A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente.
Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non.
Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Antes
de nada, por se me esquezo, debo felicitar aos Fernandos que están
hoxe de días. Fernando Ledo e Fernando García Ferro. Tal día como
hoxe era un día grande. Día de festa. Comiamos con viño. A
disciplina relaxábase. Grandes recreos. Poñían cine. Non faltaban
uns curtos de Stan Laurel e Oliver Hardy que moita risa nos daban.
Tempo pasado de feliz memoria polo menos para min e penso que para
todos.
Indo
ao anunciado arriba comentarei algo. E difícil,xa que é un tema que
leva 15 días xustos xerando noticias. Cousa nada fácil nestes
tempos en que unha noticia que resista dous telexornais xa ten unha
gran potencia informativa. O día 20 pasado eu escribira isto. Como
segue tendo actualidade e reflexa o que pensaba aí queda tamén.
“Unha
data mais que pasará,como mítica, ao noso imaxinario colectivo.
Igual que o 25 de Abril, o 20 N, o 15 Iota, o 23 F, o11 S, ou 11.M.
Quen lle diría ao vello mozo, Stéphane Hessel, 93 anos, membro da
Resistencia Francesa,torturado pola Xestapo, un dos redactores da
Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948, que se
incorporaron aos ordenamentos xurídicos de medio mundo,que o seu
libriño de 24 páxinas: INDIGNÁDEVOS, ía orixinar un movemento de
indignación que xa se coñece no estranxeiro como “The spanish
revolution”? Estes días anda contento.
A concentración na
Porta do Sol,de mocidade en principio,pero á que mais tarde se
incorporaron xentes de todas as idades e condicións, que se foron
estendendo a medio cento de cidades en toda a península, foron a
noticia coa que abriron estes dias as televisións e primeiras
portadas dos periódicos mais importantes de España, Europa e
América.
A indignación que pola situación económica,
social,política e laboral sente tanta xente é importante que
tomemos todos conciencia dela e aportemos ideas e alternativas para
atallala. O primeiro paso parece que está dado. Sería moi bo para
todos que de aquí saísen unha serie de iniciativas e reclamacións
que, en principio todas as forzas políticas ,económicas e
sociais,polo que din, están dispostas a acoller.
A semente
xa prendeu. Acaba da nacer unha plataforma representativa do sentir
xeneralizado. Debemos coidala e colaborar facéndolle caso ao que nos
dicía o homenaxeado polas letras galegas,este ano, Lois Pereiro, hai
poucos días: “quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que
vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.
Hoxe
sego a pensar que é un movemento que marcará o inicio dunha nova
época. Que non é unha algarada de catro descontentos. Hai un
pensamento alternativo ben artellado que pouco a pouco vai calando na
sociedade actual como o fermento na masa e que acabará tendo os seus
resultados. Non podería ser doutro modo.
Gustoume
moito esa entrevista que lle fixeron hai poucos días a Eduardo
Galeano pola súa frescura.
E
admirable que despois de vivir setenta anos se poida manter esa
xuventude e pensamento tan engaiolante e cativador. Se queredes saber
mais deste home de grande humanidade e intelixencia mirade aqui:
E
por hoxe nada mais. Aproveitade o que queda de primavera que este ano
veu con boas trazas, quentiña a farturenta. As cereixas do val do
Jerte son moi sabedoras. Xa chegaron as primeiras. Non podo rematar
sen dicirlle ao noso poeta Puertas que sentimos que perdera ao seu
can que tan boa compaña lle facía. Que o tempo de duelo pase pronto
e que atope outro cadelo que,con seguridade, lle vai a dar tantas ou
mais satisfaccións cás que lle dou o que descansa nas augas de
Camariñas.Deica a próxima. Rafael
A ver si espabilamos, que vexo a moitos durmindo.
D.E.P. o meu canciño, que afogou nas augas do meu pobo por causa dunha racha de vento. Xa vos avisarei cando sexa á sua misa cantada.
O
comentario de hoxe tratará sobre uns correos que recibín hai, xa
algo de tempo,e que non tirei a papeleira. Serven como pasatempo e
provocan o sorriso. Un deles trata sobre os avisos que se len no
pórtico dalgunhas parroquias. Redactados apresa dan lugar a
interpretacións retorcidas. Non sei se están tomados recentemente.
Neste caso teñen algunha explicación. A idade avanzada de moitos
dos actuais párrocos. Que ninguén,por favor, se ofenda. Están
feitos co que os xuristas chaman “animus jocandi”que exclúe
cajquera intención inxuriosa. Aí van:
Para
cuantos entre ustedes tienen hijos y no lo saben, tenemos en la
parroquia una zona arreglada para niños.
El
próximo jueves, a las cinco de la tarde, se reunirá el grupo de
las mamás. Aquellas señoras que deseen entrar a formar parte de
las mamás, por favor, se dirijan al párroco en su despacho.
El
grupo de recuperación de la confianza en sí mismos se reúne el
jueves por la tarde, a las ocho. Por favor, para entrar usen la
puerta trasera.
El
jueves, a las siete, los niños del Oratorio representarán la obra
Hamlet, de Shakespeare, en el salón de la iglesia. Se invita a toda
la comunidad a tomar parte en esta tragedia.
Estimadas
señoras, ¡no se olviden de la venta de Beneficencia! Es una buena
ocasión para liberarse de aquellas cosas inútiles que estorban en
casa. Traigan a sus maridos.
Por
favor, pongan sus limosnas en el sobre, junto con los difuntos que
deseen que recordemos.
El
párroco encenderá su vela en la del altar. El diácono encenderá
la suya en la del párroco, y luego encenderá uno por uno a todos
los fieles de la primera fila.
El
próximo martes por la noche habrá cena a base de alubias en el
salón parroquial. A continuación seguirá el concierto.
Recuerden
que el jueves empieza la catequesis para niños y niñas de ambos
sexos.
Tema
de la catequesis de hoy: Jesús camina sobre las aguas. Catequesis
de mañana: En búsqueda de Jesús.
El
coro de los mayores de sesenta años se suspenderá durante todo el
verano, con agradecimiento por parte de toda la parroquia.
Recuerden
en la oración a todos aquellos que están cansados y desesperados
de nuestra parroquia.
El
torneo de basquet de las parroquias continúa con el partido del
próximo miércoles por la tarde. ¡Vengan a aplaudirnos! Trataremos
de derrotar a Cristo Rey.
El precio
para participar en el cursillo sobre Oración y ayuno incluye
también las comidas.
O
outro correo que gardei métese,tamén con ánimo de chancear, con
outro colectivo mais numeroso. Os sanitarios. Dicía:”Es
como el mail de los exámenes de la ESO, pero con licenciados en
medicina. Informes hospitalarios que pasarán a
la posteridad! Frases sacadas de historiales médicos o de informes
reales:
El
paciente no tiene historial de suicidios.
No
había experimentado rigores sino espasmos, pero su marido afirma que
ayer estaba muy caliente en la cama.
El
paciente rechazó la autopsia.
El
paciente afirma que siente un fuerte dolor en el pene que se extiende
hasta los pies.
Resbaló
en el hielo y sus piernas fueron en direcciones opuestas a primeros
de diciembre.
Para
cuando se le ingresó, su corazón había dejado de latir y se
encontraba mucho mejor.
Al
segundo día, la rodilla estaba mucho mejor y al tercero había
desaparecido completamente.
El
paciente se ha dejado los glóbulos blancos en otro hospital.
La
paciente experimenta dolor en el pecho si se tumba de lado izquierdo
durante un año.
El
paciente está deprimido desde que comenzó a visitarme, en 1983.
El
historial médico del paciente ha sido insignificante, con un aumento
de peso de un kilo durante los últimos tres días.
La
paciente no para de llorar. También parece que está deprimida.
La
paciente dejó el hospital sintiéndose mucho mejor, salvo por sus
dolencias originales.
Sujeto
varón de sesenta y nueve años, decrépito pero de aspecto sano.
Estado mental activo, pero olvidadizo.
La
paciente expiró en el suelo tranquilamente.
El
bebé salió, se cortó el cordón umbilical y se le entregó al
pediatra, que respiró y lloró de inmediato.
El
examen rectal reveló una tiroides de tamaño normal.
La
paciente tuvo gofres para desayunar y anorexia para comer.
La
piel estaba húmeda y seca.
Afirmó
que había sufrido estreñimiento durante casi toda su vida, hasta
1989, cuando se divorció
El
paciente presenta dolores de cabeza ocasionales, constantes,
infrecuentes
El
paciente gozaba de buena salud, hasta que su avioneta se quedó sin
combustible y se estrelló
El
examen de los genitales resultó negativo, excepto por el pie derecho
El
paciente vive con su madre, su padre y una tortuga como mascota, que
acude a clases de formación profesional tres veces por semana.
Os
autores destas perlas literarias,redactadas na lingua imperial, se
pedisen un consello para escribir con corrección poderiámoslle dar
o de que se expresaren en galego. Como é unha lingua na que temos
xeralmente mais dificultades acostumamos a corrixir,consultar o
dicionario,ou darllo aos mais novos,moito mais sabidos ca nós,para
que o endereiten ou rectifiquen.
Por
último indicarvos unha páxina http://www.ogalego.eu/. Se picades en
galego:exercicios,
ten tal cantidade, que pasaredes un bo momento distraídos a ao mesmo
tempo cultivando un pouco o noso querido idioma que ven o merece. O
día das letras debe ser todo o ano. O autor,Anxo González
Guerra,tamén foi seminarista en Lugo,xa hai anos, tiña un libro de
exercicios para aprendizaxe do galego que foi moi útil ao
profesorado.
Por
hoxe mais nada. Soamente unha alusión á indignación da mocidade. O
chamamento de Stéphane Hessel parece que prendeu. No día de onte
abriron os telexornais de todas as cadeas con esa noticia. O próximo
dia escribirei algo sobre iso. A ver o que da de si. De momento a
criatura acaba de nacer e merece todos os coidados e mimos .Todos o
queren apadriñar .O presidente,D. Claudio Boada ,do Circulo de
Empresarios, manifestou o seu entusiasmo e complicidade A ver se con tantas
axudas non afogan ao acabado de nacer. Ten un gravado Diaz Pardo que
representa a uns pais cun neno pequeno e a lenda di:”Non lle
poñades atrancos ao neno mentres está medrando”.Deica a próxima.
Rafael
Sería unha transgresión
da lei galeguista non ter un relembro,en tan sinalado día, da
devandita efemérides. Pouco a pouco imos facendo pais neste “in
pais”como lle chama Xavier Alcalá.. O ,este ano, homenaxeado é un
poeta singular: Lois Sánchez Pereiro. E da escola de Manuel María
que exerceu de Procurador dos Tribunais en Monforte. De aí saíron
unha xeración de galegos bos e xenerosos. O seu irmán Xosé
Manuel,director da edición de Galicia do País e Antón Patiño
pintor con fama amais de escritor prolífico e polifacético.
Empeza a escribir,como
todos os poetas,de moi novo,aos 15 anos, nunha revista do Colexio dos
Escolapios de Monforte onde estuda. En Madrid.,rematado o COU,empeza
Ciencias Políticas e Socioloxía que abandona por non corresponderen
ás expectativas que tiña desa carreira. Alí funda con Antón
Patiño, o seu irmán e Manolo Rivas a revista LOIA. No 81 vense a
vivir á Coruña e forma grupo a carón da Revista LUCES con Xavier
Seoane, Paco Salinas,López Valcárcel e outros onde publica algúns
dos seus poemas. Ten dúas obras poéticas titulando a última
“poesía de amor e enfermidade”.
Morre Lois Pereiro con
48 anos,o 24 de Maio de 1996, deixando moita poesía sen escribir.
Transcendeu,naquel momento, que fora a causa do Sida. Pero conforme a
unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo o motivo do seu
falecemento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado;
enfermidade que contraeron moitos en Madrid que consumiron aquel
aceite barato que se vendía a domicilio a xente con poucos recursos
como foron, naquela época, os estudantes.
Tivo un ex librís moi
bonito:
Como nota de actualidade
destaca hogano,penso que para ben,a publicidade que fai a empresa de
alimentación Gadisa nos dous millóns de bolsas que anda a repartir
nas súas tendas co gallo desta celebración.
O poema vedes que é moi
bonito. A vida é unha roda. Unha circunferencia. Unha vez que damos
a volta enteira volvemos ao punto de partida. Moi de Pierre Teilhard
de Chardin. Alfa e Omega. Que siga un filósofo ou teólogo.
Se o mundo da empresa e
dos cartos asume como valor en alza o noso idioma entón podemos
durmir tranquilos que o galego acabará tendo un futuro prometedor.
De momento hai que celebrar os pasos que se van dando. Detrás virá
a Administración Pública, Universidade, a xudicatura, o notariado e
incluso a Igrexa o fará oficial totalmente en toda a súa
actividade. O que está tocado polos cartos ten un brillo
especial,igual que o luxo, que incluso é o que mais lle gusta aos
chineses
Cambiando de tema, e
termino, descubrín estes días na rede que é a mais grande
biblioteca do mundo mundial un estudio sobre un crego madrileño:
Leocadio Lobo que realizou na Universidade de Navarra José Luís
González Gullón recentemente, no 2009.
Este crego cítao o
escritor Arturo Barea, autor dunha triloxía famosa nos libros de
Historia da Literatura que se chama. “La forja de un rebelde”,
“la Ruta” e “La llama”. E unha novela histórica e
autobiográfica que se lee con gusto e que engancha moi pronto. Na
“llama”fala dun crego co que se entendía ben que era republicano
dos poucos que había durante a guerra incivil en Madrid.
A investigación que se
fai agora, da vida deste crego, cun rigor científico que chama a
atención nas notas documentais que cita,é para min moi reveladora
da historia parcialmente contada sobre aqueles anos infaustos. Se a
alguén lle interesa lelo e logo quere comentalo ben e se non tamén.
Leva dúas horas sen pararse moito nas citas.
Un saúdo para todos e
moi principalmente para Fernando Ledo. Os trasnos son os responsables
do fallo destes trebellos. Da moita rabia. Hai que tomalo como un
enredo como lle chama Andrés. Segue escribindo que sempre gusta
saber algo dos compañeiros e ademais escribes moi ben como non podía
ser menos dun alumno avantaxado de D. Manuel Gacía (Ceuta).Xa te
vexo de “mestre de capilla”como D. Moqueró. O outro día,no 800
aniversario da catedral, interpretaron unha Misa antiquísima que
recuperou o noso amigo JUTRIPE do arquivo catedralicio. O cara de
bacallau como lle chamaba o Señor Manolo, alias Zampa. Era unha gran
persoa. Viviu preto de min, cunha irmán ,cando se retirou e daba
xenio falar con el da cantidade de cousas que sabía de San Martín
Pinario. El acordaba o Pino na horta que mandou cortar o reitor Capón
para que se puidese xogar ao fútbol..
A gallada de verbas que
nos mandou Chucho tamén me gustou moito. Ti, pese a que usases menos
o encerado ca min, tamén te dedicaches ao ensino. Se dabas teórica
ao mellor tes mais horas de clase ao lombo das que teño eu. Ademais
sempre redactaches moi ben. Luciano e mais eu tiñamos mais
dificultades. Non recordas aquelas tardes do verán do 68 en que, ao
pe do Castelo de San Felipe,en Ferrol, redactabamos as nosas
vivencias de traballadores manuais? Segue escribindo. A túa visión
dos viaxes do INSERSO é moi interesante.
Eduardo tamén volveu
ao curral literario con vocación de permanencia. Algún mais hase de
ir animando pouco a pouco. Ademais de Puertas que sempre ten a man o
cálamo como o finado de Joli Mosvil que saía do campo de fútbol
para anotar a inspiración da musa.
Feliz día das nosas
letras que mamamos na fala pero que aínda hoxe na escrita temos
algunha eiva. A iso referireime na próxima entrada. Rafael
Así dicía a miña avoa cando algo saía do revés sen explicación lóxica. Eu tamén digo o mesmo, porque despois de tirarme unha hora escribindo neste trebello para contarvos o trafego no que andiven metido nesta última tempada, resulta que non poido explicarme cómo foi que só saíron publicadas as derradeiras liñas do texto que tanto traballiño me costou escribir. Así que, como xa vai coa segunda vez que tal me acontece, non quero dar lugar a unha terceira so pena de mandar o trebello a tomar polo saco, como dicía o noso compañeiro Mosquera.
A miña entrada tan tardía era para xustificar un pouco a ausencia neste blog. Ocorréuseme facer unha xornada de convivencia para os Coros parroquiais da comarca da Estrada á que pertence a miña parroquia. Despois de varias ceas de traballo cos directores de tales coros, decidimos organizar o evento no domingo 8 de maio: Nunha fermosa área recreativa á beira do río montouse unha carpa para ter Misa de campaña, comida de hirmandade e actuacións de cada coro por separado para rematar cunha actuación todos xuntos. Por pauto do demo, o día estivo de chuvia, vento e frio; pero os cantores acudiron á cita coma se fose pleno día de verán; xuntámonos douscentos quince; tendo en conta que a maior parte destes coros non pasa da ducia de persoas, sendo o meu a excepción por sermos 30, hai que recoñecer que a asistencia foi masiva e entusiasta. Os meteoros adversos non puideron impedir que a Eucaristía resultase brilante con tantos cantores empeñados en que así fose, o xantar a base de churrasco e abundante viño do país espantou o frío e a chuvia; logo viñeron as actuacións musicais con moito entusiasmo e o final todos xuntos resultou apeteósico. Cada persoa pagou 20 euros: 18 pola comida e 2 máis para a megafonía.
Admito que nalgún momento da preparación tiven gana de tirar a toalla, pero visto o resultado e a resposta entusiasta de esta xente, pagou a pena o esforzo.
Este é o resume do longo artículo que escribín para vós e que as meigas frustraron. Por si volve a suceder o mesmo apresúrome xa a envialo. Fernando Ledo.
O amigo Rafael non fai mais que chuzar
para que saltemos a palestra.
Dame bastante reparo, non por sair, pero
sì pola pouca pericia e dominio da lingua.
Pra moitos de vos, foi a farramenta de
traballo, por eso o tendes mamado, a miña farramenta foi mais
rudimentaria. O problema xa non radica soio na
escritura (hortografia), tamén na fala; como estamos acaron da
peninsula do Morrazo, donde todo é CU SIDA: merlusa
cusida, patacas cusidas etc....e menos mal que non sae a
musiquilla.Todo esto o largo do tempo vaise pegando.Pero as
influencias no lenguaxe non acaban aquí ; polo sur,temos os
portugueses que tamen deixan a sua pegada.Algo de razon levan os que
lle chaman os de Vigo, portugueses. Todo este rollo para anticipar que
o meu discurso saese de toda normativización e normalización.
Unhas pinceladas da miña
primeira viaxe cos do Imserso.Estiven coa dona unha semaniña
en Mallorca. A “organisaçao” fenomenal, todo con guía, do autobus
o avión e a inversa.Si a viaxe pilla na hora da comida: bolsiña
con bocatas,froita e auga.Todo baixo control.
Acomodados no hotel de
destino,organizan excursions para os que queiran (estas non se
incluen no precio da viaxe).
O persoal desta idade,dun xeito mais o
menos consciente ou inconsciente,sábese que está mais
preto do FINAL.Esta é a xustificacion que lle atopo o feito de
que anden tan apurados para todo: para facer a fila tanto para ó
bus coma para ó avion; para sair do autobus espetanse de pé
apretuxados no pasillo e xa non deixan sair da cadeira; no comedor
para servirse, empuxan e colanse na fila..etc Bueno, o asunto da
PRESA sí, pero non para camiñar: entre os anos,os
kilos e cantidade de persoas coxas con bastón aqui xa non hai
tanta apurada. Pero ollo, a noite para o baile,!! bastons fora !! e
non vexas como bailan e roucean. A maioria desta xentiña,
algúns bastante maiores e coa vidiña que levaron,van a
estas viaxes como din eles “pra adevertirse” máis que por
ver, coñocer, etc..
Mallorca é unha illa fermosa,
moi verde, na primaveira seméllase a Galiza, senon fora porque
as árbores non son coma os daiqui , a vexetación é
mediterranea. Sitios a visitar: As covas de Höhlen, as de
Drach, Valldemosa, Soller en tren..e a cidade vella na capital, etc..
Para os que non a coñezan,vale a
pena. Un saudo de Muras.
Despois do xantar de Fernando Ledo ( con café, copa e faria incluídos), e do canto do cuco de Rafael,( con gorgoriños de primavera ), non está de mais unha das miñas poesías. Estamos no mes de Maio,e, as nosas nais, son merecentes dos nosos agasallos.
MADRE MIA
Madre mía, te decía algún día, cuando de niño te hablaba…
llorando, riendo, extrañando los besos que tu alma guardaba.
Sin saberlo te adoraba, madre mía, cobijado bajo dulces miradas,
y soñaba con claras luciérnagas que anidaban en sueños del alba.
Los mimos y las caricias eran vagos reflejos de unas luces claras
que revoloteaban sonriendo, en busca de unas sabrosas migajas.
Yo, niño, no las veía, cegado por los años de mi tierna infancia,
mas…, allí estaban, muy dentro de ti, saciando mi alma dorada.
Hasta que el tiempo pasó, como pasa el fin en los cuentos de hadas,
guardando, dentro de sus páginas, felices sueños y ...hasta mañana.
Cada uno de tus besos, latía dulce en las nuevas hojas encantadas
que escondían aquellos cuentos, y encendían mis sueños de infancia.
En el alma atesoro aquellos momentos, reflejos de extrañas miradas,
que hoy leo y releo, desde aquel misterioso ayer, que conmigo habla.
…caricias encerradas, riendo y cantando, madre mía, siempre en mi cama.
de fe e respeto, moi participada e breve. Logo sentamos a xantar empanadas e churrasco. Despois do café, cada coro cantou unha peza do folclore galego rematando a xornada con outra peza interpretada conxuntamente pola totalidade dos coros. Rematamos ás sete do serán, cando empezaba a deixar de chover. Cada persoa pagou do seu peto 20 euros: 18 da comida e 2 polo equipo de megafonía. Unha vez máis, correu todo pola nosa conta: o traballo e mais os gastos.
Quedei un pouco canso pola tensión acumulada nos últimos días pero teño a impresión de que a maioría da xente marchou contenta pra súa casa. Eu sigo asombrado pola resposta desta xente sen importarlles as adversidades meteorolóxicas. Non sei o que pensarán os compañeiros directores pero pola miña banda creo que esto merece que non remate aquí. Quizais deberei convocar outra cea con eles para analizar o acontecido. Por hoxe máis nada. Fernando Ledo.
Xa se
escoita cantar ao cuco no monte de Nosa Señora da Pena do término
municipal de Cambre. Descoñezo cando chegou. Os que vivades en vilas
ou aldeas sabedes ben cando cuca por primeira vez cada ano.
Escoiteino antonte. Supoño que este ano,igual cás
andoriñas,adiantaría o regreso motivado polas calores,fora do
común, que tivemos no mes pasado. Parece que o mais caloroso desde o
1971.Xa moito leva chovido desde aquel ano.
O
cuco é moi malo de albiscar. Por si vos pasa coma min, mireino dúas
veces nada mais,poño a fotografía sacada da rede.
A súa
característica principal é o modo que ten de reproducirse. Pon os
ovos en niños alleos. Xeralmente nos de aves de menor tamaño. Cando
nace,xa é cuco desde que sae do ovo, empeza a remexerse entre os
demais polos para rematar guindándoos do niño para quedar solo e
sempre o consegue polo seu maior tamaño. Tamén unha foto de como
unha especie alimenta a cría de outras.
Cando
de rapaz o escoitei por primeira vez pareceume un conto como o de que
os nenos se mercaban na vila nunhas feiras especiais que cando eu ía
nunca se vendía ningún.
Para que saibades como cuca:
Por
se,sobre todo os “urbanitas “non se fían do que escribo aí vai
ese enlace para saber mais.
A
natureza é unha caixa de sorpresas. O das nais de aluguer,noutras
especies,xa ven de vello. Toda esta lería,ademais de por pasar o
tempo,ven a conto do que vou facer deste vez: Recoller uns relatos
dun estudante de Filosofía e Teoloxía do seminario de Ourense,moi
coñecido en Vigo nos ambientes galeguistas por ser libreiro,editor e
axente cultural significado. Bieito Ledo Cabido. E da nosa época.
Estivo ligado a Galaxia. Ten o selo editorial: “Ir indo Edicións”.
Foi o editor,entre outras obras ,do coñecido como DEGU (Dicionario
Enciclopédico Galego Universal) Son sesenta manexables tomos que
comercializou a Voz de Galicia xunto co diario. Razón pola que está
presente en moitos fogares .Pois este home bo e xeneroso para a
cultura galega ten un libriño que se chama aconteceres de relatos
curtos.
Deixase ler ben. Del están recolleitos eses tres que fan referencia
ao seu exame de ingreso polos mesmos anos en que nós o fixemos. El
no 1956. E premonitorio,non sei se inventado ou non, do contrato ou
compromiso que adquiriu con Galicia e cos galegos e que deixa ,de
momento , sobradamente cumprido
FORZA
TELÚRICA
Aconteceu,
ben o recordo, o día trinta de setembro
de
mil novecentos cincuenta e seis, véspera do meu
ingreso
no Seminario Menor de Ourense, que preparara
da
man das mestras Dona Carmiña e Dona Leonor,
na
escola unitaria de Abeleda. Todo o meu saber
proviña
da Enciclopedia Álvarez, onde viña algo de
todo.
Historia Sagrada, aritmética, xeometría, xeografía,
historia
e, sobre todo, gramática. Resumindo,
había
que dominar as catro regras, a regra de tres e a
raíz
cúbica, os ríos de España, os acontecementos da
historia
máis importantes, as regras de acentuación,
ler
e escribir correctamente, e pouco máis, perdón, e
moito
máis: memorizar de cabo a rabo preguntas e
respostas
do catecismo do Padre Astete: “¿Quién es
Dios?Dios
es nuestro Padre que está en los cielos, creador
y
señor de todas las cosas, que premia a los buenos
y
castiga a lo smalos...” Sempre recordarei de
carretilla
e
cunha certa cantilena a táboa demultiplicar e “El
río
Miño nace en Fuente Miña, provincia de Lugo,
pasa
por Lugo e Ourense e desemboca... ou:
y en llegando un
beodo a su casa,
y en oyendo a un reloj darlas
dos
dijo con mucha calma,
¡cómo dos veces la una!
Este
reloj anda mal...”
Pois
ben, nomes de xuño acudíramos á capital máis
de
cincocentos rapaces de toda a provincia. Recordo
que
aprobamos cento vinte, entre os que se atopaban
Antón
Pulido, Evencio Domínguez, Ramón R. Vázquez,
Antonio
Rodríguez Rodríguez, Paco G.
Novoa…Todos
eles aínda hoxe amigos de meu.
No
mencionado día outonizo, diante da miña casa
de
Padroso, á noitiña, a xente sentábase nuns maradoiros
á
conversa, circunstancia que eu agardaba cos que
viñan
do barrio de Aslaxas a buscar auga á fonte, que
se
atopaba a uns douscentos metros. Pola educación
recibida
acostumaba a collerlle o porrón, mercado na
feira
de Maceda e fabricado en Niñodeaguia, ao señor
Martín,
para facilitarlle o pracer de falar na tertulia,
cousa
que facía con moito enxeño e utilizaba como
muletiña,
“me cago na caralla”.
A
miña sorpresa foi cando cheguei á fonte, situada
debaixo
duns centenarios carballos, propiedade da
miña
familia. Atopeime cunha enorme asemblea que
tiña
redactado un documento que dicía:
En
Padroso, Xunqueira de Ambía, Ourense, a trinta de
setembro
de 1956,
REUNIDOS:
Dunha
parte os habitantes deste cacho do mundo que nos
vimos
chamando dunha maneira determinada dende hai máis de
mil
anos: rula, bubela,merlo,miñoca, ra, toupeira, pega, laverca,
curuxa,
ourizo cacheiro, lagartiña, paspallás e carriza.
En
adiante denominados os HABITANTES.
Da
outra D. Bieito Ledo Cabido, fillo de Francisco e Secundina,
natural
deste noso territorio e que ingresa mañá no Seminario de Ourense
para estudar latín, grego e outros saberes.
En
adiante denominado Bieito.
Ambas
as partes con poderes suficientes para outorgarse o
presente
documento,
CONSTATAN:
PRIMEIRO:Que
os habitantes teñen un nome que levan dende
hai máis
de mil anos.
SEGUNDO:
Que na Enciclopedia Álvarez, na que tivo que
estudar
Bieito, os habitantes chámanse doutra maneira: tórtola,
bobilla,mirlo,
lombriz, rana, topo...
Por
todo o exposto,
OS
HABITANTES ACORDAN como punto único e por unanimidade
transmitirlle
a Bieito, responsabilidade que este acepta, toda
a
forza telúrica almacenada a través de centos de anos para que
no
futuro poida haber unha Enciclopedia onde aparezan os
nosos
propios nomes, para engrandecemento e honor de todos
os
habitantes da terra.
O
que asinan por duplicado aos efectos oportunos no lugar e
data
ut supra.
OS HABITANTES BIEITO
Unha
copia do documento consérvase gardado no
caixón
do chineiro que fixera no ano cincuenta o señor
Adolfo
do Viñal, de madeira de castiñeiro, á entrada da
casa
petrucial e que ha dar memoria cando dentro de
pouco
haxa que lelo novamente, en proba de cumprimento
despois
de case medio século. A espera e o
esforzo
pagaron a pena.
Os
HABITANTES comezaron
a preparar por entón
unha
festa que duraría no dicir de D. Álvaro Cunqueiro
“mil
primaveras máis”.
O
segundo á unha simpática anécdota dos traballos que se pasaban
para escapar da vixilancia aqueles precoces fumadores:
INTELECTUS
APRETATUS
Parece
ser que a escaleira inventouna un coxo
diante
da imposibilidade de subir a unha mazaira para
coller
mazás. Isto quere dicir que a necesidade aviva o
enxeño
e pola contra a abundancia tende a relaxar as
condutas.
É a voz da experiencia. Dito máis claramente,
a
pobreza denigra, a riqueza corrompe e a austeridade
purifica,
senón que llo pregunten a Isaac
Díaz
Pardo.
No
Seminario de Ourense, polos anos sesenta, estaba
prohibido
fumar, mesmo na comunidade dos filósofos,
con
18, 19 e 20 anos. Xa poden imaxinar que o
non
permitido dá máis pracer se está socialmente perseguido,
como
era este caso. Os pecadores dispuñan
de
habitación individual, pero sen chave na porta, circunstancia
que
permitía a revisión por parte da superioridade
que
podía comprobar, sen ningunha traba, o
lugar
segredo e rebuscado onde se agochaba o tabaco.
Entre
a roupa, debaixo do colchón da cama, nalgún
dobre
fondo da mesa ou da silla, detrás do espello fixo
do
lavabo... Todos estes lugares eran descubertos polo
Prefecto,
nome que tiña o cargo do superior
O
que nunca puido descubrir por moito que o
intentara,
foi o lugar onde o gardaba o Paco G.Nóvoa,
acérrimo
fumador, ata que un día, previo compromiso
de
que non sería castigado, confesou que tiña os cigarros
nunha
orixinal cigarreira. Gardábaos na cana da
vasoira
á que lle afundía os nós e lle colocaba logo un
tapón.
A vasoira descansaba sempre, inxenua, debaixo
da
cama. Intelectus
apretatus discurret que rabeat.
A
terceira é un exemplo de actos inocentes de diversión naquelas
ambientes cerrados propios dos internados e que eran comúns en todos
os seminarios da época.
AS
CHANZAS
Nos
internados, a convivencia resulta aburrida e
monótona.
Se compartir a vida entre dous xa resulta
complicado,
como será entre moitos! Pasar días e
meses
as vintecatro horas baixo un mesmo teito, como
lle
ocorre aos soldados, ás monxas, aos frades, ou aos
estudantes,
non é nada levadeiro. Hai tempo abondo
para
imaxinar as cousas máis raras e orixinais.
Nos
cuarteis, polo que contan e trascende fóra, ás
veces
o que existe é abuso de poder. As novatadas
sófrenas
os inexpertos, os que sucumben baixo o mal
gusto
dos veteranos.
Contarei
dúas experiencias, das moitas que teño da
miña
estadía no Seminario de Ourense. Unha aconteceu
cando
cursabamos segundo ano de Teoloxía, con
vintedous
tacos ao lombo. Como non resulta difícil
adiviñar,
a comida era alí pouco apetitosa e nada variada:
sopas
e caldos lavados, patacas secas con escaso
compango,
lentellas viúvas, fabas negras con areas e
bichos...
Para variar, un tal Moncho, o Pulido e mais eu
decidimos
montar garda e control sobre os pichóns
das
pombas que criaban nas torretas. Non eramos os
únicos.
Cando contabamos que os animais xa estaban
na
plenitude, decidimos subtraelos. Metémolos nunha
caixa
de cartón que levamos a unha das habitacións
desocupadas,
alá pola parte do Auditorio. Un xoves,
cando
saiamos de paseo pola tarde, á altura da tenda do
aceitunas,
e non sei cantas cousas máis dispostos a
celebrar
a cuchipanda.
Pero ningún dos tres era experto
no
sacrificio e no desplume. Tampouco na cociña,
polo
que todo foi a base de improvisación. Para iso
funcionamos
cun “inferniño” eléctrico e unha lata
grande
de sardiñas como freidora. A pesar do tempo e
dos
aderezos que lle fomos engadindo, os pobres animais
quedaron
durísimos, pero aínda así demos cabo
deles.
Claro que despois, durante a cea no refectorio,
non
probamos bocado e tivemos que pedir tres macelas.
Menos
mal que non estabamos xuntos e non se
notou
nada.
A
outra foi cando o Abel, un compañeiro amable
que
gastaba humor e facía de sancristán, decidiu dispor
do
viño da misa para obsequiarse a media tarde cun
ponche,
para o que utilizou os ovos que lle traían os
seus
pais cada quince días. Daquela, tomar un ovo batido
con
viño de misa e azucre era algo moi estimado
porque
alimentaba e daba enerxía. Pois ben, un domingo
pola
tarde, cando todos marcharan de paseo, o Sierra,
que
facía de enfermeiro, o Paco Nóvoa, o Pulido e
mais
eu, decidimos ir á habitación do Abel para baleirarlle
todos
os ovos empregando un alfinete para
facerlle
dous buratiños en lados opostos e logo soprarlle
para
baleiralo. Despois, cunha candea, tapámoslle
cunha
gota de cera un buratiño, e cunha xeringa inxectámoslle
auga
conmoito azafrán e taponamos o outro
.Cando
regresaron do paseo contámoslle todo ao
Máximo
e pedímoslle que ao subir da merenda fora
pola
habitación do Abel para que o convidara a un
ponche.
Ao día seguinte alguén fixo unha poesía que, a
modo
de periódico improvisado, nos alegraba aqueles
monótonos
e longos tempos; titulábase: “O Abel ten
os
ovos chocos”.
Como
vedes fixen honor ao título e comporteime como o cuco. Deixei os
ovos literarios nun niño que non me pertence ou ao revés. Que mais
da. Sei que Bieito non me vai demandar por iso. A culpa é da
natureza que non para de sorprendernos.
Un
saúdo para todos. Aproveitarse e gozar da primavera. Deica a
próxima.Rafael
Interesantísima a entrada de Eduardo, a quen aplaudo con entusiasmo.
O día da nai xa pasau, mais as nais sempre están con nos. Vai poe elas:
MAMÁ
Desde mi cuna estoy viendo
miradas, caricias, recuerdos…
que vislumbro en la lejanía
como sueño de mis deseos.
Aunque es insondable misterio
y, para todos sea genérico,
lo guardo sólo para mi,
como el viento al aire
que en sí lleva dentro.
Su recuerdo va conmigo
como misterio del tiempo;
le canto cuando la escribo
con el fuego de mis versos,
y la acaricio en mis sueños.
El más dulce pensamiento
guarda consigo el misterio:
al nacer, la llevo en el alma
y, al morir, MAMÁ, en mi cama,
ha de ser mi último aliento.
Antonio Puertas
Non hai escusa
Despois da entrada de Rafael (27-IV), despois da chamada dun paterfamilias que convida os membros desta singular familia, non me quedan argumentos para non corresponder.
Indignémonos?
Hai anos, décadas, que sobran motivos para indignarse, sen perder a dignidade, entendida a palabra en sentido etimolóxico. Stéphan Hessel parece estar libre de sospeita. Está moi ben ler o libro. É urxente indignarse de verdade, comprometerse e reaccionar, pero non confundamos o inimigo.
Cando os apocalípferos* de sempre piden rebelión, ao estilo árabe recente, estalido social, revoltas nas rúas, éntrame a sospeita porque afirman simultaneamente unha cousa e a contraria, condenan as consecuencias e aplauden as causas. Non vou poñer exemplos, pero non me refiro ao club branco, braquísimo, que ten un futuro inmediato mouro, mouriño. Tampouco ao Papa que quere loitar contra a vasura acochada debaixo das alfombras e beatifica con premura insólita a Xoán Paulo II. Torres Queiruga di que é precipitado; outros, que é un branqueo da permisividade e do ocultamento. E na praza de San Pedrro xa se oía: "Santo súbito".
Volvendo ao tema central da contradición económica, viaxamos polo túnel de Ernesto Sábato e non é fácil ver luz. É doado, en cambio, deixarse deslumbrar pola falsa luz dun vagallume que só brilla na escuridade.
Anécdota con valor de tese
Lin hai pouco unha anécdota que me parece acaída para aquí. Viaxaba nun taxi Bryce Echenique por México, DF. Cansado de ver en todas partes o cartel publicitario: "Corona, a cerveza de barril embotellada", comentaoulle ao txista: "Isto non é posible, se é de barril non é embotellada".
O sabio taxistarespondeulle: "Es lo mismo, no más que diferente".
Paréceme unha metáfora da burbulla que habitamos, do planeta da contradición. Esta perversión lóxica e moral de afirmar unha cousa e a contraria é grave, pero é máis grave que este discurso se acepte con naturalidade, como se perdesemos a capacidade de enfrontar opostos.
O problema é, ademais, que nos indignamos por barrios e segundo a quen lle toque. Está ben unha indignación masiva, pero sempre hai unha desculpa evasiva.
Creo que Manuel Vicent explica ben esta idea:
Bacterias inadaptadas
Descendemos da bacteria e compartimos con ela 5.000 xenes exactamente iguais, que veñen sendo a cuarta parte. Non existen seres superiores nin inferiores, todo depende da súa capacidade para adaptarse ao medio. Esta cualidade chámase intelixencia. Desde a primeira bacteria, nacida nunha poza, ata Obama, que conseguiu cazar a Bin Laden, cada un fai o posible por sobrevivir, todos formamos unha familia chamada vida. Non hai moita diferenza entre Einstein e as pulgas do seu can.
A etoloxía humana móstranos unha característica exclusiva: o odio, que non compartimos co resto dos animais. O odio é un desequilibrio do espírito. O máis refinado é o odio teolóxico que establecemos os seguidores das tres relixións monoteístas: guerras santas con ríos de sangue.
No noso país dáse un rancor autóctono, o da estirpe de Caín, o odio entre políticos: o debate entre adversarios converteuse nun enxamio de odio persoal, nun modo de entrar a matar contra a bancada de en fronte.
Pensarían as bacterias que esta loita política é falta de intelixencia, incapacidade para adaptarse ao medio. Unha maioría opta por ver o rancor ideolóxico, desde a grada, como un espectador. É un recurso para sentirse a salvo? Para non indignarse? Para non comprometerse? Para non reaccionar?
A Semana de Filosofía de Pontevedra tratou este ano a mentira, a manupulación da realidade desde distintos ángulos, incluídos os medios de comunicación.
Repensar o mal
Vin o vídeo recomendado por Rafael sobre o libro de Torres Queiruga. Fixera a mesma síntese nunha conferencia pronunciada en Pontevedraantes de publicar o libro. Parece que non di nada grave, pero dálle un revolcón á teoloxía ou ao xeito de explicala ata agora. Realmente o que fai é sacar conclusións lóxicas dunhas premisas. É contraditorio "un Deus que consiste en estar amando" cun Deus que castiga e se vinga dos pecadores. Procura non caer en contradiciónn teolóxica. Igual ca un Deus xusto, que tratamos de comprar con recomendacións directas ou a través dos santos; isto último non o dixo Andrés, é ocorrencia miña.
Ese é o camiño para repensar a teoloxía e recuperar a salvación. Tamén fala con descaro da necesidade urxente de que a Igrexa asuma a democracia e escoite máis o pobo, que tamén está asistido polo Espírito.
Sobre galego e coloquialidade deste blog falarei outro día, se cadra.
* Apocalípfero: persoa que leva a destrución no ADN mental. DESP.