Sería unha transgresión
da lei galeguista non ter un relembro,en tan sinalado día, da
devandita efemérides. Pouco a pouco imos facendo pais neste “in
pais”como lle chama Xavier Alcalá.. O ,este ano, homenaxeado é un
poeta singular: Lois Sánchez Pereiro. E da escola de Manuel María
que exerceu de Procurador dos Tribunais en Monforte. De aí saíron
unha xeración de galegos bos e xenerosos. O seu irmán Xosé
Manuel,director da edición de Galicia do País e Antón Patiño
pintor con fama amais de escritor prolífico e polifacético.
Empeza a escribir,como
todos os poetas,de moi novo,aos 15 anos, nunha revista do Colexio dos
Escolapios de Monforte onde estuda. En Madrid.,rematado o COU,empeza
Ciencias Políticas e Socioloxía que abandona por non corresponderen
ás expectativas que tiña desa carreira. Alí funda con Antón
Patiño, o seu irmán e Manolo Rivas a revista LOIA. No 81 vense a
vivir á Coruña e forma grupo a carón da Revista LUCES con Xavier
Seoane, Paco Salinas,López Valcárcel e outros onde publica algúns
dos seus poemas. Ten dúas obras poéticas titulando a última
“poesía de amor e enfermidade”.
Morre Lois Pereiro con
48 anos,o 24 de Maio de 1996, deixando moita poesía sen escribir.
Transcendeu,naquel momento, que fora a causa do Sida. Pero conforme a
unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo o motivo do seu
falecemento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado;
enfermidade que contraeron moitos en Madrid que consumiron aquel
aceite barato que se vendía a domicilio a xente con poucos recursos
como foron, naquela época, os estudantes.
Tivo un ex librís moi
bonito:
Como nota de actualidade
destaca hogano,penso que para ben,a publicidade que fai a empresa de
alimentación Gadisa nos dous millóns de bolsas que anda a repartir
nas súas tendas co gallo desta celebración.
O poema vedes que é moi bonito. A vida é unha roda. Unha circunferencia. Unha vez que damos a volta enteira volvemos ao punto de partida. Moi de Pierre Teilhard de Chardin. Alfa e Omega. Que siga un filósofo ou teólogo.
Se o mundo da empresa e
dos cartos asume como valor en alza o noso idioma entón podemos
durmir tranquilos que o galego acabará tendo un futuro prometedor.
De momento hai que celebrar os pasos que se van dando. Detrás virá
a Administración Pública, Universidade, a xudicatura, o notariado e
incluso a Igrexa o fará oficial totalmente en toda a súa
actividade. O que está tocado polos cartos ten un brillo
especial,igual que o luxo, que incluso é o que mais lle gusta aos
chineses
Cambiando de tema, e
termino, descubrín estes días na rede que é a mais grande
biblioteca do mundo mundial un estudio sobre un crego madrileño:
Leocadio Lobo que realizou na Universidade de Navarra José Luís
González Gullón recentemente, no 2009.
Encontrádelo aquí:
http://dspace.unav.es/dspace/bitstream/10171/7413/1/Leocadio%20Lobo,%20un%20sacerdote%20republicano%20_1887-1959_.pdf
Este crego cítao o
escritor Arturo Barea, autor dunha triloxía famosa nos libros de
Historia da Literatura que se chama. “La forja de un rebelde”,
“la Ruta” e “La llama”. E unha novela histórica e
autobiográfica que se lee con gusto e que engancha moi pronto. Na
“llama”fala dun crego co que se entendía ben que era republicano
dos poucos que había durante a guerra incivil en Madrid.
A investigación que se
fai agora, da vida deste crego, cun rigor científico que chama a
atención nas notas documentais que cita,é para min moi reveladora
da historia parcialmente contada sobre aqueles anos infaustos. Se a
alguén lle interesa lelo e logo quere comentalo ben e se non tamén.
Leva dúas horas sen pararse moito nas citas.
Un saúdo para todos e
moi principalmente para Fernando Ledo. Os trasnos son os responsables
do fallo destes trebellos. Da moita rabia. Hai que tomalo como un
enredo como lle chama Andrés. Segue escribindo que sempre gusta
saber algo dos compañeiros e ademais escribes moi ben como non podía
ser menos dun alumno avantaxado de D. Manuel Gacía (Ceuta).Xa te
vexo de “mestre de capilla”como D. Moqueró. O outro día,no 800
aniversario da catedral, interpretaron unha Misa antiquísima que
recuperou o noso amigo JUTRIPE do arquivo catedralicio. O cara de
bacallau como lle chamaba o Señor Manolo, alias Zampa. Era unha gran
persoa. Viviu preto de min, cunha irmán ,cando se retirou e daba
xenio falar con el da cantidade de cousas que sabía de San Martín
Pinario. El acordaba o Pino na horta que mandou cortar o reitor Capón
para que se puidese xogar ao fútbol..
A gallada de verbas que
nos mandou Chucho tamén me gustou moito. Ti, pese a que usases menos
o encerado ca min, tamén te dedicaches ao ensino. Se dabas teórica
ao mellor tes mais horas de clase ao lombo das que teño eu. Ademais
sempre redactaches moi ben. Luciano e mais eu tiñamos mais
dificultades. Non recordas aquelas tardes do verán do 68 en que, ao
pe do Castelo de San Felipe,en Ferrol, redactabamos as nosas
vivencias de traballadores manuais? Segue escribindo. A túa visión
dos viaxes do INSERSO é moi interesante.
Eduardo tamén volveu
ao curral literario con vocación de permanencia. Algún mais hase de
ir animando pouco a pouco. Ademais de Puertas que sempre ten a man o
cálamo como o finado de Joli Mosvil que saía do campo de fútbol
para anotar a inspiración da musa.
Feliz día das nosas
letras que mamamos na fala pero que aínda hoxe na escrita temos
algunha eiva. A iso referireime na próxima entrada. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario