A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
domingo, 16 de mayo de 2010
Cabodano de Severino Calvo Barros (Andres GV)
Acabo de ver en La Voz a esquela comunicando o cabodano de Severino. O funeral de aniversario será o próximo sábado, día 22, á unha do mediodía, na igrexa parroquial de San Pedro de Mezonzo, na Coruña. Aproveito este aviso para inserir unha fotografía de Severino no encontro de setembro de 2007, en Belvís, conmemorando o cincuentenario do ingreso. Está, xunto con José Sanlés, falando con D. Manuel Calvo Tojo. Ao lermos este comunicado e ver a fotografía, fagamos un silencio íntimo e sintámonos unidos na mesma fe e na mesma esperanza. A fe no Deus creador, a esperanza en Cristo resucitado. Pasade aviso a todos os compañeiros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario