Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 10 de mayo de 2011

COUSA DO DEMO

Así dicía a miña avoa cando algo saía do revés sen explicación lóxica. Eu tamén digo o mesmo, porque despois de tirarme unha hora escribindo neste trebello para contarvos o trafego no que andiven metido nesta última tempada, resulta que non poido explicarme cómo foi que só saíron publicadas as derradeiras liñas do texto que tanto traballiño me costou escribir.  Así que, como xa vai coa segunda vez que tal me acontece, non quero dar lugar a unha terceira so pena de mandar o trebello a tomar polo saco, como dicía o noso compañeiro Mosquera.
A miña entrada tan tardía era para xustificar un pouco a ausencia neste blog. Ocorréuseme facer unha xornada de convivencia para os Coros parroquiais da comarca da Estrada á que pertence a miña parroquia. Despois de varias ceas de traballo cos directores de tales coros, decidimos organizar o evento no domingo 8 de maio:  Nunha fermosa área recreativa á beira do río montouse unha carpa para ter Misa de campaña, comida de hirmandade e actuacións de cada coro por separado para rematar cunha actuación todos xuntos.  Por pauto do demo, o día estivo de chuvia, vento e frio; pero os cantores acudiron á cita coma se fose pleno día de verán; xuntámonos douscentos quince; tendo en conta que a maior parte destes coros non pasa da ducia de persoas, sendo o meu a excepción por sermos 30, hai que recoñecer que a asistencia foi masiva e entusiasta. Os meteoros adversos non puideron impedir que a Eucaristía resultase brilante con tantos cantores empeñados en que así fose, o xantar a base de churrasco e abundante viño do país espantou o frío e a chuvia; logo viñeron as actuacións musicais con moito entusiasmo e o final todos xuntos resultou apeteósico. Cada persoa pagou 20 euros: 18 pola comida e 2 máis para a megafonía.
Admito que nalgún momento da preparación tiven gana de tirar a toalla, pero visto o resultado e a resposta entusiasta de esta xente, pagou a pena o esforzo.
Este é o resume do longo artículo que escribín para vós e que as meigas frustraron. Por si volve a suceder o mesmo apresúrome xa a envialo. Fernando Ledo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario