O amigo Rafael non fai mais que chuzar
para que saltemos a palestra.
Pra moitos de vos, foi a farramenta de
traballo, por eso o tendes mamado, a miña farramenta foi mais
rudimentaria. O problema xa non radica soio na
escritura (hortografia), tamén na fala; como estamos acaron da
peninsula do Morrazo, donde todo é CU SIDA: merlusa
cusida, patacas cusidas etc....e menos mal que non sae a
musiquilla.Todo esto o largo do tempo vaise pegando.Pero as
influencias no lenguaxe non acaban aquí ; polo sur,temos os
portugueses que tamen deixan a sua pegada.Algo de razon levan os que
lle chaman os de Vigo, portugueses. Todo este rollo para anticipar que
o meu discurso saese de toda normativización e normalización.
Unhas pinceladas da miña
primeira viaxe cos do Imserso.Estiven coa dona unha semaniña
en Mallorca. A “organisaçao” fenomenal, todo con guía, do autobus
o avión e a inversa.Si a viaxe pilla na hora da comida: bolsiña
con bocatas,froita e auga.Todo baixo control.
Acomodados no hotel de
destino,organizan excursions para os que queiran (estas non se
incluen no precio da viaxe).
O persoal desta idade,dun xeito mais o
menos consciente ou inconsciente,sábese que está mais
preto do FINAL.Esta é a xustificacion que lle atopo o feito de
que anden tan apurados para todo: para facer a fila tanto para ó
bus coma para ó avion; para sair do autobus espetanse de pé
apretuxados no pasillo e xa non deixan sair da cadeira; no comedor
para servirse, empuxan e colanse na fila..etc Bueno, o asunto da
PRESA sí, pero non para camiñar: entre os anos,os
kilos e cantidade de persoas coxas con bastón aqui xa non hai
tanta apurada. Pero ollo, a noite para o baile,!! bastons fora !! e
non vexas como bailan e roucean. A maioria desta xentiña,
algúns bastante maiores e coa vidiña que levaron,van a
estas viaxes como din eles “pra adevertirse” máis que por
ver, coñocer, etc..
Mallorca é unha illa fermosa,
moi verde, na primaveira seméllase a Galiza, senon fora porque
as árbores non son coma os daiqui , a vexetación é
mediterranea. Sitios a visitar: As covas de Höhlen, as de
Drach, Valldemosa, Soller en tren..e a cidade vella na capital, etc..
Para os que non a coñezan,vale a
pena. Un saudo de Muras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario