As Letras Galegas non morren, mentres algúns, estemos a chafullar nelas.
BELDOÑA
¿ Que vos vou a dicir eu de Beldoña ?. Se Beldoña, non é tan so o meu nick, senón que é unha caixa de sorpresas gardadas nun fermoso val, circundado e custodiado por unha frondosa vexetación que fan, daquela terra, ó paraíso das Mariñas.
A etimoloxía do seu nome, polo menos pa min, debe ter a súa orixe no latín: BEL (bela) DONA (dama), e, se non fora así, debería selo, pois é á máis guapa aldea da comarca .
A miña doa, TITA, naceu alí, e, contaxiouse pola fermosura daquel lugar, afincado no municipio de Abegondo. Sorte que tiven, pois, dese xeito, puiden mellorala miña descendencia, dándome a cambio catro fermosos fillos, cuspidiños a súa nai. Ó único “defecto” que ten, e que é un pouco berrona, coma tódalas mulleres ( con perdón). Dende que ás botaron do Paraíso, e tiveron que patexar ás rúas pa mirar escaparates, sen mercar, non dan abasto a mallarnos a “zapatazos”, coa lingua…( vanme a matar) .Por contra, cala de contado, e imprime, pa iso, máis saleiro na aspiradora, rematando axiña. Cando desenchufa ó aparello, xa non recorda ás causas das súas cantareiras ó sol.
…Prosigo...Esa aldeíña, situada a oito km de Betanzos en dirección Mesón dó Vento-Ordes-Santiago,…está a catro toques de balón dos campos do Deportivo, e ten moi poucas casas, mais, todas elas, cusquiñas e espalladas por un lugar rodeado de piñeiros, carballos, bidueiros, e, moitos, moitos árbores froiteiros: pereiras, maceiras, figueiras e, sobre todo, cerdeiras… Terras de labranza onde ó millo, ó trigo, ás patacas, ós tomates, as leitugas, e, outro longo etcétera, fan, dese recuncho, unha despensa agrícola sobranceira dos mais exquisitos manxares daquel chan… e ,de paso, do meu conxelador.
Outro novo inciso. Vouvos á contar unha anécdota que lle pasou á miña nai, recen chegados a Abegondo, á onde, o meu pai, fora destinado como secretario xudicial: resulta que, certo día, mandou un rapaz pa que lle levara un recado, e, de recompensa, doulle unha fermosa mazán. O mensaxeiro votoulle unha ollada, colleuna , e zapateouna, por contrariedade, contra a parede da nosa casa.
Neses intres, a miña proxenitora, non comprendeu ben aquel desprezo; mais, co tempo, puido coñecer que, agasallar cunha mazán a un neno en Abegondo, era coma pagarlle o recado cunha sardiña á un camariñán. As cousas valen dependendo á fartura ou escaseza do produto, e, segundo o lugar onde estes á vivir.
Si, amigos, estas terras son outro mundo, na súa forma de ser e de pensar.
Está cruzada, esta segunda patria, polo rio Barcés, que desauga no pantano de Cecebre; augas das que bebemos tódolos coruñeses.
Nel pesquei á miña primeira troita, poñéndome de espantallo de cara o río, e agardando á que me picasen.
Eu, que estaba afeito á cargar o cesto nas augas da nosa ria, non comprendía, como era posible pasar o día enteiro, e, tan so, levar ó lombo un cesto de vimbia cheo de aire, e cunha descoidada “arco iris” de merda. Pois, tamén nisto, era diferente o lugar. No rio ou no mar, tes que axeitarte á outras artes ou maneiras de ser e de obrar, que, tamén, tiven que aprender, se quería matar o meu enraizado antollo.
Co tempo, funo superando pouco á pouco, á base d´engordar á miña ilusión, coa fantasía que nunca me faltou. E, situándome no medio d´Area da Vila, cun cachiño de boroa, pingado coa graxa dunha sardiña, ala polo mes do San Xoán, os meus pes estaban a escaravellar de gozo polas areas… ata que, os estoupidos dos foguetes das festas de Crendes, botaban por terra das Mariñas á miña va ilusión.
Por todo que vos estou a contar, non podería ser d´outro xeito o nome da miña lanchiña nin o do meu nick, se non quería ser vítima d´outros berros máis atronadores, por parte de quen me sen, coas consecuencias incalculables, que, a miña falta de sentido, me puideran carrear.
Pa rematar, se algún día pasades por esa estrada, á altura do Cruceiro de Beldoña, parade e enchede o coche de froita, que, as xentes do lugar, agradeceránvolo ( sen que vos vexan)
Antonio Puertas
Leote no Feisbu como din os rapaces,non feisbul como dixo Rajoy,e pensei que mudaras de editor.Xa vexo que non.Segues facendo méritus para cando demos os premium e os accesit.Como di Manolo Rivas,un dos grandes traducido a case todos os idiomas,a mellor maneira de honrar as letras e contrabandeando e mais estraperlando con elas como fas ti de modo maxistral.Saúdos Antonio. Rafael
ResponderEliminarLeote no Feisbu como din os rapaces,non feisbul como dixo Rajoy,e pensei que mudaras de editor.Xa vexo que non.Segues facendo méritus para cando demos os premium e os accesit.Como di Manolo Rivas,un dos grandes traducido a case todos os idiomas,a mellor maneira de honrar as letras e contrabandeando e mais estraperlando con elas como fas ti de modo maxistral.Saúdos Antonio. Rafael
ResponderEliminarRafael, a min inda me quedan moitas follas por emborrear, pa chegar a altura da vosa escola.
ResponderEliminarO galego que nos ensinaron os nosos mestres, na práctica, fora nulo de solemnidade. Por iso, os galardóns que me ofreces, déixovolos para algún de vos, que sodes mais merecentes que eu.
Grazas, amigo
Antonio