A MIÑA PRIMEIRA NANA
¡ Hai ! miña nana, naniña,
naniña da miña estancia,
cantar da miña naiciña
que esquecín na miña infancia.
Cos morniños dos biquiños
e a dozura da mirada,
adormentan meus olliños
en lustre nana dourada.
-Durme luceiro da alma,
que eu estarei sempre en garda
nesta durmiñada cama,
coma un anxiño vangarda -
¿Que foi daquela naniña,
túa cantareira oufana… ?
¡ Hai, queridiña naiciña !
volve a cantarme esa nana.
Antonio Puertas.
Es o bardo camariñán por antonomasia.Algún dia terán que darche os honores que mereces.Grazas a ti o taboleiro ten vida de seu.A ver se mañán argallo algo en prosa.Xa sabes que a min a poética gustame leela pero nunca compuxen nada.As musas despois de Belvís soamente visitaban a Rial Varela e o finado de Mosquera Villar.Tamén algo a Eduardo Seco que versifica tamén moi ben.Un saúdo Antonio.
ResponderEliminarGrazas, compañeiro e amigo...mais, non merezo tanto honor. Se, acaso, ó de ser tan pesado coas miñas achegas, jajaja.
ResponderEliminarUnha aperta
Antonio Puertas