Antes
das puntadas sobre algúns temas de actualidade, mirados coas miñas
lentes de ver a realidade, merece o amigo Eduardo algún eloxio do
teor do dirixido xa por Fernando Ledo cualificando un dos seus
artigos como merecedor de
ser publicado non no BOAS (Boletín Oficial do Arzebispado de
Santiago de
(Compostela) senón no mesmo diario oficial do Vaticano.
A
min gustoume tanto o continente como o contido e tanto o fondo como a
forma. Xa me gustaría ter unha estilográfica como a de Eduardo.
Para min que escribe cunha Montblanc Meisterstuck que se considera
como das mellores do mundo. (ao mellor é polo prezo).Os nosos bics
de toda a vida non dan para mais. O
que admiro de Eduardo é esa visión irónica,fina sen caer no
sarcasmo, retranqueira e sátira ao estilo de Juan José Milllás ou
Maruja Torres, dos modernos,pero tamén de Góngora ou Quevedo.
Séguenos honrando,como ves facendo, que sempre é un pracer lerte.
Pois
indo ao gran comentarei estas cousas:
A,-
ABELLAS. Andan os apicultores alporizados. Non sei se Agraso
Carballido será un deses lectores que acceden a este blog. El leva
anos metido neste oficio e seguro que estará adoecido por esa
matanza planificada que, se alguén non o remedia, acabará con esta
riqueza ecolóxica que tanto beneficia a roda da vida que por nada do
mundo deberíamos consentir que a desequilibren.
Anda
estes días nos medios a noticia.Xunta e Aspadel (asociación de
fabricantes de pasta de papel e cartón) queren fumigar as
plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida,o
flusfenuron, nocivo para as abellas e que a Comisión Europea ,o 9 de
Febreiro pasado,decidiu prohibir a súa venda a partires do 1 de
Agosto.
ADEGA
denuncia que a Xunta e a patronal pasteira queren dar saída a este
produto velenoso antes de que careza de valor económico. O Sindicato
Labrego avisa de que os produtos tóxicos esparexidos desde
helicópteros e avionetas “"non só afectarán os insectos
tratados, senón que contaminarán o solo, os acuíferos e as fincas
veciñas” e por suposto as abellas. Queren empezar pola zona de
Melide e onte non autorizaron,a delegación do Goberno, unha
manifestación por non solicitalo coa antelación debida .Cheira mal.
A
asociación galega de apicultores di que “o 80% das plantas con
flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas,
e o 76% da nosa alimentación depende da presenza das abellas nos
nosos campos”
Xa
temos pragas abondo,noutras ordes da vida,para que tamén agora nos
veñan tocando o carallo con isto. Relacionado con isto está tamén
a manía da utilización dos herbicidas que no campo nun principio
rexeitaron pero agora, como non hai xente, utilizan sen ningún
reparo e o mesmo fan as empresas concesionarias de autoestradas e o
mesmo administrador das vías ferroviarias. Hai xa algún tempo
escribira o seguinte;
Quen
gobernou no século quinto ,na Europa Central, conta a historia que
foi cruel e bárbaro. Por onde pisaba a seu cabalo non medraban as
herbas. Hoxe algo semellante é o que fan os que administran as vías
do tren. Destinan 23 millóns de Euros ao ano a envelenar os
arredores dos dez mil quilómetros de vías cunha sustancia chamada o
glifosato.
Este
herbicida queima as plantas,contamina o chan e ten consecuencias moi
negativas para toda a vida vexetal pero tamén para os paxaros,as
abellas e o resto de seres vivos. Está clasificado como tóxico que
ataca os ollos,a pel e as vías respiratorias. A través das augas
superficiais e subterráneas que o arrastran entra na cadea
alimentaria.
Coa finalidade de evitar incendios acoden a este modo bárbaro de evitalos. Idénticos métodos utilizan para manter limpos os arredores das restantes vías de comunicación. Empresas e particulares tamén fan o mesmo para combater a maleza preto das edificacións. Pagarémolo algún día porque o fin non xustifica os medios. ¿Ou si?
Coa finalidade de evitar incendios acoden a este modo bárbaro de evitalos. Idénticos métodos utilizan para manter limpos os arredores das restantes vías de comunicación. Empresas e particulares tamén fan o mesmo para combater a maleza preto das edificacións. Pagarémolo algún día porque o fin non xustifica os medios. ¿Ou si?
B.-
BISPO REIG + HOMOSEXUALIDADE. Foi noticia pola Semana Santa e mais
agora cando a xuntanza de bispos en Conferencia. Ganouse unha
denuncia, ante o Xulgado do Penal,das asociacións de gais por
homofobia. Provocar e incitar ao odio de colectivos sociais. Meteuse
nun charco como xa o fixera anteriormente. E o Guerra Campos de hoxe.
Quéntanlle a cabeza e a el gústalle a parécelle que é o salvador
da cristiandade. Pensa que todos son así. E como o que vai por
dirección contraria e coida que os trabucados son os demais.
¿Por
que o escolleron a el para oficiar e non a outros mais cultos e
menos servidores dunha ideoloxía ?. O noso Andrés leva unha morea
de anos facendo a Misa na Galega e nunca lle faltou ao respecto a
ningún colectivo que eu saiba. Os cregos teñen que ser ilustrados
por iso estudan tantos anos. O Reig, ademais é mais novo ca nós.
Pasou pola Universidade pero esta non pasou por el.
Tivo
que saír como sempre o Cardeal de Barcelona a dicir que non todos
son o mesmo.
Os
homosexuais,tanto homes como mulleres, moito levan sufrido neste
mundo. E un dos colectivos mais castigados socialmente. A escoura da
humanidade. Sobre todo os homes. Este tema daría para escribir un
libro. Hai dous artigos que me chamaron a atención. Un é o de
Vargas Llosa que aveces o mesmo Vaticano pon como exemplo de liberal
e home de dereitas respectuoso da liberdade relixiosa. Respecto a
homofobia di o seguinte:La caza del gay | Opinión | EL PAÍS
Outro
é unha entrevista que lle fan a un crego que como moitos saíu do
armario,José Mantero quen parece unha persoa mais seguidora do
Evanxeo ca o propio bispo.José Mantero: "Monseñor Reig es un homosexual reprimido ...
Pois
mais nada que xa me pasei varios pobos. Réstame responderlle a
Eduardo quen son os que se meten con Queiruga. Ninguén,moito mellor ca min
para matar a súa curiosidade, é o que escribe o periodista Xosé
Manuel Vidal,antes crego moi querido no seu Ourense natal que ten un
blog en Religión Digital, con aportacións interesantísimas,amais unha colección de videos que cando non
haxa algo mellor para facer apréndese un montón de cousas
mirándoos. Aí podes ver quen son os que perseguen a Queiruga.Que den la cara los obispos y teólogos promotores del "aviso" a
Por
hoxe mais nada. Metín a directa e xa levo un lote de temposentado
ante o computador. Saúdos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario