Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 18 de abril de 2014

Obituario

Comunícame o noso compañeiro Agustín Dios que recibiu unha chamada de Senín dándolle a triste noticia do falecemento de Victoriano Freire López. Xa todos eramos coñecedores de que levaba tempo loitando cunha enfermidade grave. Con bo ánimo e coa axuda da medicina foina superando admirablemente. O ano que tivemos a xuntanza no Mosteiro de Armenteira, Setembro de 2011, estaba moi afectado polas sesións de quimioterapia pero cunha confianza enorme en que sairía adiante.

Pois, ademais da sempre triste noticia que supón perder a un compañeiro de aqueles medio milleiro de “muchachos” que poboamos Belvís, a cabalo dos finais do 50 e comezo dos 60,esta nota é para informarvos de que está de corpo presente no tanatorio que está moi preto da casa cuartel da garda civil de Padrón, na estrada que vai de Padrón a Iría. O enterro será ás 5 e media de mañá Sábado na Igrexa parroquial de Herbón. Está moi preto do Convento onde tamén un ano tivemos a xuntanza do verán.

De aquí da Coruña iremos un grupo de compañeiros. Se alguén está interesado que se poña en contacto con Agustín ou con este escribinte antes das 10 da mañá. Sairemos sobre as 11 do Burgo .Mais nada. Un saúdo para todos os que vos asomedes a esta fiestra e verémonos mañá os que acudamos a acompañar a familia e darlle un Adeus ao compañeiro Victoriano. O dito. Rafael.

viernes, 11 de abril de 2014


De memoria

 

“Todos se queixan da súa memoria, pero ninguén se queixa da súa intelixencia”

François de la Rochefoucauld.

Quizais teña razón este francés do século XVII, alomenos entre os que superamos os 60 cucos.

É curioso, porque a memoria é a facultade máis fácil de suplir: cunha nota de compra para o súper; cunha axenda, de papel ou electrónica; co teléfono ou co ordenador, que ten memoria RAM e mais doutro batracio que non lembro. Acabo de queixarme da memoria, sen querer.

A intelixencia, pola contra, non é doada de substituír, basta tratar cun ordenador, a máquina máis intelixente, para comprobar que absurdo se pon ás veces.

Máquinas humanizadas / humanos robotizados

Lendo información sobre investigación biométrica, entroume a dúbida de se camiñamos cara a máquinas máis humanas ou se nos estamos volvendo humanos robotizados. Pode que coexistan as dúas tendencias como metáfora paradoxal da actividade humana.

De feito, cando alguén che cae ben, conectas con el.

Cando algo non che interesa, desconectas.

Se algo te cabrea, acéndeste.

Se che tiran do xenio, aceléraste.

Cando es bo en algo, es unha máquina.

Cando estás tolo ou fas tolerías, fáltache un parafuso.

Se fas un disparate, crúzanseche os cables.

Se estás eufórico, estás coma unha moto.

Unha muller guapa está coma un tren.

Se camiñas de présa, pareces unha bibicleta.

Se paseas rápido, diche o/a acompañante: pisa o freo, chaval.

Se comes moito, es un muíño.

Se rebates con argumentos contundentes, es unha apisoadora.

O director de algo é o seu motor.

Un pesimista está desinflado.

Se cambias de idea, mudas o chip.

Cando te concentras, estás enchufado.

Se estás esgotado, non tes pilas.

Un impotente non ten batería.

Dise de certos homes que perden aceite.

O cerebro é un disco duro.

As orellas son antenas (parabólicas as do príncipe Carlos).

Se non entendes algo, non carburas.

Se todo marcha ben, vai sobre rodas.

Se consegues un traballo grazas a alguén, é por enchufe (trifásico nestes tempos).

Non vas ao médico, tes cita  na ITV.

Estás enfermo? Non, é unha revisión de chapa e pintura.

Ante unha impertinencia dicimos: Non me toques as buxías!

Hai máquinas que teñen función renal.

Úsanse mans e pernas ortopédicas.

Engraxamos as articulacións artríticas con 3 en 1.

Moitas actividades realizámolas automaticamente, con piloto.

Algúns corazóns laten con marcapasos.

Implántanse corazóns artificiais.

Tentamos curar contracturas musculares e pinzamentos con estimulación eléctrica.

Representamos unha idea brillante cunha bombilla acesa. 

Transmitimos enerxía positiva ou negativa. Somos positivos ou negativos, coma os polos dun imán ou do fluído eléctrico. Hai casos de trastorno bipolar.

A linguaxe non é neutra. As palabras son femininas; os palabros, masculinos. Os exemplos son simples metáforas ou expresan inconscientemente unha realidade?

Hai uns 30 anos que Steven Spielberg se adiantou con El chip prodigioso a un mundo que está aquí, o da micro-robótica e da nano-robótica, con experimentos que parecen de ciencia-ficción.  Paralelamente aos trasplantes de órganos vivos, fabrícanse partes artificiais do corpo, repostos humanos: próteses oculares, corneais e de mama, implantes cocleares, marcapasos de corazón, corazóns artificiais, bombas de insulina, vasos sanguíneos sintéticos e articulacións artificiais. Pero a bioloxía tamén pode sintetizar vida nun laboratorio, como o xenoma completo dunha bacteria, no 2010, a partir de produtos químicos de bote. Os enxeñeiros da vida poden crear material xenético dun ser vivo. A vida artificial poder ser unha realidade; dun laboratorio poderán saír enxendros que antes non entraran, como escravos humanoides robotizados. Poderá tamén o bioxenética extraer o xen/cromosoma da violencia que nos afecta aos humanos de toda a vida?

Hábitat espialidoso     

Necesitamos a memoria para recordar os contrasinais (na mili Santo y seña), na cibernética PIN e PUK. Cun contrasinal podo abrir o ordenador, entrar no blog e no correo electrónico, abrir portas, sacar/meter cartos nun caixeiro ou consultar os mevementos, entrar na páxina de Mundo Senior (Imserso) ou imprimir unha tarxeta de embarque. Vivimos baixo a sombra sospeitosa dos contrasinais, chiscadelas ao segredo, que me dan seguridade e confianza como o resgardo dunha consigna. Vivimos nun hábitat infestado de virus e espías. O ordenador deixaría de funcionar sen programa antivirus. Hai programas de interceptación de contrasinais que tentan descubrir os nosos segredos con guerreiros troianos tan valentes coma o Eneas e o Héctor da Ilíada.

Para non cargar a memoria con tanto PIN e facilitarlle o traballo, hai quen unifica todos os contrasinais das tarxetas bancarias, do correo electrónico, do teléfono… Quizais deixen a personalidade  plana, sen curvas secretas, ademais de facilitarlles o traballo aos piratas informáticos.

Benvida, pois, a investigación biométrica, a máquina humanizada, case humana, que nos recoñecerá co seu frío ollo de vidro. Porque calquera segredo é moi fráxil; calquera contrasinal é odioso porque nos fai depender da memoria. Se algún día a memoria se esfuma, que será dos nosos PIN, da nosa vellez desmemoriada?

A memoria está desprestixiada, referímonos despectivamente a un estudante chapón, admiramos outro con sobresalientes e poucas horas de estudo. A pesar desta tendencia, a memoria interésanos moito, porque dela dependemos, da memoria individual e da colectiva ou histórica.

Memoria colectiva

O mesmo Franco potencioou a memoria histórica. Foi o primeiro en pedir un censo de desaparecidos da guerra, o primeiro en encargar a expertos un protocolo de exhumación, e o único en preservar por lei fosas comúns, para que nunca se puidese construír sobre elas. Múltiples leis, decretos e ordes publicados no BOE desde 1936 mostran a preocupación de don Francisco por honrar as vítimas da guerra, mortas “gloriosamente  por Deus e por España”.

Tamén quixo atender as aspiracións dos familiares de recuperar das fosas comúns os corpos onde xacían. Cunha lei de maio de 1939 facultou os concellos para non esixir os impostos que “gravan inhumacións, exhumacións e traslados de cadáveres, vítimas da barbarie vermella, obedecendo á verdadeira necesidade de render a última homenaxe de respecto aos restos queridos de persoas asasinadas en circunstancias tráxicas ou mortas na fronte”.

Outra Orde de 1940 publicaba o modelo de acta de exhumación, que incluía a expropiación temporal dun terreo, cando os restos estivesen en fincas privadas e a declaración do lugar de “terra sagrada”.

Tamén se concederon xenerosas pensións ás vítimas, que terminaron formando unha elite de vencedores.

Por falta de memoria non se acordaron das vítimas do outro bando, do bando non golpista, do que podemos coñecer retallos no libro de Cátedra  Las cartas de la Pirenaica. Memoria del antifranquismo.

Recórdavos isto unha lei máis recente  ou xa perdemos a memoria do máis inmediato?

Ian Gibson define España como “un país amnésico que non recoñece a súa historia”.

Pero saímos gañando, segundo Henrique Rojas:  “A felicidade consiste en ter boa saúde e mala memoria”.

Por desgaste da neurona

esquecemos o inmediato.

Caso grave o da Borbona,

sen memoria de socato.

Máis penoso é esquecer

a historia do franquismo,

botar a lingua a pacer

vestidos de triunfalismo.

 

Saúdos  e devotas procesións.

Eduardo.

jueves, 10 de abril de 2014

A miña aportación de hoxe a RG, Programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo:

A NOSA SEMANA SANTA

Sendo eu rapaz, lembro que case toda a vida do meu pobo xiraba entorno do mar e da  igrexa. Así, quixera plasmar aquí, de modo superficial, algunha das miñas vivencias daquel entón; se cadra, algo distorsionadas por causa do tempo transcorrido. Con todo, esta historia, pretende dar a coñecer a intrínseca esencia da semana santa gardada no meu recordo.

Mágoa, que, algunhas costumes e usos, foron perdéndose por mor de non ser narradas i eloxiadas por quen vivimos naqueles mundos da pos guerra.

Todo comezaba coa Coresma; eses corenta días que van dende o mércores de cinza, ata o domingo de resurrección.

Os acontecementos relixiosos por excelencia da paixón e morte do noso Señor, foran todo un fermoso espectáculo, onde o pobo enteiro era un protagonista activo naqueles incomparables actos litúrxicos, semellantes en esplendor aos das terras andaluzas.

Se, o longo de tódolos venres do ano non podías comer carne, non xa porque no na houbera, se non mais ben e sobre todo, porque era a Coresma, quedabas dispensado pa sacar das salmoeiras os anacos do cocho que ían quedando- manxar prohibitivo na meirande parte das casas - e, coa Santa Bula, xa podías ir xantando coas puntas dos rabos ou das orellas dos bacoriños empozados nos salgadoiros. Enfermos, persoas de idade avanzada ou nenos, tamén quedaban exentos do xaxún da carne. Pagar décimos e primicias, era sagrado, se desexabas seguir formando parte da igrexa dos bautizados.

O cura ou o sancristán, eran os encargados de ir anotando nun libro a quen quedaba  dispensado, acreditándolle o permiso cun certificado de liberación. Tamén é certo de que a moitos, tanto lles daba aquelo, afeitos como estaban a fame da posguerra.

Á raíz do Concilio Vaticano II, todo iso quedou abolido, agás a vixilia xeral nos Venres Santo e Mércores de Cinza.

Dende tempos inmemoriais, en nada mudaron os fundamentos en si da Semana Santa, tan só no superficial e no modo de celebrar aqueles misterios de fe.

A liturxia era en latín; o cura misaba coas costas de cara o público; a igrexa permanecía totalmente cuberta de panos morados, que agochaban os rostros dos santos en sinal de loito; o Monumento montábase no altar maior, en medio dunha suntuosidade extraordinaria, con semanas de antelación… unha verdadeira obra de arte, era aquel improvisado altar noso. Unha xoia da carpintería clásica que, ano tras ano,  noso paisano, ó Catalán, encargábase de engalanar aquela románica obra do século XVIII, até rozar o trono do noso patrón San Xurxo. As escalinatas, engalanadas de veas e de cirios, amoreados en torno ao trono sagrado, deixaban tan só un estreito carreiro central, por onde subía o cura pa expoñer a Forma Sagrada. Cánticos de loanza e adoración a Cristo consagrado, enaltecían a fe dos alí presentes.

O Xoves Santo, oficiábase a misa solemne co lavatorio de pes, e a conmemoración do día do amor fraterno, en latín (sempre en latín) coa participación dos curas de Cereixo, Xaviña, Ponte do Porto e Camariñas.
As figuras da Virxe dos Dolores, ou a do Nazareno portando a cruz, cos xudeus vergallo en man, e o Cireneo axudando a Cristo, nada tiñan que cobizar en fermosura a tantas outras estampas das procesións nacionais, espalladas por España adiante. Tan só as imaxes de Salcillo, teñen comparanza coas tallas de Don Xosé Ferreiro; aquel artesán relixioso de Noia, contemporáneo do noso templo. Incluso hai que di, que fora discípulo do murciano, e que chegara a superar ao seu mestre no oficio.

Ninguén desexaba faltar aos actos litúrxicos; incluso os non crentes non querían perder aqueles espectáculos, sen parangón ao longo do ano.
O silencio aterrecía, e, as xentes, portaban os fachucos prendidos na palla, … veas coroadas de cristal; candis penitentes acompasados co balanceo do camiñar; espadanas engalanando as estradas; e ¡ tantas cousas mais !… Namentres, os rapaceiros corrían dende Buría ata o Curbeiro, pa non perder detalle de canto estaba a acontecer. Os cánticos, implorando perdón polos pecados cometidos ó longo do ano, facían tremer as conciencias mais pecadentas; e, a debilidade da carne, purgábase con lategazos que un mesmo descargaba no seu propio corpo doente, durante ó longo percorrido.

Nos oficios do Venres, os frades- case sempre dominicos (aínda lembro ao Padre Victor…)- dende o púlpito, facían chorar amargamente ao pobo, amosándolle que fora el o cómplice do asasinato mais inxusto da historia.
O Evanxeo da paixón de Cristo, líase enteiro, e, ao chegar o momento de..." y dando un gran grito entregó al Padre su espirito..." o templo enteiro explotaba nun atronador son de carracas e zambombas, namentres golpeábanse portas e bancos sen parar...Os mais pequenos, comezaban a chorar asustados, ante aquel súpeto estoupido infernal, onde todo barullo estaba permitido, pa que o pobo puidera comprender mellor o que acontecera en Xerusalén, cando o veo do templo rachou e a terra estalou, tras a morte de Xesús.

Todo estaba consumado. Os pecados redimidos, e os pecadentos, dando golpes de peito, corriamos pas nosas casas tremendo de medo.

A traxedia remataba o Sábado de Gloria coa bendición do lume e a auga. Entón, todo quedaba novamente esquecido. As campás estouraban de ledicia coa resurrección de Cristo; rachaban o seu silencio de tres días repicando á gloria, e, por todo alto, había que esquecer aquel pesadelo cunha gran festa.
I, esa festa, xa estaba inventada, dende séculos atrás, polos nosos devanceiros. Nada mais alto que a nosa Capela do Monte, pa dicirlle ao mar e ao vento de que aquela angustia rematara felizmente. Que a vida e maila morte, arrancaban de novo entrelazados polo medio do cosmos, dende que a Palabra estoupara, por non ter cabida dentro do cacho das tebras. E, aquel descomunal bramido no medio da nada, segue mantendo vivo o seu palpito sideral polo universo adiante, pa darlle vida. De igual modo que as ondas sosteñen a fauna e a flora do mar co seu eterno balanceo anovador.

A morte, ha ter o seu momento cando o cosmos deixe de palpitar sincronizado, a causa do stop no cataclismo do universo. Entón, volveremos a ser NADA… até que o gran Espírito volva a chisca-la pedra que inflame un novo mundo outra vez mais.

A nosa ledicia, tamén, tiña que ser viaxeira i explosiva, coma as ondas do ceo e as olas do mar. Expandir o gozo mais ala da costa bravía, brandindo o estandarte da Virxe do Monte, pa dicirlle ao mundo enteiro de que a vida segue… de que aí está a Nai dos homes, peregrinos da terra, pa calma-las marusías, i pa acollernos a todos nun  brazado polo medio da tempestade.

Antonio Puertas

 FAENA MARINERA

Por los cielos errante va la estrella;
 ruboroso el ocaso con su solaz;
somnolencias de nácar en la arena;
murmullos expectantes, silencio y paz.

Rocío del firmamento en lunas llenas,
que a remero y barca empapan al faenar;
candilejas en aguas de sirenas;
luminiscencias de remos al bogar.

Con ahínco espantan sus chapoteos
a las sombras que se quiebran al pasar,
 por los aires afloran los deseos
con sus ansias de volar… y volar.

Las penumbras cierran el mar abierto;
 las farolas iluminan el portal
de la niña que lo aguarda en el puerto
con labios de perla y ojos de cristal.

Con premura cobra sus  aparejos
encendiendo las entrañas de la mar
…tesoros de ensueño- por los reflejos-
los atrapa con sus redes al izar.

Relatar quisiera cuanto allí ha visto,
y hasta su puerto se afana por llegar;
un destino, tal vez, jamás previsto,
aquella noche lo ayudó a regresar.

Antonio Puertas.

Todos los derechos reservados
























domingo, 6 de abril de 2014

CASTIGAR O PETO

Algunha vez un lévase unha pequena alegría. Isto cambia o estado de ánimo e pásase de ver todo negro a velo gris. Isto foi o que me pasou a min despois de asistir dixitalmente á conferencia dun comandante da Garda Civil,home novo e coas ideas claras, sobre como perseguir á corrupción a mais aos corruptos. Teredes escoitado coma min que o do cárcere é un atraso. Por riba hai que mantelos e se teñen cartos viven a corpo de rei. Comprobeino eu e mais un grupo de amigos. Xantando nunha polbeira de Mugardos,hai anos, que sabiamos que eran os que lle servían a comida ao golpista Tejero e dixéronnos,o dono da polbeira, que era verdade. Que todos os días mandaban aquelas viandas que lles pedían a que pagaban como bancos. Enumeráronnos o que lle servían e o prezo nunca era problema. Se os percebes ían a 5.000 pts o KG era igual e o mesmo o rodaballo ou calquera carne ou vianda que lle apetecer ao recluso que sempre trataban conforme aos honores militares que lle correspondían. Hoxe no réxime penitenciario teñen un límite para gastar no economato pero os paquetes sempre,cun límite, puideron recibilos. Este comandante explica como hai que facer para que os corruptos teman as condenas. Incautar os bens e patrimonio que non acrediten e proben que corresponden a actividades lícitas. Hoxe xa está admitido que as persoas xurídicas,sociedades “etiam potest delinquere” a contrario do que ate pouco era axioma xeral que “societas delinquere non potest”.Isto escríboo para que teñades interese en escoitar ao comandante que se explica como un libro aberto. O que queira por suposto. Vivimos nunha sociedade libre. Hoxe xa pouco se escoita aquilo de non confundir a liberdade co libertinaxe.

Vede e escoitade a referida conferencia .Dura un tempo prudencial no que se pode manter a atención. Que cadaquén quite as conclusións pertinentes:




Pois nada mais. Durante a semana se fago xeito,hai que facelo senón nunca se ten,tratarei de facer memoria de cando hai mais de medio século andabamos por Belvís. Saúdos a todos os que andedes por estas paredes ou muros. Rafael

jueves, 3 de abril de 2014

O de hoxe na RG- Programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo:

A QUINTA DO 57

O sufoco do verán estaba xa tocando a seu fin. Os preparativos de ingreso, a punto, despois de ter pasado pola miña casa o emisario da xastrería Porto pa tomarme as medidas, e, así, poder lucir as novas sotanas co meu corpiño esmirrado de rapaz. Os libros de texto, mercariámolos, logo, no propio economato do Seminario. E, finalmente,  os derradeiros en acudir, éramos precisamente nos: una morea de nenos de tódolos recunchos e de tódalas condicións sociais de Galicia, pa completar aquel monumental formigueiro de sotanas remangadas nos mellores momentos de fedello do noso corpo inquedo.

As pedras recen talladas, lucían coa imaxe mariana de nosa Señora da Asunción, naquel colosal centro de humanidades, inaugurado no ano 1956 polo cardeal ourensán Don Fernando Quiroga Palacios. E, san Martiño Pinario, quedaba, pois, aliviado pola cantidade de rapaces que pasaran a formar parte do flamante edificio de Belvís. Nunca tantos corviños pisaran o seu chan na historia de Compostela.

E, aló, en torno a festividade da Pilarica, arrancaban as andanzas da QUINTA DO 57.

Naqueles primeiros días, polo monte Pedroso, ouveaban os cans acirrados polos estoupidos das escopetas e pola algazara dos cazadores. Unha nova temporada, espertaba en min a saudade dos momentos felices compartidos co meu ben querido pai, cando  abeirábamos aniñados polas carballeiras do Castro, ou agochados tras os muros seme derruídos da Xesteira dos Pardiñas, agardando a que o meu canciño Tuno, meteranos os coellos a tiro de chambóns fogueteiros.

 O seminario menor, contaba con dúas comunidades ben diferenciadas, onde os nenos compartíamos cuartos e aulas en colectividade. A capela, cunhas elegantes i esplendorosas vidreiras de cores con estampas de santos, facían de fronteira coa comunidade de maiores, onde cursaban de terceiro en adiante; a meirande parte deles, achegados de san Martiño Pinario ou do internado de San Roque.

Os comedores eran, tamén,  independentes, sen que ningunha das colectividades tiveran trato directo, a non ser en dias moi sinalados ,con actos multitudinarios esporádicos, e solemnidades por onde todos pasabamos.
O xantar, serviámolo recollendo cada un o seu prato, que chegaba virando a través dun torno conectado coa cociña, onde, unhas monxiñas, cociñaban as escasas viandas que por aqueles tempos de fame había.  Lentellas, ou fabada sen chourizos- mágoa que tamén ,entón,  foran tan agudos pa saír voando dos pucheiros sen deixar rastro- .
A carne, esa dama descoñecida, paseábase garbosa  facéndose de rogar, colándose nos días de festa a forza dentro do pote. E, cando saía, estaba feita unha “desjrasiada “ fora alma, por tanta cara dura que tiña a hora de roela. Galiñas, a verdade, eu, no nas vin, a non ser que o raposo paseara con algunha pola porta d´atrás.

Un dia, estaba eu devorando unha ración de garavanzos, e, sen desexalo, rocei coa fonte, que estalou en mil anacos…
-¿ Como fixeches iso, rapaz, pa escacha-la perola dese modo…Preguntou o noso mordomo Don Arturo…?
Pois, a verdade, no no sei, señor . Eu, non fun. De súpeto, apareceu no chan, e mandáronme pasar por aquí, pa trata-lo tema con vostede.
-“ Está ben. Tes que pagar o dobre “
¿ E logo ? Preguntei intrigado.
- Aquí, as fontes máxicas, cóbranse como se fosen lampadarios de Aladino. Así é que, xa sabes: pa outra vez, procura rachar pratos que non estalen eles sós, se non desexas pagar mais da conta.

Lembro, tamén, aquel primeiro dia da clase de latín, onde tivera que aprender de memoria o capítulo primeiro de historia de Tobías:
“ Tobias, ex tribu e civitate Neftali, cunta mandata Dei observaba, ab etate ineunte…” Ou a Eneida, con Laoconte de protagonista;  Ou as cartas de Cicerón a súa amada Tulia:
“ Si vales, bene es, ego valeo…” Si estás ben, alégrome, eu tamén estou ben.
E, así, podería seguir con esa ladaíña, desfollando o rosario dos recordos, ata aburrir a todos vos.

Naturalmente que tamén eu estaba ben, como Cicerón, sen coñecer aínda case nada da vida, malia a incerteza polo noso futuro.
O país enteiro, estricábase lentamente nunha modorra económica esmagada pola guerra, con medidas severas que tiñan sometida a cidadanía con infinidade de leis e de prohibicións; como, por exemplo, a que prohibía a fala do galego. Fermosa filla do latín, anque desprestixiada, por estar considerada como a mal criada daqueles tempos; propia dos aldeáns pailáns e analfabetos. Pouco a pouco, foise tolerando facendo a vista gorda. De tódolos xeitos, nunca tiveramos a linga de Rosalía, como materia de curso.

Recordo, tamén, como asentíamos coa cabeza a todo canto o profesor ía lendo, sen comprender nin papa de todo aquelo. E dicíanos o mestre:“ ¿ Entiendes Fabio lo que voy diciendo ?…
Y como que si que lo entiendo.
-Mientes Favio que yo soy quien lo digo y no lo entiendo.
En fin, anécdotas da quinta do 57, que quedarían eclipsadas por outros acontecementos mais preocupantes, que estaban por vir  a finais d´aquel ano e principios do seguinte.

Algo serio, dende logo, foran aquelas treboadas que eu lembro acotío dende entón. Noites sen luz,  renxendo as portas e petando as saraibas encol das cegas cristaleiras apegadas as nosas camas, onde agochaban inertes, entre as sabas, os corpos duns nenos tremelicando de medo. E, onde os mesmos estrondos fungaban nas nosas orellas, confundidos cos rumores da invernía, que traían das nosas costas o seu dixomedíxome desolador.

Ou aquelas noticias inquietantes que circulaban encol dunha peste procedente de Asia, que xa estaba  a facer estragos na poboación. E, ao noso amedrento nocturno, engadíase esa nova angustia polas historias dos maiores que estabamos a escoitar dunha nova praga bíblica que estaba a viaxar, propagándose a escape por toda Europa e Amarica.

En tocante ao fútbol, o grupo B- do que eu formaba parte- fora o mais temido por aquel entón. Poderíamos enfrontarnos a calquera dos grandes de España, sen medo a perde-lo encontro. O muxián Martín Gómez, fora unha auténtica figura do noso equipo. Unha ledicia velo acanear co balón, levando por diante a tódolos contrincantes, e plantándose el só diante do porteiro.
O meu xogo pola extrema dereita, non era moi habilidoso que digamos, malia que tiña un sprint endemoñado, como Gento, e, con iso, desconcertaba ao inimigo cunhas cabriolas que agora chámanlle “ chilenas “ ,cando xa foran “ inventadas “ por min, pois ninguén coñecía semellantes pinchacarneiros. E, dicían os compañeiros: ¡ que gol mais fermoso con esa xogada tan rara que fai Puertas…!  Así é que, a cada quen, o seu.

Certo dia, cunha mala patada, tombei a un rival amigo meu, que era da Estrada. E, dime outro do equipo oriúndo da Illa de Arousa :
- Que dereita a torces, Antonio. Deixáchelo coa cara do revés.
E, así fora, malia que, dias despois, a Gripe Asiática xa formaba parte de nos. De nada servían os vasos de auga osixenada mesturada con auga do cano, pa facer os gargarexos que receitaba o doutor do seminario, como remedio de tódolos males. Mais da metade dos alí presentes, estabamos xa tombados na cama delirando coa febre, e toda Galicia contaxiada con aquel mal do demo.

E, ¡ que cousas ten o destino, señores ! Ese compañeiro noso,…si, ó mesmo que levara aquela labazada co meu balón, e, ca que tantas veces estiveramos de chacota co tema, tamén el morreu por causa desa maldita peste.  Un sino, que levou pa sempre a un nobre rapaz, cal fora aquel amigo da Estrada.
I, en evitación de danos maiores, os dirixentes decidiron pecha-lo centro, en tanto non fosen espertando nuboeiros mais conciliadores coa raza humana. Namentres, mandáronos a todos pas nosas casas.

Novos capítulos e novas historias agardaban pola Quinta do 57, moitísimo mais alegres e divertidas, a partir, xa, do primeiro trimestre do 1958 en adiante.
Antonio Puertas


JABA

Sopraba un vento do norte,
as lanchas viñan do xeito,
o sol despuntaba na ria,
i en terra sardiñas a eito.

Un home cun sacho ó lombo,
nos pes botas mariñeiras,
unha gamela deitada
con gaivotas polas beiras.

- ¿ Onde vas, amigo Pepe: ?
 Vou cachear pola area,
teño antollo de paella
i hoxe hai moi boa marea.

O vento, seguía voando,
levando a nosa conversa,
sen chegar ata ningures,
pois a ninguén interesa.

- Vaite pa casa, amiguiño,
que, ameixas, non has atopar,
e tes contigo un tesouro
coa obriga de contentar.

Ten antollo dun versiño,
que o vento do norte ha levar,
 se é que non sabes o modo,
eu direite como has falar.

Dille que fora unha perla
que estaba na beira do mar,
 brillando, o mirar pa ela,
polas noites do noso luar.

E o vento que alí axexaba
a escape foi ca marea
a  levar nosa conversa,
 cos pes fozando na area.

Antonio Puertas.











miércoles, 26 de marzo de 2014

MONXA ILUSTRADA

Estiven vendo esta tarde un vídeo de youtube no que entrevistan a Teresa Forcades, unha monxa que se deu a coñecer o ano da gripe “A”e que despois en fun seguindo a través da rede. En Cataluña hai un movemento popular con certa organización no que xoga un papel moi importante Arcadi Oliveres e mais ela que teñen pensado presentarse as eleccións ao Parlamento Catalán. Se en google poñedes o nome dela ou del, xuntos ou por separado, encóntranse moita información interesante. Axuda a pensar e a ter criterios distintos aos imperantes nos medios escritos ou televisivos.
As ideas que defenden son alternativas ás xa sabidas e por aí haberá algo de futuro para mellorar un pouco este mundo cada vez mais desagradable para vivir moita mais xente da que pensamos.

A esta muller vetouna un bispo norteamericano para participar nun congreso de educación relixiosa cando xa estaba nos Ánxeles. Este bispo do Opus Dei,debe ser de aqueles que estudaron teoloxía polos textos da BAC, e nos que os adversarios que non merecían pan nin auga,eran os racionalistas,os modernistas,os ilustrados e os enciclopedistas da revolución francesa. Todos aqueles que estiveron no Index librorum prohibitorum até o 1966. A entrevista fanlla en América,dura corenta minutos, e como nos dicía o finado de D Alejandro está tan ben que non lle sobra nada do que di.

Por hoxe mais nada. Un saúdo para todos. Rafael

domingo, 23 de marzo de 2014

¿Onde naceu Colón? ...Os de Poio, din que Colón era madrugador. E vos ¿Que pensades despois de ler esto ?

Esta historia, os la voy a relatar en castellano, ya que, por su singularidad y trascendencia, va a traspasar nuestras fronteras.
No quiero, pues, que nadie pierda ni una sola palabra de cuantas aquí y ahora voy a exponer. Lo haré, pues, en la cátedra universal de Cervantes, como el mejor campanario, para que todos comprendan tan singular noticia.  
A pesar de que esta teoría no es mía, sino que es fruto de un “ encefalorraquideotiroidéo “ trabajo de mi amigo Paco de Roque, ante la aparición de "nuevas" pruebas, corroborando y afianzando más sus estudios, me permito abusar de su amistad, para ofrecer a todos ustedes tan extraordinaria primicia.

“A FURNA DO SAPO "

A mediados del siglo XV, malvivía un personaje a orillas del Río Grande, lugar idílico del cual partirían las andanzas de su vida.
Cuentan los más viejos, que un hombre casado había mantenido una aventura extra matrimonial con una hermosa doncella, fruto de la cual, nació un inteligente y guapo muchacho.

Por aquel entonces las infidelidades matrimoniales se pagaban muy caras. Y, así, obligados por los hechos, abandonaron su pueblo con "pies en polvorosa", vagando sin rumbo por montes y caminos agrestes, durante un largo período de tiempo.

El hambre, la miseria y la soledad, pronto hicieron mella en aquellos infelices, falleciendo por esas causas la madre de la criatura.

Padre e hijo, prosiguieron su camino hasta recalar hambrientos y desesperados en Santa COLUMBA de Carnota ( -véase que, Columba, nada tiene que ver con cándida paloma, como demostraré más adelante… )
El cura del pueblo, se apiadó de aquellas piltrafas humanas, y les procuró cobijo y trabajo en la construcción de un hórreo que, por aquel entonces, mantenía atareada a toda la comarca. Como pago de sus labores, les proporcionó vestido y alimento: caldo limpio de riola- limpio del todo-  bañado tan sólo en olores a huesos y a unto, fueron su pan de cada día.

Los años pasaron, y la impetuosidad del padre, también flaqueó, muriendo por la causa de su amada. Fue entonces, cuando aquel hermoso y desvalido muchacho, regresó al pueblo de sus mayores, atraído por la  morriña, y con el afán de forjarse un futuro mejor.

Se instaló a orillas del río Grande, y comenzó a reparar  una vieja "jamela" abandonada, que, luego, utilizaría para el marisqueo.

Los cabazos del entorno, rebosaban de mazorcas maíz y trigo; pero, tan sólo para unos pocos privilegiados, y no, precisamente, para nuestro joven emprendedor.

La necesidad, hizo mella en el chaval, quien desarrolló un  “ intelectus”  muy por encima del común de los mortales. Y, a pesar a su corta edad, pronto crecería en fortaleza, destreza y sabiduría… ( Intelectus apretatus, discurri qui rabia )

Ideó un ingenioso sistema para facilitar el atraque de su chalana, que consistía en lanzar una tupida bola de trapo, amarrada  a un cordel, que lanzaba a modo de penalti de un certero puntapié. De ese modo, encajaba la bola en cubierta, para, luego, arrastrar la embarcación hacia sí.
El pirata Drake que no sacaba ojo de la ría, se hizo con la idea y la introdujo en su país, sin pagar derechos de patente, ni de corso… De ahí, precisamente, nació lo que hoy es el fútbol moderno. Fichajes y maletines aparte, se llevó para Inglaterra el juego de las pelotas… En fin, aprovechados que los hay en cualquier circulo por donde ruede una pelota.

Entretanto, el jovenzuelo, repetía la operación una y mil veces: amarraba, desamarraba, faenaba, saltaba y volvía a saltar… tiraba a gol… Todas las ranas y sapos de la ribera, quedaban pasmados ante formas tan magistrales de destreza humana.  

Cierto día de temporal, la lancha rompió amarras y se hizo añicos contra las rocas. Nuevamente, volvieron las calamidades a ensañarse con aquel muchacho.

Mas, quiso la Providencia, que, cierto día, llegase a sus oídos el viaje de un noble vecino, que iba a entrevistarse con la Reina Isabel l de Castilla en Medina del Campo ( por razones de títulos nobiliarios y derechos de pernada). Ilusionado, pues, se ofreció  como mancebo para acompañar a su futuro amo. El personaje, no lo dudó ni un solo instante y se llevó con él al zagal, conocedor como estaba de sus habilidades y de su sabiduría arrolladora.

Durante el trayecto, COLUMBUS (mote que heredó de padre ) no dejaba de soñar, observando la ruta de un sol que se desplazaba al igual que su carroza, pero en dirección opuesta. Y pensó:

- ”se tivera cartos, mandaría construír unha jabarra como a de Argimiro. Con ela, persejiría a ese quebracabezas do ceo. E, aínda que sexa máis lixeiro ca min, mais pronto ou mais tarde, hei chejar coma el a esta mesma cova na que agora estou…Entón, aproveitarei os tesouros que agocha o mar polo medio dos seus tombos… e,  fareime rico e respectado no meu pobo… Todo iso: do “NO VA MAS “, é un conto dos chinos, que non souberon copia-la xojada dese queimón rolete de feiras, que tanto vira.“.

Aprovechó, entonces, su ocasión, para hablar de sus sueños con la reina, y la dijo:

-“Mire vostede, señorita Sabela, eu, podo brincar mellor ca unha ra, ou ca un sapo; e ninjén amola os meus saltos. Podo navejar por onde vostede mande. Os baixos do Corno, e mailas “ bolaleiras” que entran polo Caltillo, ensináronme a navejar pa amolalas. Cando o mar está coma un pote, vou rastrexando o cheiro d´outra banda, pa non perde-lo rumbo.
Dáme unha jabarra como a que ten Argimiro, e meterei o sol por debaixo dos seus pes...( pa quecelos). Conoso a un carpinteiro de Sereixo que fai majas remendando jamelas…”

La reina, al escuchar aquellas inusuales y apasionadas palabras, sin saber bien lo que le estaba proponiendo, decidió vender sus joyas; y no sólo le otorgó un barco, sino que le puso tres a su mando: (Uno, La Pinta, gracias a Columbo, lo construyó su vecino carpintero ). La Niña y la Santa María, poco pintaban en la mar, al competir con la Pinta que tenía la de Cereixo.

Lo demás, ya todos vosotros lo sabéis: EL DESCUBRIMIENTO DE UN NUEVO MUNDO.

Los puntos clave  que corroboran y amplían la teoría de mi amigo PACO, demostrando que Colón no fue genovés, sino natural y vecino de nuestro pueblo, son éstos:

Punto primero: Heredó el mote de aquél picapedrero, el tal "COLUMBUS" …- No palomo ni palomino, como algunos piensan- sino porque así fue empadronado por el cura de Carnota.

Punto de cruz: el famoso HUEVO de Colón, no fue tal huevo de gallina, como se quiso hacer ver; sino que, en realidad, se trataba de aquella PELOTA DE TRAPO, origen de los saltitos que lo llevarían al gran salto allende los mares.

Puntos suspensivos: a Colón, nuestros paisanos, le dedicaron una plaza que, todavía hoy lleva su nombre. Y, cuenta la leyenda que, al fijar la placa, se cantó en el lugar de la Plazuela: “ Catro vellos mariñeiros, de noite ca luz da lúa… “, a coro con el señor Alcaide, y el turuta chusquero del Castillo Soberano.

Y, punto de finiquito- el que encierra y prueba todo cuanto he dicho -: AQUEL ACENTO MELOSO, plagado de “ geadas y xenitais “; típico hablar de un pueblo llano y marinero.

Esto último, es la prueba del algodón, que empapó de clarete a los maderos de la Pinta; y sirvió como prueba analítica para hallar el punteo de la escala, incrustada como clavos de Nazareno en las bodegas de la Nao. Cantaores expertos como Totis, fueron la clave para sonsacar el sí bemol del tono, frecuencia e intensidad, con que tronaron “ os Catro vellos mariñeiros…“en la Santa Bárbara de la nave..

Luego, la desidia de las gentes; las guerras interminables de la conquista, y la avaricia de los nuevos colonos, hicieron naufragar el barco de las Américas en la Punta del Olvido,… HASTA HOY. Memorable día, que guarda la gran verdad, reflotada y reparada para todos vosotros.

Tantas desgracias, achacables tan sólo al egoísmo indecente de unos pocos, que ocultaron durante siglos el verdadero e indiscutible origen de COLON, traen hoy un halo de aire fresco, con tintes de etílico para esta tierra.
Tal vez, piensa Paco, que, debido a la vergüenza que conllevaba su origen humilde y cuasi putero de aquel insigne paisano, se ocultó esta gran verdad.

Como clarines, pues, de buena cuna, gritemos todos a una:

¡¡¡ GLORIA, HONOR Y SUERTE … PARA “A FURNA DO SAPO… !!!…porque, Colón, “ abondo xa ten coa malleira que hoxe lle den ”

Antonio Puertas



   


jueves, 20 de marzo de 2014

A miña aportación d´hoxe a RG.... FELIZ DIA DO PAI, COMPAÑEIROS.



SEGUNDOS,  MINUTOS…

…Segundos, minutos… segundos, minutos…-” Xa estamos a chegar “ Pensaba eu, lendo de seguido a través da miña vidreira semellantes carteis apegados nas cabeceiras das portas, arredados ó pasar, mentres o noso vehículo encaraba o centro de Compostela.

Por cada unha das fochancas polas que atravesara aquel carro mecánico, o ambiente enrarecido venteaba de súpeto algún que outro discreto bufo, a duras penas contido por causa de tantas horas alí pechado o persoal.

O Finisterre, estaba preto do seu destino cruzando a Rúa do Pombal; e, ca ralentí, ía amainando o seu canso e monótono saltaricar encol das lousas milenarias.

Os nosos cus, buligaban cansos entre os bancos de madeira, mentres ían erguendo con preguiza uns corpos encravados nuns asentadoiros rañosos de madeira; e as nosas pernas e brazos, espelían os seus osos entumecidos pola longa monotonía da viaxe.

Cada quen, ía apañando, as súas pertenzas apetuñadas polas esquinas daquel limitado recinto bailarín; i, en fila ordenada, íamos descendendo polas escaleiras da carroulana que nos estaba a apear, molidos, encol das rúas santiaguesas. Namentres, unha especie de traca colectiva, descargaba, xa, sen disimulo a tripada inflada do bandullo, como querendo festexar con fogos a chegada a terra do Apóstolo.

O noso grupo, composto de mozos procedentes, na meirande parte, de Xaviña, Ponte do Porto e de Camariñas, encamiñabamos os pasos cargados de fardos, con colchóns incluídos, e descomunais maletas coas nosas pertenzas, pa pasa-lo longo inverno; e, ala marchabamos escalando, sudoríparos, a rúa das Trompas de cara a Belvís.

Os paisanos mofábanse de nos ao pasar, dicindo: “ cua cua, mañá chove…cua cua, mañá chove…”…E, vaia que se chovía; chovían deberes e disciplina estilo militar, co valor engadido das Humanidades, que ían forxar un espírito de entrega e de sacrificio, durante o resto das nosas vidas.

Nove meses de férreo internado, con excursión e andainas controladas de fin de semana por todo o contorno de Santiago; partidos de fútbol en campos de terra, onde o Seminario Menor, fora o verdadeiro e único rival indiscutible a bater por parte dos equipos rivais da cidade; exercicios espirituais e precesións con visitas constantes a catedral románica do século Xl; obras de teatro e de cine, presididas, moitas veces, polo cardinal fundador Don Fernando Quiroga Palacios; xantar extraordinario con festa rachada dende boa mañá, cos amplificadores a toda voz:“ Estas son las mañanitas que cantaba el rey David…” no dia do patrón de tódolos pais, e a onomástica do noso reitor Don Xosé Cerviño - anos despois, bispo de Tui -
Todo iso, e moito mais, estaba a agardar por nos, no medio daqueles interminables e crus invernos galegos, dos tempos novos da nosa vida. Ata que, ala pola festividade de San Luís Gonzaga, finando xa o mes de Xuño, retomabamos o camiño de volta, pa regresar ao mesmo punto de partida… E, de novo, alí estaban aqueles: ” segundos, minutos…segundos, minutos… ( ? )

- ¿ Pero, que raios queren dicir, semellantes carteis apegados ás portas das casas ? …Preguntei, intrigado, nunha viaxe, a un dos meus compañeiros de bancada. -

-“ Non son “ segundos, minutos “ Antonio, son SEGUROS MUTUOS… compañeiro -

 Vaia, vaia, vaia… ! Tremenda xogada gastarme aquel bailiño machucan do noso estartelado medio de transporte… !

I, ese misterio, no que tantas voltas dera a miña fulera cabeza, rematou en gargallada xeral, que ía a marcar o punto de partida dunha  ledicia engadida, a aquela outra, xa, de por si, espléndida: cal era o retorno das vacacións, co  ben merecido período de folganza nas nosas casas.

Baile antecesor, da gran festa estival, con garantía de gozo incluída, que ía ter a súa máxima expresión por tódolos recunchos de praias e montes, percorrendo ribeiras e mares, prados e montañas da nosa fermosa comarca de Nemancos.

Antonio Puertas

A MI PADRE

Han pasado tantos años 
y aún os guardo en mi alma,
con la fuerza de la calma
reparadora de daños,
en calendarios extraños,
como si hubiese sido hoy.
-No lloréis porque yo soy
 el fuego de vuestra razón,
que os abrasa en el corazón
y lo aviva aunque no estoy-

-No lloréis porque me vaya,
vosotros sois mi relevo,
el recuerdo os lo renuevo
como ola nueva a la playa
que, mansa, la arena raya
alisándola de esplendor.
Algunas brisas de dolor
llevo en mi barca dorada,
llegando como encantada
 por la atalaya de mi amor.

-No lloréis porque me fuera
para una vida mejor;
nada bueno hay sin dolor;
y, aunque la pena nos hiera,
ningún gozo haber hubiera
sin teneros a mi lado…
y seguir siendo ansiado
como lo fuera en la vida;
porque triste es la partida,
cuando hay amor del amado. 

Antonio Puertas.


EN EL TREN DE LA VIDA

En el tren de la vida me he subido
con mi maleta repleta de sueños;
por el ajetreo quedó en olvido
empeñada por el banco de empeños.

Tres silbidos a la vida se oyeron:
a una, por un adiós cuando se iba;
a otra, por bienvenida que la dieron;
y, a todas, por viajar en cuesta arriba.

Fui a por el rescate, por si vinieron
tiempos para subir sin ajetreos,
y llevé mis recuerdos que volvieron
 a ese tren con sus mismos traqueteos.

Antonio Puertas.

pd  Postea, fumaremus purum...sed, purun aire...Despois do partido 5º A- 5º B...Menuna malleira ides levar.



viernes, 7 de marzo de 2014

ECOS DE SOCIEDADE


Farei a crónica do xantar de inverno,celebrouse tal como se tiña programado, advertindo que será soamente con letra e sen a musicalidade que lle dan a estes eventos as imaxes que valen mais ca mil palabras. A culpa non é de quen tomou as imaxes,foi Enrique o que mas fixo chegar vía “online” pero por medio dun sistema,último modelo,que impide que un poida fixalas e mándalas a onde queira. Tamén teño que recoñecer que as miñas competencias nas TIC son inferiores a calquera neno de primaría.

De todos modos consoládevos pensando que  Enrique seguro que nos fará chegar estes retratos do xantar mediante un cedé cando este ano celebremos a convivencia anual no lugar que estaba programada a do verán pasado. Foi suspendida por causa de forza maior motivada pola enfermidade de Andrés que aproveito para informar que se vai recuperando con algunhas dificultades pero que progresa adecuadamente.Xa se incorporou ao seu destino como Párroco da Igreza de Santiago na cidade vella da Coruña.Por certo que asistiu a este xantar. De momento non conduce pero temos nesta irmandade un equipo de voluntarios que se prestaron a recollelo e devolvelo ao seu destino coa eficiencia e presteza de calquera profesional.

Asistimos,segundo informou Agustín o artífice da intendencia, uns 24 membros deste conxunto. O día estivo acolledor. Permitiu facer un paseo no tempo anterior ao xantar para aqueles que chegaron pola metade do día. Demos conta dunha sopa de cocido para facer corpo para o xantar propio do entroido. Non faltou de nada mais ben sobrou. O xantar foi regado prudentemente por un mencía de orixe Monterrei. Marca “Crego e monaguillo” de recoñecido prestixio no mundo mundial como o confirma a presencia na rede: (Se alguén o quere comprobar pode adquirilo nesta dirección:

Crego e Monaguillo Mencia un vino especial y exquisito

(Conste que non teño ningún interese,directo ou indirecto,neste produto)

Non faltaron,mais ben foron abundantes,as sobremesas propias tamén do tempo cos seus correspondentes cafés e augardentes variadas que prolongaron o xantar coas plácidas conversas despois dun suculento xantar.

Mantivéronse conversas sobre unha posible viaxe sen destino definido promovida polos que realizaron a viaxe a Roma e que lles gustaría repetir a experiencia. Os interesados poden contactar co amigo Senín,con Enrique ou con Suárez Cotelo que coordinarían a posibilidade unha vez se teña constancia dos interesados.

Pois con esta información dou por rematada esta crónica para xeral coñecemento. Un saúdo para todos. Rafael

A penúltima da Radio:

O NOSO CARNAVAL.

¡ Españoles, la guerra ha terminado...!

En Santiago, aló quedaban un numeroso grupo de contendentes, sen medios de transporte e abandonados a súa sorte; atrás, as escenas dunha inhumana e terrible guerra fratricida; e, diante de si, un longo camiño por andar, ateigado de ilusións e de esperanzas por un futuro mellor.

Entre aqueles soldados, atopábanse Pepe Campos e Antonio, o meu pai.

Certo día, sentado nun banco das Conchiñas, alí estaba o señor Pepe. Era xa moi velliño, mais, aínda gardaba frescos os  recordos daqueles tempos vividos da posguerra.

Dicíame o señor Campos: “ mira Antonio, ao teu pai e mais  a min, tocounos padecer xuntos episodios moi tristes, ata que baixamos daquel tren en Santiago. A partir de entón, vivimos coa ilusión e a esperanza de forxar un mundo mellor pa nos e pos fillos desta terra nosa, que tanto amamos.
A Camariñas chegamos andando a través de montes e de aldeas, e palpamos a miseria en cada recuncho deste pais. En cada volta que dabamos no noso andar, alí atopabas ao fantasma da fame acochado naquelas casas seme derruídas, e naqueles campos magoados polo infortunio.
Durante o traxecto dende Santiago, coidei de que teu pai estaba a percorrer o camiño completamente durmido…
- Antonio, pero ti, camiñas sen mirar po chan…-

E, así mesmo fora. Era tal a fatiga acumulada no pasado, que, a mesma inercia, levábao a andar sen pousar a vista no chan. Algo impensable agora en todos nos, que vivimos folgados nun tempo moi distinto a aquel que eles viviron.

Pepe Campos e o seu irmán, abriron un negocio na Praza do noso pobo, cun cartel onde rezaba o slogan: Ultramarinos finos y alcoholes.  E, o meu pai, unha “ farmacia “ ...a farmacia da señora Marita do Joriño; como así fora coñecida por aqueles anos.

Os irmáns Campos, foron todo un exemplo de saber estar, e de saber rexentar unha tenda. Patacón a patacón, ían superando os atrancos de cada día, nuns tempos nos que case ninguén tiña  un chisco pa poder mercar sequera un anaco de pan.

Nun coaderno,  apuntaba-las débedas do inverno, pa, logo, facer fronte en tempos de verán aos compromisos, cando xa a pesca era abundante, e podías manexar algo de cartos. Outros comercios tiñan un aviso que dicía:
“ Hoy no se fía, mañana sí “.
Hoxe mesmo estou a lembrar un estribillo que colgaba nun ultramarinos de Coruña ( penso que era no ultramarinos O Cisne ); e que dicía:

“Aquí, se acabó el fiar, y el prestar también murió.
Al morir, les ayudo a los dos del mal estar.
No se acuerdan más de mí, si fío.
Al pagar, ponen mal gesto;
y, para librarme de ésto, sin perjuicio del bolsillo,
estampo este estribillo: ni doy, ni fío ni presto.”


Malia a todas aquelas boas maneiras de saber estar, e a aquela seriedade no negocio, o señor Pepe Campos, experimentaba unha transformación total en tempos de carnaval.

Tanto el, como Chuco Farruco, ou Calocha, por poñer a algúns como exemplo, foran a mesma ledicia encarnada neles,  que facía esquecer as calamidades da xente.
Subidos ao balcón da señora María da Zapateira arengaban ao seu pobo con sermóns e con chistes dos mais ocorrentes  que poidades imaxinar.Os persoeiros mais emblemáticos, saían a relucir naqueles sainetes, e coas gargalladas do público, esquecías as débedas postergadas pa outros tempos.
Nenos, mulleres e vellos e mozos gozaban con aqueles veciños tan simpáticos e trouleiros, dos que eu tiven a sorte de gozar, tamen, sendo rapaz.

Os disfraces eran de auténticos entroidos. Calquera cousa servía, cando o enxeño era innato no comediante, como era o caso destes fenómenos da mascarada.

Non sabería dicir quen deles fora o mellor, malia todo, Pepe Campos, fora o noso ídolo. A súa gracia, a súa finura e a intelixencia daquel home, poucos ou ningún, penso eu, puideron superala.

  Todos eles, por méritos propio, marcaron a historia do noso carnaval.
Grazas, pois, amigos, por facernos rir, cando as campas daqueles tempos tocaban a chorar.

Antonio Puertas

CANTA PAJARILLO

Canta pajarillo canta
que el invierno ya pasó;
cántale a la luz del día,
canta a los campos en flor.

Canta y cuida de tu nido
y no hagas caso del dolor,
que éste, sin que tú lo busques,
ya te lo traerá tu amor.

Antonio Puertas