Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 13 de abril de 2012

¿OS AFORROS NO BANCO OU NO COLCHÓN?

O que lles está a pasar a milleiros de aforradores que, inxénuamente fiados do que lles prometía o empregado de turno da NovacaixaGalicia, depositaron os seus pequenos aforros nas chamadas participacións preferentes, tráeme á memoria o sufrimento dos pobres arxentinos víctimas do "corralito" fai poucos anos. Ou sea que o banco, cando sospeita que o cliente non vai poder devolver un préstamo porque non puido afrontar o pagamento de dous ou tres plazos puntualmente, procede a embargarlle os seus bens; e pola contra ese mesmo banco, despois de ter enganado mafiosamente a un pobre cliente de boa fe prometéndolle mundos e moreas, á hora da verdade négase a devolverlle o que lle pertence e non pasa nada. E ainda por enriba coa complicidade da administración pública. ¡ Menos mal que vivimos nun Estado de dereito! ¿Qué garantía temos os cidadáns de que os nosos pequenos aforros van estar á nosa disposición para botar man deles no momento en que os precisemos? Dende logo ese perigo non o corren as grandes fortunas pois están ben aseguradas nos paraísos fiscais ou en contas numeradas no estranxeiro.
Fai pouco lin un artigo dun economista que resumía en poucas liñas o diabólico papel dos bancos na situación que padecemos: A crise orixinouse cando os banqueiros norteamericanos embaucaron a millóns de persoas das clases humildes para que se hipotecaran de tal maneira que xa supoñían que non poderían afrontar o pago das mensualidades. Logo estas hipotecas "subprime" vendéronllas disfrazadas a inversores do mundo enteiro co visto bó das malfadadas axencias de calificación. Cando estoupa a burbulla inmobiliaria estas subprime convírtense nos chamados "activos tóxicos". En USA calculan as perdas nunhos cen mil millóns de dólares. En España calculan que unhos 135 mil millóns de euros son de dudosa recuperación.  Pero non pasa nada, para eso están as axudas do diñeiro público apuntalando a solvencia dos bancos; non hay diñeiro para as pymes nin moito menos para a xente en dificultades pero sí para os bancos. A administración Obama destinou para este fin no 2009 un billón de dólares; na Unión Europea recibiron os bancos entre 2008 e 2010  a escalofriante cifra de 1,6 billóns de euros en axudas públicas; en España creouse o FROB no ano 2009 dotado con 9.000 millóns de euros para prestar diñeiro ós bancos con dificultades.  E para remachar o clavo, o pasado 21 de decembro o Banco Central Europeo ixectou liquidez nos bancos comunitarios por importe de medio billón de euros con un tipo de interés do 1 por cento e animounos a que invertisen en "deuda soberana" percebindo un interés do 4 ou 5 por cento. NEGOCIO REDONDO. ¿Pra qué conceder créditos ás familias ou ás pymes? Non hai que perder o tempo, moitas delas son insolventes.
E seguen a falar de que é preciso fortalecer máis os bancos co diñeiro público. Pregúntome si non é unha inmoralidade  seguir depositando os nosos aforros nos bancos coa que está caendo. Fernando Ledo.

1 comentario:

  1. Fernando, se os colchóns cantaran, ninguén ía poder durmir nunha cama.
    Saúdos
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar