Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 25 de mayo de 2012

Pa que vexas Rafael que non cambiei de páxina:


A  MIÑA PRIMEIRA NANA

¡ Hai ! miña nana, naniña,
naniña da miña estancia,
cantar da miña naiciña
que esquecín na miña infancia.

Cos morniños dos biquiños
e a dozura da mirada,
adormentan meus olliños
en lustre nana dourada. 

-Durme luceiro da alma,
que eu estarei sempre en garda
nesta durmiñada cama,
coma un anxiño vangarda -

¿Que foi daquela naniña,
túa cantareira oufana… ?
¡ Hai, queridiña naiciña !
volve a cantarme esa nana.

Antonio Puertas.





2 comentarios:

  1. Es o bardo camariñán por antonomasia.Algún dia terán que darche os honores que mereces.Grazas a ti o taboleiro ten vida de seu.A ver se mañán argallo algo en prosa.Xa sabes que a min a poética gustame leela pero nunca compuxen nada.As musas despois de Belvís soamente visitaban a Rial Varela e o finado de Mosquera Villar.Tamén algo a Eduardo Seco que versifica tamén moi ben.Un saúdo Antonio.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, compañeiro e amigo...mais, non merezo tanto honor. Se, acaso, ó de ser tan pesado coas miñas achegas, jajaja.
    Unha aperta
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar