Aproveitando que a Consellería ,de modo imprevisto, nos agasallou cun día de vacación, co que non se contaba, non me resisto a deixar de comentar unha das noticias que aparece en todos os periódicos, radios e televisións: Oito de cada dez curas de Guipúzcoa firman un manifesto contra o bispo Munilla, nomeado para esa diocese, e que tomará posesión en Xaneiro do ano que ven.
Nada novo que xa non saibades se pode dicir del. Se leedes “redes cristianas , “atrio” ou outros moitos sitios na rede aparece o comunicado integro e mais os datos relevantes da personalidade deste bispo dos mais novos.
Cada un formarase a súa opinión. A min o que me produce un choque emocional e intentar poñerme,para comprendelo,na pel de cadanseu crego que firma un comunicado tan duro contra quen vai ser o seu pastor. Ademais polas estatísticas que acaba de dar a Conferencia Episcopal non son uns adolescentes .Están na madureza da vida
O sufrimento i esgazadura interior ten que ser moi grande. Non penso que a explicación fácil , cómoda e simple poida ser que todos os asinantes son nacionalistas,separatistas, progresistas ou curas roxos. Como un non se pode quedar con pensamentos aniquiladores e frustrantes, ao intentar ser positivo, paréceme que ao mellor está ben que a xerarquía camiñe rapidamente, cara unha maridaxe coas centrais do pensamento integrista mundiais,para que o contraste sexa tan evidente que os que claman por outro concilio o consigan e pase outro fenómeno igual ao do papa Xoán XXIII. Amen que quere dicir que así sexa. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario