A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
martes, 25 de mayo de 2010
AS MIÑAS POESIAS
Eu tamén quero darlle a benvida a CHUCHO ( inda que non me fago coa sua cara).BENVIDO, compañeiro, e non te preocupes polo que poidas escribir.Eu tampouco son ningún fenómeno por moito que tí nos poñas nó teu púlpito.Dende xa teño un novo "rival " ideolóxico.E, dende xa, von a ser apaleado por todos vos.A ver se alguen que este ná sombra me vota unha man
Veña, vai esta poesía tan so para os que esten dispostos a axudarme:
A MIÑA NAI FOI PALILLEIRA
A miña nai foi palilleira,
Foi desas que estaban nas portas
Coa almofada por compañeira.
Desas que adormentaban aos nenos
Sen querer pechar a fiestra,
Desas, a miña nai foi palilleira
Tecendo mantelerías,
Fachenda da nosa terra,
Desas, a miña nai foi palillera.
Dende sempre levou á almofada
e, dende sempre, peneirou en ela,
Como sempre ó fixeron
As palilleiras da miña terra.
Antonio Puertas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario