Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 11 de diciembre de 2009

OS MEUS CONTOS

PORCALLADAS.

¡¡¡At…at…at…chisssss!!!...¡.”Agarráchela boa, compañeiro…!”.-Cala que, ultimamente, non sei que me pasa porque, ata á fariña de millo dáme náuseas e, á pía, non para de darme voltas...”.-A ver se tes esa gripe ditosa da que tanto falan…”A culpa levámola nos, pero son eles os causantes de tódolos males que ten este cochiño mundo.”Tes razón, amigo…Foron eles quen nos contaxiaron…”

¿“Non escoitaches o que lle pasou á amigo dos nosos veciños …?...” .-Non….-”Pos que, á conta dos xamóns duns paisanos nosos, marchou de vacacións á Cancum e, unha mulata, remexéndose na area, meteulle no corpo un bicho, que o bautizaron co noso nome….-” ¡ Que se “joda”…! .- A min o que mais me cabrea de todo é que son uns falsos. Cando pensas que estanche á facer un favor dándoche pa comer, enchéndoche coma á porcos e, logo, pensas que vas d´excusión as Rias Baixas nun coche de luxo, con portelas e todo…e, de súpeto, apareces no matadoiro…”. ¡ Cala, cala, que non teñen nome…! “ Tanto presumir, tanto presumir…,e sonche igualiños á nós ( fora alma)”.- Son peores porque, á o menos nos, mantémonos e vivimos ben ata o día do…¡”nin se che ocorra nomealo, que me tombas…!…. “Eles, amólanse, porque padecen nesta vida e mais na outra…,no inferno” .

Cambiando de conversa… ¡ Que tempos aqueles nos que, inda recordo, cando pasábanche á man polo lombo e, chamábanche polo teu nome:”bacoriño…bacoriño…”…e dábanche verzas, …fariña de millo,….e tiñamos todo tipo de comodidades no cortello da súa casa…¡ Hai, …que costumes…! e. agora, todo o penso é merda…”¡ Merda pa eles!...,amoreados en granxas coma se foramos conexos….”
¡¡¡At... at…chíssss….!!!-”¡…Disimula, disimula…”,!...mira quen está aí…”. ¡ “Me cago nos meus pernís “ …O VETERINARIO…”! !Non ven por cousa boa…!”.-¡ Seguro! ,” É por iso da nova peste…”.-”Pos, sabes o que che digo: que, postos á sufrir,…é mellor que nos poñan dunha cochiña vez unha inxección e non que che despecen o día de San Martiño. Así acabamos e, ao menos, amolámolos que no nos comen…”

Antonio Puertas

No hay comentarios:

Publicar un comentario