de fe e respeto, moi participada e breve. Logo sentamos a xantar empanadas e churrasco. Despois do café, cada coro cantou unha peza do folclore galego rematando a xornada con outra peza interpretada conxuntamente pola totalidade dos coros. Rematamos ás sete do serán, cando empezaba a deixar de chover. Cada persoa pagou do seu peto 20 euros: 18 da comida e 2 polo equipo de megafonía. Unha vez máis, correu todo pola nosa conta: o traballo e mais os gastos.
Quedei un pouco canso pola tensión acumulada nos últimos días pero teño a impresión de que a maioría da xente marchou contenta pra súa casa. Eu sigo asombrado pola resposta desta xente sen importarlles as adversidades meteorolóxicas. Non sei o que pensarán os compañeiros directores pero pola miña banda creo que esto merece que non remate aquí. Quizais deberei convocar outra cea con eles para analizar o acontecido. Por hoxe máis nada. Fernando Ledo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario