Na véspera do
cuadraxésimo noveno ano en que se ven celebrando o día das letras
galegas, coa solemnidade que merece, parece necesario deixar un
comentario sobre tan sinalado día. Este ano adícase a D. Valentín
Paz Andrade. Foi un ilustre galeguista polifacético. Xurista,
político, empresario, escritor, economista, poeta. Emprendedor de
Pescanova. Dou moito traballo aos mariñeiros dos pobos da ría da
Arousa e da provincia de Pontevedra. De termos moitos Valentíns e
Isaacs a este bendita terra outro galo lle cantaría. Os bos e
xenerosos galeguista crearon moito para os demais pero a meirande
parte deles non tiveron familia pese a estar casados. Agora coa
wikipedia poñedes o nome de cadanseu e chama a atención
o pouco prolíficos que foron. D Valentín tivo un fillo. Tampouco as
súas empresas tiveron moita sorte. Os fundadores tiñan tantas
cousas na cabeza que logo se decataron os que os arrodeaban e
aproveitaron para facérselle arteiramente coa maioría das
participacións sociais para quedarse con elas e repartirse os
beneficios. Pasoulle a D.Valentín, pasoulle a D.Isaac, pasoulle aos
primitivos “Fuxan os Ventos” e a historia dos egoísmos repítese.
Como di Alonso Montero mentres un andan na poesía outros andan no
vil metal.
Hai un video feito para
a ocasión en “You tube” que se ve con gusto:
Sirva de recoñecemento
ao homenaxeado
Hai tantas cousas que se
poderían comentar que un xa non sabe por onde empezar. Tempos
revoltos. A lei de Murphy parece que non falla. «Si algo puede
salir mal, saldrá mal.» Como lin que dixo o ex bispo de Vigo,
cando saltou á prensa a operación retablo. “Se levan tanto tempo
gravando será mellor que Deus nos colla confesados” O sumario
dorme nun xulgado de Santiago e cada vez que o colle un funcionario
quéimalle nas mans e volta para o estante correspondente. Pásalle
como o do Prestige que vai para dez anos e non se sabe a data de
comezo. Os xuíces que lles correspondería declaráronse
incompetentes e o Tribunal Superior de Xustiza terá que estudar o
asunto sen presa ningunha,Se esperou dez anos ...
Cambiemos de tema. Dicía
Fernando,aproveito para mandarlle un saúdo,se habería que meter os
cartos no colchón. Está demostrado que é perigoso. Pode producir
desviacións de vértebras e secuelas invalidantes.
Aí vai a proba
documental
Para, agora que ven o
tempo de ir ao mar e a praia, concienciarse da importancia de non
tirar nada vale moito esta imaxe:
Para protestar e dicirlle aos que nos gobernan que andan trabucados vale esta imaxe que tamén me chamou moito a atención:
Saúdos para todos que
hoxe non ando moi ben de tempo. A ser bos e xenerosos como foron
algúns dos nosos antepasados. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario