Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 13 de febrero de 2012


¿ QUE ESTAS A MIRAR… ?


¿ Que estar a mirar, oh ? …¿ Teño monos na cara, ou é que me estas a ver  fuciño de gato ?
- ¡ Desvergoñado ! ¡ Lacazán ! ¿ Pensas que me esquecín d´aquela trincada que me deches no ano da fame ? 
 ¡ Con esas andamos… ! ¿ E ti pensas que eu non recordo quen acendeu o lume na palleira na do amo ? ¿ No no esquecín, que, pola túa culpa, morreron dúas cadeliñas palleiráns pura sangre, fillas do grifón de Baldomero ? Por moitas refregas que lle fagas ás pernas da señora Basilisa, ti non me enganas: ¡ falso ! …¡ que es un falso ! Ti, só estás ás comenencias.
- Arreda de min a túa mirada revirada de meigo lambecricas, que non me quero aproveitar de quen está  na cadea, que¡ por algo será ?
Ti a min non me insultes, que chas volvo a dar.
- Atrévete, se podes !
Así, d´esta maneira, un día si e outro tamén, case, por sempre eternamente, ata quedar rendidos polas maldicións, nun supor reparador, sen que ningún dous dous inimigos irreconciliables, deixaran de mallarse mutuamente, gardando o límite das distancias dos niños, ó pe do palleiro, sen deixar de revirar o ollo dereito, ou o esquerdo, dependendo das ideas políticas de cada quen.


Certo día, no canto do galo, a aldea estricábase mais guapa que outras veces, e o fume do orballo, erguase cara o ceo, rico en cheirento elixir de cortello, repintando nubes de mil cores; e, as casas do rueiro, abrían fiestras nun subversivo sono reparador de cans e gatos,  imitando formas novas e milagreiras, naquela estraña noite dun dia calquera.


Mira- di o can- pa que vexas que non son rancoroso, vouche amosar un trato: ti, de agora en adiante, vas esquecer tódolos insultos e maldicións cara á miña soberana persoa, i eu, pola miña parte, dende xamais volverei a mallar no teu lombo, nin abrila boca maldicíndoche dende o noso palleiro. E, pa que non haxa dúbidas, imos ir á carón de Perico, sabedor de artes e leis ( o que as sabe e as salta todas) pa que nos compoña unha obriga entre nos. Se eu son o que racha o trato, ti has ter, durante nove meses, tódalas mañás ó abrilo día, media ducia de sardiñas frescas do xeito, e, si es ti quen non cumpre, dásme durante un novenario, un osiño de tenreira galega, da crianza do Belesar. E, pa que vexas que as pensei todas sen maldade, se Perico, o raposo, nos engana, nin ti nin eu estaremos comprometidos a nada; a parte de toda a nosa liorta, que ven de vello,  non ten sentido ni xeito… ¿ Que che parece ( cholito ) ? 
-Moi ben; trato feito.
…Arrexuntados neste solemne auto, por unha banda: Fulaniño de Tal- O Estirado-, i, pola outra -o Aniñado-: Tal para Cal, acordan: isto e mailo outro,… i ,en proba de consentimento imposto, pola banda de Laíño, firma e racha O Punteiro da Carracha, i, pola banda de Montrove, Quen por Ratos non se Move.-…Dado onde ten que darse, a tantos do tanto, do tinteiro, coa presencia do Preguiceiro.


Todo parecía amarrado a “ las mil caravillas” e así foi durante moitísimos anos, ata que, asomou o fuciño a  sogra de Perico, coñecida como a Vella do Visillo, alcume que lle ven de nai, pola vista e maila orella desenrolada na cova que cavaran en tempos ancestrais no valo do Regueiro da Vila; sona ben gañada  pola latriquete coas da súa clase.
…Sabes o que che fixo o teu veciño, compañeiro de catre ?
- Non.
Pois, que esta pasada noite, el e mailo meu neto ( que- entre nos quede- é un trapallas ) acordaron facela paz,, e, o galopín do meu parente, díxolle que ía agasallalo cunha lebre cada día, durante o novenario de San Antón, se deixaba de perseguilo en tempos da caza. Que ouveara polo medio da toxeira, mentres el, estaba a lispar pola Xesteira arriba. Este meu neto, é un trapalleiro; ¡ mira que querer enganar ao seu amo !
¿ Como ?…que ese fillo de la g. p. dixo iso ?.-
 Como cho conto.
- Me cago nas galiñas do noso galiñeiro. Ese cabrón vaise de que é fillo Da Potranca, e vai saber quen é O Estricado… ¡ Señor Florencio, chame de seguido ó cabrón da Carracha Vella !… que vaia arranxando os ovos e o oso do pernil do noso  trato. Nin gatos nin cans, pasamos por iso. ¡ Xa mo daba a alma, que este cabrón, no la ía xogar! ¡ Menos mal que deixamos todo isto ben escribido, e ben atado, que si non !… 
…Escoite vostede, inmediatamente, traiame unha ducia de osos do Belesar, pa ir facendo boca, e pa o meu compadre, catro ducias de ovos marelos,… e que non estean chocos. ¿ Entendido ?
Con todos os meus respectos,  penso que aquí hai un mal entendido. Eu cargo coas culpas de todos, non obstante, o verdadeiro responsable de todo, é o teu compañeiro de palloco, que, pa que non te decataras do que esta a pasar, foi con contos á Vella do Visillo, resfregándolle o lombo polas pernas, e, o mesmo tempo, arrapañándolle algunha que outra sardiña da artesa.  
Non te fíes, porque ten as unas moi afiadas, e uns ollos de víbora pezoñenta,


E, o astro rei, que estivera na repunta do alto da Amizade, de súpeto, agochou a crista na carballeira. Hai quen di, que, as chuviñadas, son as bágoas do sol, que laian pola xustiza do can e mailo gato da palleira.




Antonio Puertas

1 comentario:

  1. Pasei uns minutiños lendo o teu conto que me gustou moito.Es poliofacético.Pareces un renacentista.Practicas a forma poética e mais a prosaica.Es un exemplo, da utilidade práctica que se lle pode quitar aos estudos de Humanidades, para todos nós.Noraboa Puertas.Ven preparado para dar conta do cocido como corresponde a un bardo camariñán.Saúdos e saúde.Verémonos o Venres que vén.Rafael

    ResponderEliminar