Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 9 de mayo de 2010

CONFIDENCIA

<< Tener la bendita fortuna de poder aliviar sufrimiento a la gente y curarla, devolver algo de lo que te da la vida a quienes no pueden elegir es no solo digno, sino necesario>>. Esta frase corresponde ó doutor Pedro Cavadas, famoso cirurxán valenciano que hoxe nos achega a Voz de Galicia nunha reportaxe fotográfica publicada no suplemento semanal. O citado doutor viaxa cada tres meses a un país africano para operar gratis a quén o precise. Alí nun quirófano sen auga corrente e incluso sen luz eléctrica "cose, amputa e devolve a ilusión pola vida". Esta viaxe humanitaria suponlle coller dous avións e logo conducir polo deserto dous días coas súas noites. En cada viaxe opera a unhas 40 persoas, nenos e maiores, que acoden a él despois de percorrer longas distancias a pé e logo facer cola durante algúns días. Non cobra nada polo seu traballo pero séntese pagado pola gratitude que reflexan os rostros dos pacientes. "La gente de aquí es dura como piedras, convive con sequías, hambre y penurias, casi no se queja y los niños no lloran".  Que esta testemuña saia nun medio de comunicación paréceme unha ventisca de aire fresco para unha sociedade instalada no consumismo e o ben estar, acostumada a mirarse o embigo e a aflixirse porque a crise económica vaille a supor o renunciar a algúns luxos en moitos casos. A mín persoalmente faime máis bén esta testemuña que oito días de exercicios espirituais engaiolado nun mosteiro, durmindo con cilicio nunha cela chea de friaxe e coa compaña dunha palmatoria. É ben certo que o noso Deus se fai presente no mundo como quere e valéndose de quén quere. Posiblemente moitos excépticos non crean en semellante altruismo do mencionado doutor e pensen que algunha rendabilidade tirará do seu proceder. A mín abóndame coa súa acción e non me cabe ningunha dúbida de que Deus está con él e se serve del para achegar o seu amor ós pobres.
Se me permitides unha confidencia, a frase entrecomiñas que abre esta parrafada miña faime cavilar que debo aplicarma a mín mesmo:  xa vai para seis anos que me descobriron o cancro (palabra tremebunda), e, a Deus gracias, sigo a disfrutar dunha prórroga polo de agora indefinida, cando a miña nai apenas sobrevivíu dous anos e, máis recentemente, un compañeiro sacerdote acaba de irse para o outro mundo con só tres anos de prórroga disfrutada. Teño claro que tamén no meu caso é unha obriga de xustiza devolver algo do recibido en favor dos que recibiron moito menos ca mín. Non viaxarei ó terceiro mundo pero non me vai faltar a oportunidade de poñelo en práctica neste primero mundo entre os meu fregueses. Este pensamento xa me roldaba na cabeza pero hoxe, gracias ó doutor valenciano, transformóuseme nunha lámpada que oxalá non se me apague.
Nas páxinas 12 e 13 da Voz de galicia de hoxe tamén nos achegan a testemuña de algúns galegos entrados en anos que emprenden viaxe ao terceiro mundo para traballar como voluntarios ben sexa cos misioneiros ou con ONGS. Unha señora de 64 anos refire "ir a África non é un sacrificio, ¡é tanta a felicidade que me reporta!. Esta señora pasa tres meses cada ano nunha misión en Camerún.
Queridos amigos, podedes pensar que son un sentimental pero persoalmente éncheme de ledicia que estes casos de persoas exemplares se publiquen na prensa, tendo en conta que esto non vende tanto como os casos da pederastia ou outras miserias igualmente impactantes. Xa iba sendo hora de que as obras de tanta xente de bén saian tamén algunha vez á luz pública pois é ben certo que fai máis ruido unha árbore que cai ca unha plantación que medra no silencio.
En fin, hoxe recréome nestes pensamentos que quixen compartir convosco. Unha aperta. Fernando L.

No hay comentarios:

Publicar un comentario