que teñen
vocación de inquisidores. Pretenden ser Torquemadas polo miúdo.
Andrés igual que Xulio Lois que faleceu o verán pasado e todos os
Teólogos da Asociación Xoan XXIII son uns uns verdadeiros heroes. A
min alégrame que Queiruga teña a súa independencia económica para
que todo isto non lle afecte a súa dignidade.
Conta Celso Alcaina
que traballou no ex santo oficio varios anos en Roma que cando había
denuncias,despois do Concilio,contra algún teólogo pedían
antecedentes. se eran cregos ou relixiosos para trasladalos,apartalos
da docencia etc...Pero cando eran laicos e non dependían
economicamente da Institución cerraban aceleradamente a denuncia
arquivándoa.
Así con Juan José Tamayo sácanlle de vez en cando
algunha nota descualificándoo pero se fose dunha congregación
relixiosa xa o tiñan exclaustrado como ao franciscano Arregui.
Espero que se produza unha corrente de solidariedade con Andrés como
a da última vez que quixeron meterse con el.
Aínda a prensa da
dereita política que os que mais mandan na Igrexa lles parece amiga
e comprensiva os pon a caldo como a reportaxe que publica O MUNDO e
que se pode ler aquí:Los obispos condenan al mejor teólogo español por crear 'inquiet
B).- Fragas do Eume.
Acabamos de perder unha riqueza ecolóxica das mais importantes de
Europa. Miúda noite toledana que pasamos. Eu saín da Casa da Auga
ás nove da noite e había un olor a fume sobre a cidade que chamaba
a atención. Ao chegar a casa xa me informaron do que estaba a
suceder. E lamentable. Xa había poucos problemas¡ Hai que recoñecer
que as TIC son unha fonte de información de primeira orde e de modo
instantáneo. Se estades en FACEBOOK ou en TWITTER cada pouco tempo
aparece información de primeira man.
C).- Reforma Laboral. Xa
estades informados dos seus efectos e consecuencias. A manifestación
contra a mesma convocada polos sindicatos aquí na Coruña foi algo
inesperado. A Policía Municipal dou 52.000 na de UGT e Comisións e
14.200 na da CIG. Desde o ano 81,na chamada manifestación da
aldraxe, contra un estatuto diferente ao de Cataluña e Pais Vasco
que propoñían para Galicia, eu non acordo tanta xente na rúa nun
acto de protesta. Xa se empezan a mobilizar os profesores de Dereito
de Traballo e a firmar manifestos xa que a carreira de Relacións
Laborais poden suprimila. E unha volta a escravitude. Esperemos que
impere o sentidiño e modifiquen o texto no Parlamento. Se alguén
quere saber mais nese Blog do Catedrático de Laboral de Salamanca
podedes ler ese manifesto que firman moitos colegas sen necesidade de
ir a Salamanca para saber mais..El blog de Wilfredo Sanguineti
D).- Amnistía Fiscal.
Todos saben que hai fraude fiscal e a obriga dos gobernos e
perseguilo como se fixo sempre. A desmoralización que sofren os
técnicos da Axencia Tributaria é tremenda. Non pode sorprender
cando poñen a fronte da oficina antifraude a Dona Pilar Valiente que
estaba dirixindo a C.M.V. e colaborando co delincuente de
Gescartera Antonio Caamacho a quen condenou a Audiencia Nacional a
11 anos de prisión pola desaparición de 20.000 millóns de pesetas
que correspondían a 2.000 afectados. A asociación de técnicos
fiscais protesta con toda a razón do mundo:Para saber mais tamén
aquí:Gestha - Sindicato de Técnicos del Ministerio de Hacienda
Pois nada mais que
rematou o tempo. Saúdos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario