Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 1 de marzo de 2012

Terciando e mollándome (AGV)

Comparto, case sen matizacións, o contido deste artigo publicado hoxe en El país, asinado por un colega de Rafael e que introduce tamén a cuestión da ideoloxía ou da parcialidade política na actuación do Colexio de Avogados de Madrid no proceso de Garzón.

http://elpais.com/elpais/2012/02/13/opinion/1329159365_117918.html

O máis triste e significativo para min en todo este asunto é que o funcionamento da xustiza en España se aplica, se avalía, se discute e se louva, con interferencia explícita do credo político dos que interveñen nel,. fiscais, xuíces, avogados, medios de comunicación: desde as imputacións, ata os procedementos, ata o reparto dos casos entre os xuíces, ata as filtracións de sumarios secretos e ata as sentencias.  Os prácemes duns e os lamentos doutros expresan moi ben que a xustiza vale se me dá a razón. E nin sequera me paro a pensar se a terei (a razón)... A fotografía, collida tamén da edición dixital de El País, recolle un momento da homenxae que lle fixo hoxe mesmo (1 de marzo) o parlamento arxentino.

1 comentario:

  1. ...Pois, de paso por terraa americanas, que se de unha volta polo Perú, que ali, tamén lle estás a preparar outro homenaxa...
    Saúdos

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar