Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 27 de diciembre de 2009

Adeus a un mestre

Para non perder os hábitos das tardes dominicais que é cando atendo estas comunicacións con vellos compañeiros,de modo ordinario, farei hoxe un pequeno comentario. (Sempre lle digo aos meus alumnos que agora nos D.N.I. por razóns xurídico-constitucionais, non aparece a profesión do titular. Antes lembrades que si aparecía. O que caracteriza a un profesional é a chamada “Lex artis” Un conxunto de saberes,habilidades e de hábitos propios da profesión. Estudante é aquel que ten hábitos de traballo, de lectura, de tomar notas,consultas e curiosidade que é a fonte do coñecemento. Pero os hábitos de traballo son o mais importante. Acompáñannos sempre. Por iso eu non quero perdelos. O mestre ten que predicar co exemplo. Non si?)

Seguindo o dito popular:”é de ben nacidos ser agradecidos”,quero render unha humilde homenaxe a un dominico que finou o Mércores con 93 anos: Edward Schillebeeck. Para os que estudamos Teoloxía era un teólogo tan citado por todos os profesores que nos deron clase que era como da familia. Foi un dos inspiradores do Catecismo holandés. Aquel libriño aprobado polo episcopado holandés e que lle confería autoridade. Axudounos, noutrora, a serenar a moita xente coa teoría da autonomía da conciencia. Permitía en certas situacións conflitivas nas que había que atender a distintos fins ou valores ,sacrificar algún cando non había mais remedio que optar. O criterio nese caso era a propia conciencia.

Moi pronto caeu en desgracia para a curia vaticana e pasoulle igual que a Rahner, Congar, Háring ,Küng e moitos mais da Teoloxía da Liberación que xa tantas veces temos comentado.

Que lle sirva de recoñecemento dun de tantos alumnos aos que axudou co seu pensamento a vivir,convivir e deixar vivir. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario