Chámaselle así a
fiestra que conta con dous asentos aos lados para sentar e ollar pola
ventá ou para falar con outra persoa que se senta enfronte. Típica
das casas grandes,pazos,castelos ou mosteiros. Para nós son moi
familiares as de San Martiño Pinario que había en tódalas ventás
se non me falla a memoria fotográfica.
Mutatis mutandis, nas
coordenadas actuais, hoxe chama a atención poderosamente que aqueles
parladoiros que tiñan esa funcionalidade e que seguramente a
cumpriron durante séculos, posteriormente no Regulamento de alumnos
do Seminario de Santiago se prohibise: ”Esta terminantemente
prohibido asomarse a las ventanas que miran a la calle y arrojar
papeles u otras cosas por ellas”(Art.86 do exemplar do ano 1951 que
garda Manuel Felpete e que teño no meu poder,cedido gratuitamente,
coa obriga de devolverllo).E unha curiosidade e nada mais por
comentar algo.
Como se trata de deixar
uns comentarios voume referir a algunhas cuestións,sen ningunha
orde,e como estamos no parladoiro sen outro método e interese que
comentar algo do moito que pasa na actualidade.
A finais do século
pasado,en plena efervescencia das chamadas empresas “punto con”
que fixeron ricos a moitos pillos ,(nas crises igual que na posguerra
incivil co estraperlo hai xente que se fai millonaria), apunteime a
un curso na Universidade da Coruña sobre comercio electrónico.
Describían o mundo de internet como as autopistas da información na
que esta circularía dia e noite, dun extremo a outro do mundo á
velocidade da luz,estando ao alcance dun clik. Isto daquela chamaba a
atención. Os que tiñamos internet,a través de “arrakis” e
telefónica,se mandabas unha foto nun correo esperabas media hora a
que chegase. E para abrir unha páxina había que armarse de
paciencia.
Hoxe a información que
nos ofrece a rede,de todo tipo, é case infinita. Consecuencia: Xa
non prestamos atención e incluso nos marea tanto saber. Ademais á
cantidade xúntase a calidade. Refírome a que hoxe hai informacións
que hai días ou meses sería inimaxinable. Os amoríos do Rei. A
corrupción na casa real. As vinte semanas caribeñas do Presidente
do Tribunal Supremo e mais do Consello Xeral do Poder Xudicial. A
destitución do Presidente do IOR o responsable das finanzas do
Vaticano. O prendemento do fámulo ou mordomo do Papa. Non hai
diñeiro para o importante e necesario pero sobra para darllo a
fondo perdido en cantidades exorbitantes as entidades financeiras. O
señor Rato o autor do milagre económico dos tempos do señor Aznar
que ía salvar a economía española e mais Bankia fai mutis polo
foro e deixa ao Presidente feito un lío. Os reitores de Universidade
que plantan ao Ministro. A lista e infinda.Non sigo porque como o
falar non ten cancelas tampouco hai que aburrir aos posibles
lectores.
Indo a outra cousa debo
darlle as grazas a Andrés por facilitarme a asistencia á
conferencia de Garcia Cortazar. Antes,como vin que duraba os tres
cartos de hora de rigor,informeime de quen era o conferenciante. Está
a un clik en Wikipedia. A pesar de que é membro do padroado da
Fundación DENAES martelo de herexes,para eles son todos os
nacionalismos periféricos entendidos en senso lato, escoiteino con
atención e saquei a conclusión de que é un ilustrado como bo
xesuíta,sabio,traballador, e que non fai mal escoitalo pese a que a
razón é tan grande que chega para todos e ninguén ten nunca toda a
razón nin a razón en todo. Seguro que ao Padre Arrupe o faría
sufrir bastante o os finados Padre Llanos, Diaz Alegría, Ellacuría
e Sobrino disentirían en moito pero a caridade cristián uniríaos
tamén.
Debo darlle as grazas
a ao outro Andrés L.Amboage polas reflexións que nos fai. Penso que
son sabias e acertadas. Os obxectivos finais de ter unha sociedade
xusta e solidaria,un mundo mellor con corazón e sentimentos é algo
polo que cada un a súa maneira loita desde moitas ópticas
ideolóxicas. Eu xa me convencín, despois do vivido,que será algo
inalcanzable. O mérito está no intento, no camiño. O bo é que
non se apague a vela e seguir o camiño. Se nós non o vemos virán
outros que si estarán mais preto. Así que Andrés lémoste e
compartimos os desacougos que a realidade nos impón.
A Eduardo, recoñezo que
me prenden as súas entradas que releo sempre,parabéns. No que estou
en desacordo é en que lles de ideas aos manipuladores das tesoiras.
Como nos dicían hai anos,cando aos alumnos lles informabamos dos
seus dereitos para asociarse e reclamar, os demais profesores que
lles incomodaba esta postura: ”Si hombre tu dale ideas que ya verás
a donde nos va a llevar. De aquellos polvos vienen
estos
lodos” ameazaban á dirección por non impedir o asesoramento. O
que temos que facer é caparlle as tesoiras como se ve nesa imaxe.E fácil .O cadeado debe ser o xusto. Nin pequeno nin grande.
Chamoume
a atención este vídeo de Arguiñano que reflexa o que acontece na
cabeza de moita xente normal que non entende o que está a pasar e
que está alporizada e furiosa.
Pois
mais nada. Ponse un a escribir e hai leria para Rato. Deica a
próxima. Hoxe a Coruña está engalanada con bandeiras do Deportivo
igual ca, vai para dez anos, estivo coas de Nunca Mais. Que gane o
“selta” e mais o depor. O dito. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario